As plantas: reprodución sexual e as partes da flor

Presentación sobre as plantas, a súa reprodución sexual e as partes da flor. O Pdf, dirixido a estudantes de ESO en Ciencias, explora a reprodución sexual das plantas, os gametos, a polinización e as estruturas florais, incluíndo unha sección sobre o azafrán.

See more

29 Pages

2. As plantas
1
O ouro vermello
Na cociña de países como a India,
Marrocos, Irán, España ou
Turquía hai infinidade de pratos
que teñen esa cor amarela tan
característica: arroces, patacas,
mariscos, sopas... Estas receitas
están condimentadas cunha
especia que se vende en po ou en febras e que ten unha cor vermella moi intensa: o
azafrán.
Este aderezo úsase desde hai uns 3.500 anos. Os gregos e os exipcios xa o
empregaban para cociñar, tratar enfermidades ou para levar a cabo cerimonias
relixiosas.
Na actualidade é coñecido como o ouro vermello porque é un dos materiais máis
caros do mundo. De feito, un quilo de azafrán custa en España uns 1.500 euros.
2

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

As plantas

O ouro vermello

Na cociña de países como a India, Marrocos, Irán, España ou Turquía hai infinidade de pratos que teñen esa cor amarela tan característica: arroces, patacas, mariscos, sopas ... Estas receitas están condimentadas cunha especia que se vende en po ou en febras e que ten unha cor vermella moi intensa: o azafrán.

Este aderezo úsase desde hai uns 3.500 anos. Os gregos e os exipcios xa o empregaban para cociñar, tratar enfermidades ou para levar a cabo cerimonias relixiosas.

Na actualidade é coñecido como o ouro vermello porque é un dos materiais máis caros do mundo. De feito, un quilo de azafrán custa en España uns 1.500 euros.

Características das plantas

Se miras pola fiestra da túa aula ou saes á rúa verás centos de plantas: un arbusto, unha árbore, fentos, musgo ... Todos eles son diferentes tipos de plantas e cobren as súas necesidades vitais grazas a funcións específicas de cada unha das súas partes.

As principais partes das plantas

Raíz É a parte que está baixo terra. As súas funcións son:

  • Ancorar a planta ao solo.
  • Obter auga e sales minerais (zume bruto).

Talo É a parte que permite que a planta se sosteña de pé. A súa función principal é o transporte:

  • Do zume bruto (auga e sales minerais) das raíces ás follas.
  • Do zume elaborado (con

nutrientes) das follas a todo o resto da planta. Pode ter múltiples cores e grosores e ser visible ou estar baixo terra. Un tronco é un talo, pero tamén o son os bulbos ou os tubérculos.

3 2 1 Raíz (1); talo (2); follas (3).

Follas Son os principais órganos encargados de realizar a fotosíntese.

A fotosíntese é un conxunto de reaccións químicas no que a planta fai reaccionar o dióxido de carbono captado polas polas follas e a auga tomada pola raíz para transformalos en osíxeno e nutrientes. Para que a fotosíntese ocorra a planta precisa enerxía que obtén da luz do Sol.

Os nutrientes son empregados polas plantas para obter a materia e enerxía que precisan mentres que o osíxeno é liberado á atmosfera.

A parte superior da folla chámase face e a inferior envés. É nesta última onde se atopan os estomas, uns poros que permiten que se produza o intercambio de gases entre a planta e o aire.

Dióxido de carbono + auga Enerxía do sol osíxeno + materia orgánica

Enerxía solar Dióxido de carbono Osíxeno Materia orgánica Auga Esquema da fotosíntese.

Observando esta reacción podemos concluír que a fotosíntese é unha reacción de notable importancia para a vida, por tres motivos principais:

  • É un proceso que permite a obtención de materia orgánica. As propias plantas úsana como fonte de materia e enerxía para realizaren as súas funcións vitais. Ademais, como as plantas pertencen ao elo dos produtores, serven de alimento a outros elos. Así, a materia orgánica que fabricaron pasará ao resto dos elos mediante as relacións de alimentación.

