Outros Aparello para Nutricion: sistema respiratorio e circulatorio

Documento sobre Outros Aparello para Nutricion. O Pdf, un material de Bioloxía para Bacharelato, explora a anatomía e fisioloxía dos sistemas respiratorio e circulatorio, con diagramas que ilustran procesos e estruturas anatómicas.

See more

8 Pages

TEMA 4: OUTROS APARELLOS PARA NUTRICIÓN.
1.O Aparello respiratorio
A función do aparello respiratorio é captar o osixeno necesario para a respiración celular e eliminar
o dióxido de carbono xerado neste proceso.
Actividade:
1.Entra no apartado libros para ampliar no tema : As fábricas das células , busca na páxina 3 o
recadro non debemos confundir estes procesos. A continuación fai unha táboa onde compares estes
dous procesos.
2.Fai un debuxo dunha mitocondria no que expliques como é o proceso da respiración celular.
1.1.Anatomía do aparello respiratorio
O aparello respiratorio divídese en dúas estruturas principais: as vías respiratorias (ou vías aéreas)
e os pulmóns.
As vías respiratorias
As vías respiratorias ou vías aéreas son as cavidades e
condutos que comunican co exterior e que permiten que o aire
chegue aos pulmóns. Atópanse recubertas dun epitelio
mucoso que serve de defensa fronte aos axentes infecciosos.
Están formadas por:
Fosas nasais
Son dúas cavidades separadas polo tabique nasal. O aire entra
nelas polos orificios nasais e ao circular por elas, quéntase e
humedécese. Ademais, o moco e os pelos presentes nesta
zona evitan que axentes estraños que contén o aire poidan chegar aos pulmóns.
Farinxe
Estrutura en forma de tubo oco formada por músculos. Conecta na parte superior coa cavidade nasal
e coa boca e, na inferior, comunica co esófago e a traquea. (a epiglote cerra a comunicación co
respiratorio cando o bolo alimenticio baixa cara o esófago.)
Larinxe
Estrutura en forma de tubo formada por varias pezas de cartilaxe. Na larinxe sitúanse as cordas
vocais que permiten a fonación.
Traquea
Tubo formado por pezas de cartilaxe en forma de "C", sen cerrar na parte posterior. Tras ela discorre
o esófago.
Bronquios
Os bronquios son condutos que se forman por ramificacións sucesivas da traquea. Os bronquios
primarios orixínanse a partir dunha bifurcación da traquea, cada bronquio primario entra nun
pulmón e sofre novas ramificacións.
Bronquíolos
Son condutos de diámetro reducido que se forman por ramificacións dos bronquios que finalmente
desembocan nos alvéolos. Denomínase árbore bronquial ás vías respiratorias que conectan a traquea
cos alvéolos.
Os pulmóns
Son dous órganos de forma cónica que se atopan dentro da caixa torácica,
protexidos polas costelas.
O pulmón dereito consta de tres partes ou lóbulos, mentres que o
esquerdo, máis pequeno, ten dous lóbulos.
Teñen unha textura esponxosa e están formados polos sacos de tecido
pulmonar chamados alvéolos.
1
Os alvéolos son diminutos sacos repletos de aire, que forman acios. Están en íntima conexión
cunha rede de capilares.
Os pulmóns están rodeados por unha membrana dobre chamada pleura, en cuxo interior se atopa o
líquido pleural. Este líquido protéxeos e permítelles adaptarse aos movementos respiratorios.
Baixo os pulmóns atópase o diafragma, unha estrutura muscular que os separa da zona abdominal e
que, ademais, realiza unha función moi importante na respiración.
1.2 A respiración
Ten como obxectivo subministrar ás células osíxeno e eliminar o dióxido de carbono que se
produce na respiración celular. A respiración está intimamente relacionada coa circulación
sanguínea.
Comprende dous procesos diferenciados: A ventilación pulmonar e o intercambio de gases.
A ventilación pulmonar
A ventilación pulmonar é o proceso mediante o cal o aire entra e sae dos pulmóns. É o que
comunmente se entende por respirar, e desenvólvese en dúas fases ben diferenciadas:
-A inspiración ou entrada de aire. Nesta fase, os músculos
intercostais e o diafragma contráese o que provoca que a
caixa torácica e os pulmóns aumente de volume, para
recibir o aire do exterior.
-A expiración ou saída do aire. Nesta fase, os músculos
intercostais e o diafragma reláxanse , o que provoca que a
caixa torácica volva á súa posición inicial. Isto fai que os
pulmóns se contraian e reduzan o seu volume, o que facilita
a saída do gas que conteñen ao exterior.
Durante a inspiración, a caixa torácica e os pulmóns
aumentan de volume, mentres que, durante a expiración, o
seu volume redúcese.
O intercambio de gases
Cando o aire cargado de osíxeno chega aos pulmóns, prodúcese un intercambio de gases entre os
alvéolos (aparello respiratorio) e os capilares que envolven estes alvéolos
(aparello circulatorio).
Realizase por difusión; os gases atravesan as membranas celulares dende
onde se atopan en maior concentración ata onde están en menor
concentración.
Intercambio de gases nos alvéolos
O proceso de intercambio de gases iníciase na inspiración, cando o aire
osixenado chega aos alvéolos. Unha vez alí, o osíxeno atravesa a fina
membrana que separa estes alvéolos dos capilares e difúndese ao sangue (hai máis osíxeno nos
alvéolos que nos capilares que os rodean , así que o osíxeno pasa por difusión dos alvéolos ao
sangue). O aparello circulatorio encárgase de distribuír o osíxeno por todos os tecidos do corpo
humano para que estes poidan realizar a respiración celular.
Á súa vez, o aparello circulatorio recolle das células dos tecidos todo o dióxido de carbono froito
desta respiración celular e transpórtao aos pulmóns. Alí, o dióxido de carbono difúndese dos
capilares aos alvéolos para que, durante a expiración, sexa expulsado ao exterior (hai maior
concentración de CO
2
no sangue dos capilares que nos alvéolos , así que o CO
2
pasa por difusión
dende os capilares aos alvéolos.
2

