Documento da Universidade sobre Casamento de Cor. O Pdf explora o "Casamento de Cor" e a súa importancia na continuidade visual e o descanso para os coloristas, presentando plataformas online como Movie Screencaps e Film.ai para referencias visuais no ámbito universitario.
See more61 Pages


Unlock the full PDF for free
Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.
Xavier Reboredo Estudante 17 July 2024
Casamento de Cor Workflow e Frameworks
Unha das partes máis fundamentais como coloristas é levar a cabo unha igualación. Para que o espectador non aprecie que a peza foi capturada de xeito fragmentado e non haxa saltos de continuidade dentro dun texto audiovisual. Tan importante, ou máis, que a parte da estética ou do LUT. Que cada un dos planos vaian en continuidade, é dicir que a imaxe anterior e posterior vaían en consonancia e non teñamos saltos de cor nin de luz para evitar sacar ao espectador da nosa peza audiovisual. O igualado é unha das partes nas que o colorista ten un que poñer máis atención ...
Unha consideración previa: O ollo vainos engañar, vainos acostumar dunha maneira rápida ao que se ve. A memoria visual do ser humano non é demasiado boa. A memoria visual, incluso, é moi perigosa, non confiarse do que creemos ver noutro momento. Por isto precisamos referencias, e para isto existen ferramentas para minimizar este handicap:
1· Os Stills tanto de Resolve como doutros softwares ... en color grading, e concretamente, en igualación, debemos ser xenerosos cos Stills, non cobran por eles ... · Entender e amar os scopes ... Os scopes son os nosos mellores amigos ...
O noso ollo acostúmase polo tanto cómpre descansar e volver con ollos frescos. Tamén evitar a fatiga visual. Hai unha serie de descansos establecidos entre os coloristas:
2Bases da Igualación Valoración do material e estratexia
Antes de nada cómpre facer un visionado .. Un play á peza enteira: pelicula, capítulo, programa ... Moi, moi importante: unha visualización analítica do material. Dar un play para ver con que material nos enfrontamos, os erros que topamos e canto tempo estimamos nos vai demorar a súa corrección. Normalmente o tempo é ouro, un luxo do que somos esclavos, pero inda que sexa un play x2 ou case x4 (máis rapido xa non sería apropiada nin efectiva a visualización). O colorista Adrian Pucheu sinala que o: proceso depende da experiencia de cada colorista, pero darei unha estimación de 3 a 4 semanas. Segundo a complexidade do proxecto e as correccións necesarias. Un comercial pódese colorear ata 1 minuto e pódese colorear en 1 día de 8 horas. Un vídeo musical de 4 minutos pódese colorear en 1 ou 2 días. Non é o mesmo que todo veña igualado, ca que veña gravado de cámaras moi distintas, haxa planos virados ... Isto vai marcar o casamento. Pois, por exemplo, se todo ven correcto de gravación terei máis tempo para facer mascaras e secundarias elaboradas ... Nesta etapa vou ver a que me enfronto para estimar e acoplar os meus tempos. Vislumbrar a que me enfronto e como reparto o meu tempo na corrección.
3ESTRATEXIA TEMPORAL A visualización do material vainos dar claves para poder planificar un pouco a nosa estratexia de corrección de cor: se teño que gastar todo na igualación ou podemos adicarlle tempo logo ao detalle. Somos esclavos do tempo ... É moi importante a xestión deste na etapa de corrección de cor. E tamén compre sublimar que unha boa porcentaje dun traballo de corrección de cor é o proceso de casamento. Hai solucións radicais con respecto ao tempo ... Como empregar un temporizador ... Canto tempo temos, cantas tomas temos e o mellor de todo isto que se traduce en: canto tempo podemos adicarlle a cada toma ... Non quedarse demasiado tempo nunha mesma toma ... Ás veces, abandonar algo no que levamos moito tempo e pasar a outra e logo xa volveremos a ela ... A veces un reseteo e volver comezar é o máis intelixente ... Adoita pasar que canto máis diñeiro hai na producción, máis se simplifica a etapa de igualación ... Porque máis coidada ven a fotografía e cómpre traballar menos na normalización e igualación do material. Nas produccións máis modestas adoita pasar o contrario, todo ven menos coidado e as cousas vanse confiar á etapa final de de correción de cor. Amais de maior inversión de tempo, adoitan ser maiores as demandas da producción modesta co colorista. Polo tanto: visualizar analiticamente o material e planificar unha estratexia temporal para enfrontalo.
4CONSIDERACIÓNS TÉCNICAS Non é realista pensar en coller 2 planos de seu pai e de súa nai e de pronto matchealos grazas á maxia da corrección de cor. O desafío de igualar cores é esixente pero, algo máis sinxelo de lograr, o que é máis complicado de igualar son luces ... e outros aspectos ... por exemplo as ópticas, igualar lentes é algo moi complexo. Ben pois para complicar o noso color matching virá, amais de material común, material de moi diversa procedencia : planos de cámaras distintas, de diversas marcas, gamuts de cor diferentes, con función de transferencias diferentes, ópticas diferentes, distintos modelos ...