Por tanto, a subministración de materia e enerxía dos ecosistemas da Terra dependen directamente deste proceso.

  • Provoca a liberación de osíxeno á atmosfera que outros seres vivos, coma nós, empregamos para respirar.
  • Captura dióxido de carbono da atmosfera, un gas implicado no efecto invernadoiro.

Para que esta reacción sexa posible, as plantas captan a enerxía do Sol mediante a clorofila, unha substancia que lle dá esa cor verde tan características ás plantas.

luz solar 3 2 dióxido de carbono zume elaborado osíxeno 4 zume bruto 1 1 auga sales minerais 1. Obtención de zume bruto; 2. Absorción de dióxido de carbono; 3. Síntese do zume elaborado mediante a fotosíntese; 4. Distribución do zume elaborado.

Vasos condutores

Son os tubos que percorren o interior da planta polas follas, talo e raíces. Hai dous tipos de condutos:

  • Vasos leñosos: que conectan as raíces coas follas transportando o zume bruto.
  • Vasos liberianos: que unen as follas coas outras partes da planta transportando o zume elaborado.

Sabías que...?

A pataca, a cenoria, o ravo, a remolacha ... son produtos que utilizamos na nosa alimentación. Algúns poden cocerse e outros tómanse crus, en ensaladas, cun pouquiño de aceite ... Na natureza todos eles medran baixo terra: son as raíces das plantas das que proveñen. A que nunca pensaches que unha raíz puidera estar tan rica?

Tipos de plantas

Algunhas plantas, ademais de raíz, talo e follas, tamén teñen froitos, sementes e flores. Isto fai que poidamos clasificalas en dous grandes grupos: plantas con flores e plantas sen flores.

1 2 3 4 Anxiospermas: laranxeira (1); ximnospermas: piñeiro (2); fento (3); carriza (4).

Plantas con flores

As papoulas, as margaridas ou o xasmín son plantas con flor, pero os castiñeiros ou os piñeiros, que son árbores, tamén teñen flores aínda que estas non sexan tan vistosas. Todos eles reprodúcense mediante as sementes. Segundo onde se atope a semente, clasificamos as plantas en dous tipos:

  • Anxiospermas: son as plantas que teñen froito e as sementes están dentro del. Exemplos: magnolia, roseira, aciñeira, olmo, carballo, xirasol, nogueira ...
  • Ximnospermas: estas plantas non teñen froito polo que as sementes non están recubertas. Exemplos: piñeiro, ciprés, teixo, alerce, cedro ...

Plantas sen flores

Estas plantas reprodúcense principalmente mediante esporas, xa que non teñen sementes. Neste grupo atopamos dous grandes tipos:

  • Musgo ou carriza: non ten vasos condutores e polo tanto non posúe verdadeiras raíces nin follas. Isto fai que precisen vivir en ambientes moi húmidos. Un exemplo de musgo é a coñecida co nome de la do pobre.
  • Fento: ten vasos condutores e por iso posúe raíces e follas. O fento aguia ou a cola de cabalo son exemplos de fentos.

O fento real (Osmunda regalis) é un exemplo de fento.

Sabías que...?

Créditos: Wikipedia Blanca Catalán de Ocón (1860-1904) Blanca medrou na Serra de Albarracín, Teruel, rodeada por maxestuosas paisaxes tapizadas por numerosas plantas. Alí Blanca puido desenvolver dende moi nova a súa paixón por elas. Recolectou plantas da zona, debuxounas con detalle, clasificounas ... Foi elaborando un pequeño herbario que contribuiu a coñecer mellor a flora ibérica. Co tempo chegou a descubri unha nova especie, nomeada como Saxifraga blanca na súa honra.

Nutrición das plantas

Como sabemos, a nutrición dos seres vivos consta de dúas etapas: a alimentación e a obtención de enerxía.

Alimentación das plantas

Unha das características que fai que as plantas sexan únicas é que son capaces de fabricar o seu propio alimento. A diferenza de nós, non necesitan alimentarse doutros seres vivos. A alimentación das plantas ten catro fases.

