Socioloxía do Consumo: Teorías de Halbwachs e a Clase Obreira

Presentación da Universidade de Vigo sobre Socioloxía do Consumo. O Pdf explora as achegas de Maurice Halbwachs ao estudo do consumo da clase obreira, a evolución das necesidades e o impacto da conxuntura económica. Este material de Economía para Universidade, producido en 1933, ofrece unha análise detallada e esquemática.

See more

15 Pages

Tema 1: Introdución á Socioloxía do Consumo
1.3.2. Aportacións de Maurice Halbwachs:
o consumo da clase obreira.
Profesores:
Xosé Elías Trabada Crende. Teoría 1º A.
Javier de Rivera Outomuro. Teoría 1º B.
SOCIOLOXÍA DO CONSUMO
Curso do Grao de Comercio, Curso 2024-2025
Facultade de Comercio da Universidade de Vigo
SOCIOLOXÍA DO CONSUMO
1.3.2. Aportacións de Maurice Halbwachs (1887-1945): o consumo da clase obreira
Maurice
Halbwachs
Sociólogo francés da escola durkheimiana, profesor na
Universidade de Estrasburgo e presidente do Instituto
Francés de Socioloxía. Foi detido pola Gestapo en 1944 e
faleceu en marzo de 1945 no campo de concentración de
Buchenwald.
Interesouse polo estudo do consumo da clase obreira
francesa e doutros países, utilizando o método
cuantitativo. Halbwachs non buscou regularidades
estatísticas no consumo da clase obreira, senón que se
interesou na heteroxeneidade das prácticas sociais de
consumo entre os diferentes grupos da clase obreira
segundo tivesen condicións de vida distintas.
Era un socialista reformista: na súa obra sociolóxica hai un
interese polo cambio reformista, de coñecer a realidade
social para introducir cambios político-sociais que
mellorasen as condicións de traballo e vida da clase
traballadora.

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

1º Curso do Grao de Comercio, Curso 2024-2025 Facultade de Comercio da Universidade de Vigo Tema 1: Introdución a Socioloxía do Consumo

Aportacións de Maurice Halbwachs: o consumo da clase obreira

Profesores: Xosé Elías Trabada Crende. Teoría 1º A. Javier de Rivera Outomuro. Teoría 1º B.SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Aportacións de Maurice Halbwachs (1887-1945): o consumo da clase obreira

Maurice Halbwachs Sociólogo francés da escola durkheimiana, profesor na Universidade de Estrasburgo e presidente do Instituto Francés de Socioloxía. Foi detido pola Gestapo en 1944 e faleceu en marzo de 1945 no campo de concentración de Buchenwald.

Interesouse polo estudo do consumo da clase obreira francesa e doutros países, utilizando o método cuantitativo. Halbwachs non buscou regularidades estatísticas no consumo da clase obreira, senón que se interesou na heteroxeneidade das prácticas sociais de consumo entre os diferentes grupos da clase obreira segundo tivesen condicións de vida distintas.

Era un socialista reformista: na sua obra sociolóxica hai un interese polo cambio reformista, de coñecer a realidade social para introducir cambios político-sociais que mellorasen as condicións de traballo e vida da clase traballadora.SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Tese doutoral: A clase obreira e os niveis de vida

"A clase obreira e os niveis de vida: investigación sobre a xerarquía de necesidades nas sociedades industriais contemporáneas" (1913).

Halbwachs se interesou na heteroxeneidade das prácticas sociais de consumo entre os diferentes grupos da clase obreira segundo tivesen condicións de vida distintas.

O consumo é unha práctica social predeterminada pola clase social e convertese no factor principal da xerarquización na sociedade do capitalismo industrial.

Analiza os gastos das familias obreiras, mediante agrupacións estatísticas do consumo segundo tipo de uso-necesidade (alimentación, vestido, aloxamento, outras necesidades)SOCIOLOXÍA DO CONSUMO E IDENTIDADES CULTURAIS

Crítica á teoría da utilidade marxinal

Tese doutoral "A clase obreira e os niveis de vida: investigación sobre a xerarquía de necesidades nas sociedades industriais contemporáneas" (1913).

