Presentación sobre Nutrímonos: Corpo Humano, Dixestión e Malattie do Aparello Dixestivo. O Pdf, dirixido a estudantes de ESO en Ciencias, explora a estrutura celular, o proceso dixestivo e as principais enfermidades dixestivas, incluíndo a microbiota.
See more37 Pages


Unlock the full PDF for free
Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.
O corpo humano é un marabilloso e complexo crebacabezas. Porén, a diferenza dos crebacabezas de verdade, cada unha das súas pezas está viva.
Está formado por moitas, moitísimas pezas, as células. Son billóns. Estas diminutas unidades de vida organízanse, coordínanse e traballan unindo forzas. Con elas constrúense os nosos tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e, en definitiva, o noso corpo.
Nesta unidade propoñémosche un reto: analizar a actividade dunha das nosas células. Fixarémonos nunha delas, unha calquera, por exemplo, unha das moitas neuronas que forman o sistema nervioso.
A nosa neurona forma parte dun nervio e é especialista en recibir e transmitir - 2 -información a outras neuronas.
Como xa sabes, as células animais non son capaces de fabricar o seu propio alimento, así que para mantérense con vida deben obter os nutrientes da súa contorna. Úsanos para obteren a materia e a enerxía que lles fan falta para realizar as funcións vitais.
Como fará a neurona? Como chegarán os nutrientes ata ela?
O ser humano é un ser vivo e, polo tanto, realiza as tres funcións vitais:
.
.
O ser humano é un ser vivo pluricelular. Está formado por células que se organizan en tecidos. Os tecidos forman órganos e estes, á súa vez, aparatos e sistemas.
Os aparatos e sistemas realizan diferentes funcións de modo coordinado para que o corpo funcione e se manteña san.
Mediante a función de nutrición o organismo:
Ao realizar a función de nutrición producense substancias de refugallo que son - 4 -expulsadas.
Para realizar a función de nutrición é necesaria a implicación de varios aparatos que realizan diferentes procesos:
.
.
.
No seguinte esquema vemos como se coordinan para realizar a función de nutrición.
Auga e alimentos Aparato dixestivo > Feces nutrientes Aparato circulatorio Substancias de refugallo Osíxeno Dióxido de carbono Aparato urinario e outros órganos excretores >Ouriños, suor ... Aire aspirado Aparato respiratorio Aire expulsado
K No ano 2050 haberá unha poboación de 9.000 millóns de persoas en todo o mundo. Para alimentar esta poboación será preciso duplicar a produción agrícola. Que consecuencias pode ter isto?
Os animais non podemos realizar a fotosíntese para elaborarmos o noso alimento senón que nos alimentamos de plantas ou doutros animais. Somos, por tanto, seres vivos heterótrofos.
Os alimentos están formados por substancias moi complexas que as nosas células non son quen de empregar directamente. É necesario transformalas noutras máis sinxelas, os nutrientes.
A dixestión é o proceso polo que os alimentos e as bebidas que tomamos se descompoñen en nutrientes que o corpo pode usar para obter materia e enerxía. O encargado de realizar esta tarefa é o aparato dixestivo.
Recordemos que tipo de nutrientes existen e como os obtemos.
O aparato dixestivo está formado por:
Boca Glándulas salivares Esófago Fígado Estómago Páncreas Intestino groso Intestino delgado Ano
Cando inxerimos alimentos, estes pasan ao interior do tubo dixestivo a través da boca. Iranse desprazando a través del a medida que van sendo dixeridos e se absorben os seus nutrientes. As substancias que non se poden dixerir serán expulsadas cara ao exterior a través do ano. Verémolo con detalle a continuación.
A boca é a primeira parte do tracto dixestivo, onde comeza o proceso de dixestión. O alimento sométese aquí a unha serie de accións para transformalo no bolo alimentario.
A mastigación é un proceso que consiste en triturar os alimentos en anacos máis pequenos para poder tragalos e facilitar a súa dixestión. Este proceso realízase grazas aos dentes.