3 2 luz solar dióxido de carbono osíxeno zume elaborado 4 zume bruto 1 1 auga sales minerais

1. Creación de zume bruto; 2. Absorción de dióxido de carbono; 3. Creación do zume elaborado mediante a fotosíntese; 4. Distribución do zume elaborado.

Estas son as fases do proceso de alimentación:

  1. Absorción de auga e sales minerais mediante as raíces. A combinación destes compoñentes chámase zume bruto. Este líquido sobe cara ás follas por medio dos vasos leñosos.
  2. Absorción de dióxido de carbono do aire a través dos estomas que se atopan nas follas.
  3. Realización da fotosíntese. A fotosíntese ten lugar nas follas grazas a unha substancia de cor verde chamada clorofila. Mediante a clorofila, as plantas captan a luz solar que lles permite combinar o dióxido de carbono co zume bruto (a mestura da auga e dos sales minerais) para formar o zume elaborado, o alimento da planta. Durante este proceso despréndese osíxeno.
  4. O zume elaborado, producido nas follas, viaxa por toda a planta a través dos vasos liberianos, para levar ata as células da planta os nutrientes que precisan.

Sabías que...?

Algunhas especies de plantas, como a venus atrapamoscas (Dionaea muscipula), inclúen na súa dieta certas especies de insectos. Estas plantas atraen os insectos cun néctar oloroso e, cando os "capturan", producen uns xugos dixestivos para dixerilos. Estas plantas complementan así a pobreza do chan onde habitan cos nutrientes procedentes dos insectos que atrapan.

Obtención de enerxía

Como todos os seres vivos, as plantas tamén necesitan enerxía para poder vivir. Obtéñena por medio da respiración. Pero, que ocorre durante a respiración? As plantas toman osíxeno do aire e mestúrano cos nutrientes para producir a enerxía. Durante este proceso despréndese dióxido de carbono.

A reprodución sexual: plantas con flores

As plantas son seres vivos e como tales nacen, medran, reprodúcense e morren. Agora que xa sabes como se nutren as plantas, vexamos as características da súa reprodución, dos mecanismos que utilizan para xerar descendentes.

As plantas reproducense de dúas formas: sexual e asexualmente.

Partes da flor

Na maioría das plantas, a reprodución sexual ten lugar nas flores. Ou sexa, as flores son os órganos reprodutores que teñen os gametos masculinos e femininos.

  • Os gametos femininos ou óvulos son producidos no pistilo. O pistilo está formado polos óvulos, o ovario, o estilo e o estigma. Este último é a parte superior do pistilo e o que recibe o pole.
  • Os gametos masculinos ou pole son producidos nosestames.

As flores que producen óvulos e pole son coñecidas co nome de flores hermafroditas. Ademais, as flores están formadas polo cáliz e a corola.

  • A corola é o conxunto de follas de cores (pétalos) que atraen aos insectos e que protexen os órganos encargados da reprodución.
  • O cáliz é o conxunto de follas verdes (sepalos). Tamén ten unha función protectora.

estigma estames corola pétalo pistilo óvulos sépalo cáliz Partes dunha flor (completa). As flores que carecen dalgunha destas partes chámanse incompletas.

Un reto antes de seguir

O azafrán é unha parte da flor dunha especie chamada Crocus sativus. A flor é lila pero as febras do azafrán son vermellas. Pero, de que parte da flor se trata concretamente? Son os estigmas do pistilo. Xa sabemos parte do segredo! Imaxina agora a cantidade de flores que se necesitarán para facer un quilo de azafrán ... Aproximadamente, precísanse 85.000 plantas! Esta é unha das razóns polas que é tan caro. Pero hai máis ...

Proceso de reprodución sexual

Polinización

Como viches, para que se inicie a reprodución, ten que producirse a unión entre o gameto feminino (óvulo) e o masculino (pole).

Nos casos nos que as flores son hermafroditas, o pole e os óvulos prodúcense na mesma flor, pero non necesariamente ao mesmo tempo.

Hai plantas que teñen flores masculinas e flores femininas separada. É o caso do carballo, por exemplo, que necesita que o

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.