Critica a teoría da 'utilidade marxinal' que habían elaborado os economistas neoclásicos:

"En realidade, esta teoría repousa sobre unha gran confusión. Pensase que as necesidades son, en si mesmas cantidades, facendo abstracción de toda as relacións sociais entre os homes ... " (Halbwachs, 2011)

Analiza as necesidades baixo a óptica do significado social que se asocia ao acto de consumir: as necesidades derivanse de aspiracións sociais propias de cada clase social.

As diferentes necesidades, en función da posición na división social do traballo e na estrutura social correspondente, non están satisfeitas de maneira idéntica, nin xerarquizadas de forma similar dunha clase social a outra.SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Necesidades e formas de consumo

Tese doutoral "A clase obreira e os niveis de vida: investigación sobre a xerarquía de necesidades nas sociedades industriais contemporáneas" (1913).

Máis que a importancia da renda económica da que disponen os membros dunha familia, as necesidades distinguense unhas doutras pola maneira segundo a cal xestionan os seus orzamentos.

O que lle importa é, ante todo, identificar as preferencias expresadas, a través das eleccións de consumo e os significados sociais que lles asocian.

A teorización de Halbwachs sobre o consumo diferencia entre 'necesidades' e 'formas de consumo'.

Para Halbwachs hai que considerar todos os tipos de necesidades da clase obreira e a relación que se establece entre elas, que pode ser de competencia e conflito dunhas con outras necesidades ...

Así, observa que ademais da necesidade de alimentarse existen outras necesidades accesorias como o desexo de ter unha boa vaixela, mantel, xogo de cubertos e demais accesorios da mesa que están indubidablemente asociados á clase social de pertenza.

COOPERATIVE LA SOLIDARITÉ SOTTEVILLAISE CONSOMMATION YEINTEHERANICSOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Ritmo dos gastos e forma das necesidades

Tese doutoral "A clase obreira e os niveis de vida: investigación sobre a xerarquía de necesidades nas sociedades industriais contemporáneas" (1913).

O consumo dun fogar non só está determinado polo número de persoas que o compoñen e os seus gastos básicos, tamén por outros gastos cuxa razón de ser é agradar aos demais, ou manifestar unha certa idea de riqueza ou status.

Halbwachs tamén diferenciou o ritmo dos gastos que denominou a "forma das necesidades".

"Desde este punto de vista, recoñecense tres ritmos de gasto mais ou menos regulares: as compras de alimentación son mais frecuentes e menos importantes que as de vestido, e ambas presentan gastos menos raros e máis moderados que o acondicionamento das casas. En canto a 'outros gastos' o seu ritmo é menos regular ... " (Halbwachs, 2011)SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Necesidades de contido orgánico e costumes sociais

Tese doutoral "A clase obreira e os niveis de vida: investigación sobre a xerarquía de necesidades nas sociedades industriais contemporáneas" (1913).

As necesidades de 'contido orgánico' (alimentación, vestido) modifícanse polos costumes e os hábitos dos grupos sociais, e en maior medida ao ascender na xerarquía social.

A medida que se pasa a grupos máis cultivados, diminue a parte de apetitos e alegrías 'naturais' e mestúranse coas tendencias e satisfaccións apreciadas por eses grupos mediatizadas pola cultura. Considera que esta acción e sobre todo positiva.

A conclusión da súa análise sociolóxica é que a natureza e o número das necesidades determinanse pola sociedade e, máis en concreto, pola clase social de pertencía, e que non existen diferenzas significativas sobre a repartición dos gastos nas familias obreiras urbanas en función dos tipos de oficios ou do lugar de residencia.SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Consumo, renda e hábitos de vida

Tese doutoral "A clase obreira e os niveis de vida: investigación sobre a xerarquía de necesidades nas sociedades industriais contemporáneas" (1913).

Para Halbwachs, en vez de depender mecanicamente do nivel de renda e dos prezos dos bens e servizos que se venden no mercado, o consumo depende de factores sociais (clase social e socialización).

As excepcións e irregularidades que impiden tomar en consideración leis clásicas como as de Engel (tendencia a diminuir a importancia do gasto en alimentación sobre o total, así que aumenta o nivel adquisitivo), Halbwachs explicaas polo paso dunha familia obreira a outra categoría de ingresos mais elevada, pois nese novo status proseguen cos seus antigos hábitos de vida e consumo, polo menos durante unha fase de transición: "os obreiros átanse aos seus hábitos de vida. Eles rexeitan deixar diminuir o seu nivel de vida" (Halbwachs, 2011).