Os dentes son órganos duros que se insertan na mandíbula. Existen diferentes tipos de dentes: incisivos, caninos ou cairos, premolares e molares; cada un cunha función específica.
Incisivo Canino Premolar Molar
Cortan Esgazan Trituran e esmiúzan
Os primeiros dentes que aparecen na infancia forman a dentición de leite. Caracterízanse por ser temporais.
Pouco a pouco estes dentes vanse substituíndo pola dentición definitiva.
Incisivos Caninos Premolares Molares
t 1 Dentición de leite Dentición definitiva
Mentres se mastiga o alimento vaise mesturando coa saliva, un líquido que segregan as glándulas salivares e que axuda na dixestión. A saliva tamén ten unha función de defensa, xa que destrúe algunhas bacterias que se atopan nos alimentos.
A lingua é un órgano musculoso que fai posible cos seus movementos a mastigación e a mestura dos alimentos coa saliva.
As glándulas salivares segregan máis ou menos un litro e medio de saliva ao día. Cantos litros levan segregado as túas glándulas salivares xa?
O sentido do gusto, localizado na lingua, e o do olfacto, no nariz, permitennos percibir sabores ou olores desagradable nos alimentos, alertándonos de que poderían estar en mal estado. Por suposto, tamén nos fan gozar de sensacións pracenteiras ao - 10 -comer.
Unha vez que se forma o bolo alimentario tragámolo e pasa a través da farinxe cara ao esófago. O avance do bolo alimentario polo esófago prodúcese grazas ás contraccións das capas musculares da súa parede.
O estómago é o órgano en forma de saco encargado de acoller o bolo alimentario que permanecerá aí varias horas antes de pasar ao intestino. Cando isto aconteza, o bolo alimentario terase transformado en quimo.
O estómago actúa sobre o bolo alimentario de dúas maneiras:
.
Esófago Estómago Intestino
O estómago é unha parte do tubo dixestivo especializada na dixestión do alimento. As súas paredes interiores presentan engurras que se van alisando segundo o estómago se enche.
Cando a comida semidixerida abandona o estómago pasa ao primeiro treito do intestino delgado.
Neste momento entran en acción:
Fígado Páncreas Vesícula biliar Intestino delgado
O páncreas e o fígado verten os seus zumes cara ao intestino delgado, contribuíndo con eles á dixestión do alimento.
O fígado ostenta o récord de ser o órgano interno máis grande do noso organismo. Pode chegar a pesar ata tres quilos.
Supérao outro órgano que está no exterior do corpo, ten unha superficie aproximada de dous metros cadrados e un peso duns cinco quilos. Sabes de cal se trata? Efectivamente, a pel é o órgano máis grande do noso corpo.
O alimento continúa a súa viaxe. Encontrámonos no intestino delgado. Aquí é impulsado polo movemento da musculatura propia do dito intestino. Os zumes vertidos sobre o alimento transformárono nun líquido de aspecto leitoso que contén nutrientes, o quilo. O noso organismo xa pode captar os nutrientes.
Para que esta captación sexa máis eficaz, as paredes interiores do intestino delgado repréganse. Así aumenta moito a súa superficie. Neses repregamentos existe unha extensa rede de capilares que permite que os nutrientes abandonen o intestino delgado e vaian pasando ao sangue.
Absorción de nutrientes Repregamentos Capilares Intestino delgado
Cando o alimento chega ao intestino groso apenas contén nutrientes, pero aínda hai substancias que o organismo necesita. No intestino groso absorbese a auga e outras substancias de pequeno tamaño. Deste modo vaise formando pouco a pouco unha masa máis dura que dará lugar ás feces.
As feces conteñen todas aquelas substancias que non puideron ser aproveitadas polo organismo. Expúlsanse ao exterior a través do ano.
Estas son algunhas enfermidades que poden afectar ao aparato dixestivo.
.
.
.