Elena Humanes recomenda facer, previamente, un preset por cada cámara antes que tentar traballar na igualación de imaxes. Este sería un preset previo de Canon, dunha cámara 709 ou dunha GoPro ... todo isto xa de partida. E que este axuste preestablecido de cámara que sexa probado en varios planos da mesma cámara, non centrarnos simplemente en crear a partires dun
5único plano simplemente. Porque este preset debe traballar en tódolos planos dunha determinada cámara. Entón, ao créalo probar en varios planos e que funcione correctamente para varias tomas.
POLO TANTO, ANTE A DIVERSIDADE DE MATERIAL:
FERRAMENTAS DE ANÁLISE OBXECTIVO O noso ollo engáñanos sempre ... de aí a importancia de ferramentas obxectivas para a valoración: Scopes. Canto máis componente obxectivo que apoie a nosa obxectividade mellor: · A importancia e comprensión dos Scopes para avaliar a nosa imaxe. Pero ollo son o instrumento para un fin, só un medio ... A decisión final é nosa. · A importancia da xestión de cor para ter un punto máis obxectivo de partida. Empregar xestión de cor é algo que nos acerca ao momento da rodaxe, estamos en conexión coa intencionalidade do set nese momento. ACES ou a propietaria de Resolve ... Pero non tomar isto como algo mágico simplemente traduce todo a unha linguaxe común. E como xa dixemos conécta as imaxes coa rodaxe, coa maneira na que foron tomadas ... Pero está moi lonxe de matchear planos.
6Tamén temos que buscar as nosas ferramentas de análise e analizar a imaxe antes de actuar. Logo xa podemos buscar o punto de contraste, que pode establecerse coa ferramenta que máis nos guste xa sexan esferas, curvas ... Os Scopes non temos que ser esclavos deles, son elementos obxectivos que nos trasladan unha referencia ... Son unha guía non a verdade absoluta ... Temos que complementalos coa nosa subxectividade. Ollo coas imaxes Log pois se pasamos o WF por toda a secuencia vemos que non cambia tanto ... isto é porque a imaxe está en Logarítmico. Polo tanto temos que ter en conta ambos factores- Para enmendar isto e ter unha imaxe normalizada, poderíamos facer varias cousas é aplicarlle unha xestión de cor. Hai alternativas:
Se traballamos sobre unha pantalla, como fan moitos moitos coloristas que o fan dende 0 e non traballan con xestión de cor. Polo tanto traballaremos referidos a pantalla -Screen Reffered. A este respecto subliñar a importancia de ter un monitor ben calibrado; ou mellor un bo monitor externo en perfectas condicións. Antes disto a configuración do proxecto inda que, en moitas ocasións isto vennos dado como coloristas. Se non nos ven dada pois ter as respostas ao frame rate e tamaño de imaxe do proxecto qeu imos abordar. TIP. Un vectorscope ten normalmente aumentos e son importantes para percibir o punto central e ver se temos algunha dominante.
7QUE AS IMAXES FLÚAN A chave: non obsesionarse e que todo flúa A veces entramos en obsesión cando casamos planos ... Poden aparecer lixeiras variacións entre planos, ás que podemos prestar maior ou menor atención. Vestiarios, sudaderas, a farola que está no quinto pepino ... non ten que estar igual no planos ... Non ... o importante é que o noso ollo ao dar un play non se dea conta do truco ... non se vaia da story. A maxia é que todo flúa e que o espectador non se decate dos cambios ... E estas diferencias que nos vemos, paranoicas a veces, que intentamos levar ao longo de toda a nosa secuencia ... finalmente o que temos que ter en conta é que o importante, realmente importante é o fluír entre o plano anterior e o plano seguinte. Que na orde dos planos non nos salte ao dar un play ... Que non nos vaiamos da historia por estes detalles, que o espectador non o note ... Pero non obsesionarse ... Sí é verdade que as produccións se coidan o vestiario, ambientación, arte ... que haxa continuidade visual por suposto ... En toda a secuencia tamén pero non obsesionarse co pequeno detalle que a veces ten unha importancia ridícula a nivel de continuidade. Como exemplo tentar igualar cores de obxectos minúsculos porque varían un case nada entre toma e toma ... iso non é productivo e non vai facer saltar ao espectador da historia. Hai unha cuestión esencial a este respecto que é o tempo do que imos dispoñer para este traballo. Isto ten que ser a nosa guía e a xestión do tempo esixe que podemos pararnos un certo tempo por cada plano. Incluso podemos chegar a calcular o tempo por cada plano .... Isto marcará o tempo máximo a dedicarlle a cada toma e porá fin á nosa obsesión indo ao funcional. No tocante a cando algo parece que non imos acadalo: parar a corrección dun
8plano dificil para dálle outra volta noutro momento pode ser chave. Incluso un reseteo para abordar doutra forma esta corrección pode ser a solución en moitas ocasións. Intentar ver en play os cambios entre as imaxes, como chocan esas imaxes ...
9