Corfú: a Illa Insospeitada, un documento sobre a infancia

Documento da Universidade sobre Corfú: a Illa Insospeitada. O Pdf explora o contexto da intervención na infancia, as institucións formais e non formais para nenos de 0 a 6 anos, incluíndo dereitos da infancia, aulas hospitalarias e ludotecas, con referencias a normativas e organizacións como UNICEF.

See more

68 Pages

DEI UD 1
CORFÚ: A ILLA INSOSPEITADA
ANALIZAMOS O CONTEXTO DA INTERVENCIÓN NA INFANCIA E
PROFUNDAMOS NAS CARACTERÍSTICAS DAS INSTITUCIÓNS FORMAIS E
NON FORMAIS DA ATENCIÓN ÁS CRIANZAS 0-6?
Funcións e competencias persoais, profesionais e sociais do perfil
profesional .....................................................................................................7
Formación inicial! .......................................................................................................7
Formación Continua! ..................................................................................................8
Tarefas e funcións como TSEI! .....................................................................................8
1.1 Tarefas relacionadas coa atención directa ao grupo de crianzas! .................8
1.2 Tarefas e funcións en relación coas familias das crianzas! ..........................10
1.3 Tarefas como parte dun equipo de traballo! ..............................................10
Calidades persoais do perfil TSEI! .............................................................................11
Ética profesional! .....................................................................................................12
Infancia significa: `sen voz pública´ .............................................................13
Dereitos da infancia: historia e contexto actual ...........................................14
Ellen Key: `O século do neno´ 1900! ........................................................................15
Obra! ...........................................................................................................15
Biografía! ......................................................................................................15
Pensamentos arredor da educación! ...............................................................16
Escola do futuro! ...........................................................................................17
Conclusións! ..................................................................................................18
Eglantyne Jebb, fundadora de Save The Children! .....................................................18
A Declaración de Xenebra! ............................................................................19
Áreas de traballo de Save The Children! .........................................................19
Que son os dereitos da infancia?! .............................................................................20
Os catro piares de todos os dereitos das crianzas! .....................................................20
Que facer cando se vulneran os dereitos?! ................................................................20
UNICEF! ..................................................................................................................21
Que podemos facer nós polos dereitos da infancia?! ..................................................21
Dereitos da infancia segundo Gianfranco Zavalloni! ..................................................21
Declaración Pikler-Lóczy dos dereitos das crianzas nas escolas infantís! ......................22
Cidades amigas da infancia (UNICEF) ...........................................................23
Piares fundamentais das Cidades amigas da Infancia! ................................................23
Compromiso dos gobernos locais! .............................................................................23
A proposta de Frato: `a cidade das crianzas´ .............................................24

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

Funcións e Competencias do Perfil Profesional

Leva ao teu fillo da man aos grandes escenarios da natureza; ensínalle no monte e no val. Alí escoitará mellor o teu ensino; a liberdade daralle maior forza para superar as dificultades. Pero nestas horas de liberdade debe ser a natureza a que ensine antes ca ti. Que se dea conta por completo de que é a natureza a que ensina, e que ti, coa túa arte, non fas máis que camiñar tranquilamente ao seu lado. Cando oia o rechouchío dun paxaro ou o zunido dun insecto sobre unha folla, deixade de falar; o paxaro e o insecto ensinan; entón, o teu labor é estar en silencio". Johann Heinrich Pestalozzi 1746 - 1827

Formación Inicial

Coñecementos Teóricos (Saber)

  • Os antecedentes pedagóxicos da educación infantil
  • As teorías do desenvolvemento infantil
  • Os avances metodolóxicos para realizar unha intervención educativa
  • A lexislación e directrices de diferentes organismos competentes
  • O alcance da protección de nenas e nenos na nosa sociedade

Coñecementos Instrumentais (Accións - Saber Facer)