Para ilustrar o seu propósito sobre o gasto vinculado á vivenda, Halbwachs compara os fogares burgueses e obreiros. Para os obreiros, a comida e todo o que se refire a ela reviste unha gran importancia.

A comida obreira non serve unicamente para recobrar forzas e alimentarse. Realizada en familia, serve para reconstituir unha forma de vida social da que o traballador está privado durante o seu tempo de traballo illado na fábrica.SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Gasto e influencia do grupo social

Tese doutoral "A clase obreira e os niveis de vida: investigación sobre a xerarquía de necesidades nas sociedades industriais contemporáneas" (1913).

A clase obreira, participa mais intensamente que os membros das demais clases na vida urbana do barrio. Iso explica que privilexien o gasto vinculado ao vestido e ao lecer en detrimento da vivenda.

" ... en lugar de buscar un aloxamento mellor, de mellorar o seu interior, o seu mobiliario, etc., consagran o excedente de diñeiro do que dispoñen aos gastos que se realizan fóra da familia, na sociedade en sentido amplo, e que sacrifican o aloxamento aos vestidos, ás distraccións, a todo o que lles pon máis en contacto cos grupos da rúa ou da súa clase." (Halbwachs, 2011)

O consumo, ese acto que parece formar parte de preferencias individuais e que parece proceder dunha racionalidade económica autónoma, pola contra está sometido á influencia do grupo - clase de pertenza e a poderosos determinantes sociais, como son os valores e hábitos da clase social.SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

A evolución das necesidades das clases traballadoras (1933)

"A evolución das necesidades das clases traballadoras" (1933)

Un estudo con abundante información estatística de Estados Unidos, Canadá, Francia e Arxentina, así como as primeiras enquisas da Organización Internacional do Traballo.

Reparto dos gastos en Estados Unidos

19021918-191918-19 (Detroit)1930 (Detroit)
11.156 hog12.096 hog288 hog100 hog
4 pers/hog4,9 per/hog4,8 per/hog4,5 per/hog
Alimentación43,1%38,2%35,2%32,2%
Vestido13%16,6%16,6%12,2%
Aloxamento18,1%13,4%17,5%22,6%
Calefacción/luz5,7%5,3%6,3%6%
Mobiliario/utensilios20,1%5,1%5,9%5,2%
Gastos diversos21,4%18,3%21,7%
Total100%100%100%100%

SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Estudos de fogares e o ciclo de vida do consumidor

"A evolución das necesidades das clases traballadoras" (1933)

Son estudos de fogares, non do consumo de individuos. O tamaño da familia figura entre os novos elementos da análise. Inspirándose en observacións realizadas por outros autores, Halbwachs pode enunciar a teoria do «ciclo de vida do consumidor».

"Cando se pasa, nun mesmo grupo, dos fogares mais novos ( ... ) a outros que xa non o son, e coma se analizasemos un mesmo fogar en momentos sucesivos. Non en balde, semellante presunción non está sempre fundada, cando o número dos seus fillos aumenta: é unicamente seguindoos ao longo da sua vida que podería saberse o que acontece. É lamentable, en todo caso, que non se elaborasen os datos desde ese punto de vista, e clasificado por exemplo o gasto en función da idade do xefe de familia" (Halbwachs, 1933).

En Estados Unidos, onde os salarios reais progresaron fortemente entre 1895 e 1930, aparece que uns bruscos incrementos das rendas acompañaronse de cambios na repartición do gasto. Estes permiten unha investigación empírica das «leis de Engel».SOCIOLOXÍA DO CONSUMO

Efectos da conxuntura económica no gasto

"A evolución das necesidades das clases traballadoras" (1933)

" ... ademais de diversificarse, a parte do gasto alimenticio dos fogares norteamericanos ten tendencia a diminuir, mentres que o gasto dedicado aos ámbitos restantes incrementouse considerablemente. As necesidades revisten un carácter cada vez mais artificial." (Halbwachs, 1933).

Estudou os efectos da conxuntura económica sobre o gasto: en período de expansión, as necesidades dos fogares adaptanse ás circunstancias. En caso de crise e depresión, aparece que case todos os apartados de consumo reducense, pero o gasto alimenticio resiste máis.

Os fogares obreiros non reaccionan da mesma forma que os demais ante as variacións dos prezos segundo o feito de que se trate de novos obxectos ou de obxectos familiares, de bens de luxo ou de produtos ordinarios.

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.