  • De planificación
  • De observación e de avaliación da intervención educativa: da institución, do contexto sociocultural, dos progresos das crianzas
  • De intervención co grupo de nenos e nenas
  • De información ás familias e a outros perfís profesionais

Formación Continua

A formación non debe ser considerada so como facer un curso ou dous senon como unha forma de seguir actualizando coñecementos constantemente. Doutra banda, hai que estudar as necesidades formativas que ten cada quen para adecuar as accións formativas a elas e ao obxectivo final pretendido. A formación debe adaptarse a quen a realiza e non ao revés, xa que non é un fin en si mesmo senón que é unha ferramenta para conseguir obxectivos e resultados. A día de hoxe, hai unha gran cantidade de cursos, centros e modalidades formativas dedicadas exclusivamente á formación continua de persoas (específicamente, de persoas que están a traballar). O mundo cambia e evoluciona constantemente e as persoas temos que ir cos tempos, por iso a formación continua é precisa para non esquecer que traballar a prol dos dereitos da infancia require manterse coa mente aberta a seguir aprendendo. Cal é logo o enfoque?

  • Actitude aberta cara a formación ao longo da vida profesional
  • Actualización dos coñecementos
  • Reflexións sobre a súa propia experiencia
  • Estar ao tanto da oferta formativa

Tarefas e Funcións como TSEI

  • Tarefas relacionadas coa atención directa ao grupo de crianzas
  • Tarefas e funcions en relación coas familias
  • Tarefas en canto parte dun equipo de traballo

Tarefas Relacionadas coa Atención Directa ao Grupo de Crianzas

Organizar o Ambiente no que van a estar as Crianzas

  1. Que resposte axeitadamente ás necesidades da crianza e do educador/a
  2. Dispoñer o mobiliario e os obxectos e xoguetes que están ao alcance das crianzas
  3. Espazo ben organizado que permita ás crianzas interactuar entre elas e non só coa persoa educadora
  4. Posibilidade de transformar o espazo e adaptalo ás rutinas do día
  5. Implicar aos nenos e nenas nas tarefas relacionadas coa organización do espazo

Establecer Rutinas Diarias

  1. Manter a orde das actividades para que as crianzas interioricen a secuencia das actividades
  2. Realizar as actividades do mesmo xeito e co mesmo ritual axúdalles a autoestruturarse, adquirir bos hábitos, aprender a esperar e achégalles seguridade

Atender ás Necesidades Básicas das Crianzas

  1. Comer, descansar, xogar, durmir, estar limpa, sentise segura ... atenderanse de forma individualizada e adicarase unha parte importante do tempo

Promover a Autonomía e a Confianza

  1. Favorecer a confianza en si mesmas: isto acontece cando exploran, investigan, e se relacionan coas outras crianzas cunha normativa clara: saber claramente onde están os límites e que poden esperar das persoas adultas
  2. Cando teñen ocasións de elixir, optar e participar nas decisions que lles afectan
  3. Lembrar que os erros son unha posibilidade de aprendizaxe

Iniciar Determinadas Aprendizaxes

  1. Ensinar destrezas coma ponerse e quitarse o abrigo, poñer a mesa ...
  2. Ensinar o uso de determinados instrumentos: pincel, tesoiras, barra de cera, pintura, vaso ...
  3. Ensinar algunhas técnicas: collage, pintura de dedos ...
  4. Completar ou mellorar alguns conceptos: nome das cores, animais ...

Ensinar Xogos, Contos e Cancións

  1. Transmitir ao grupo de crianzas xogos e cancións patrimonio da cultura infantil
  2. Contar contos (ou cantalos), comezando polos máis curtos e sinxelos ata os máis elaborados

Incorporar Novas Aprendizaxes, Experiencias, Crear Novos Intereses

  1. Proporcionar experiencias de aprendizaxe novas nas que manipulen distintos materiais
  2. Achegarlles a coñecer lugares distintos aos habituais, incentivando o descubrimento de novos intereses

Crear Situacións de Comunicación e Intercambio

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.