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

O Aparello Respiratorio

A función do aparello respiratorio é captar o osixeno necesario para a respiración celular e eliminar o dióxido de carbono xerado neste proceso.

Actividade: Respiración Celular

  1. Entra no apartado libros para ampliar no tema : As fábricas das células , busca na páxina 3 o recadro non debemos confundir estes procesos. A continuación fai unha táboa onde compares estes dous procesos.
  2. Fai un debuxo dunha mitocondria no que expliques como é o proceso da respiración celular.

Anatomía do Aparello Respiratorio

O aparello respiratorio divídese en dúas estruturas principais: as vías respiratorias (ou vías aéreas) e os pulmóns.

  • As vías respiratorias As vías respiratorias ou vías aéreas son as cavidades e condutos que comunican co exterior e que permiten que o aire chegue aos pulmóns. Atópanse recubertas dun epitelio mucoso que serve de defensa fronte aos axentes infecciosos. Fosas nasais Orificios nasais Farinxe Epiglote Larinxe Están formadas por:
  • Fosas nasais Son dúas cavidades separadas polo tabique nasal. O aire entra nelas polos orificios nasais e ao circular por elas, quéntase e humedécese. Ademais, o moco e os pelos presentes nesta zona evitan que axentes estraños que contén o aire poidan chegar aos pulmóns.
  • Farinxe Estrutura en forma de tubo oco formada por músculos. Conecta na parte superior coa cavidade nasal e coa boca e, na inferior, comunica co esófago e a traquea. (a epiglote cerra a comunicación co respiratorio cando o bolo alimenticio baixa cara o esófago.)
  • Larinxe Estrutura en forma de tubo formada por varias pezas de cartilaxe. Na larinxe sitúanse as cordas vocais que permiten a fonación.
  • Traquea Tubo formado por pezas de cartilaxe en forma de "C", sen cerrar na parte posterior. Tras ela discorre o esófago.
  • Bronquios Os bronquios son condutos que se forman por ramificacións sucesivas da traquea. Os bronquios primarios orixínanse a partir dunha bifurcación da traquea, cada bronquio primario entra nun pulmón e sofre novas ramificacións.
  • Bronquíolos Son condutos de diámetro reducido que se forman por ramificacións dos bronquios que finalmente desembocan nos alvéolos. Denominase arbore bronquial ás vías respiratorias que conectan a traquea cos alvéolos.
  • Os pulmóns Son dous órganos de forma cónica que se atopan dentro da caixa torácica, protexidos polas costelas. O pulmón dereito consta de tres partes ou lóbulos, mentres que o esquerdo, máis pequeno, ten dous lóbulos. Teñen unha textura esponxosa e están formados polos sacos de tecido pulmonar chamados alvéolos. Alvéolos 1
  • Traquea Bronquios BronquiolosOs alvéolos son diminutos sacos repletos de aire, que forman acios. Están en íntima conexión cunha rede de capilares. Os pulmóns están rodeados por unha membrana dobre chamada pleura, en cuxo interior se atopa o líquido pleural. Este líquido protéxeos e permítelles adaptarse aos movementos respiratorios. Baixo os pulmóns atópase o diafragma, unha estrutura muscular que os separa da zona abdominal e que, ademais, realiza unha función moi importante na respiración.

A Respiración

Ten como obxectivo subministrar ás células osíxeno e eliminar o dióxido de carbono que se produce na respiración celular. A respiración está intimamente relacionada coa circulación sanguínea.

Comprende dous procesos diferenciados: A ventilación pulmonar e o intercambio de gases.

  • A ventilación pulmonar A ventilación pulmonar é o proceso mediante o cal o aire entra e sae dos pulmóns. É o que comunmente se entende por respirar, e desenvolvese en dúas fases ben diferenciadas: -A inspiración ou entrada de aire. Nesta fase, os músculos intercostais e o diafragma contráese o que provoca que a caixa torácica e os pulmóns aumente de volume, para recibir o aire do exterior. -A expiración ou saída do aire. Nesta fase, os músculos intercostais e o diafragma reláxanse , o que provoca que a caixa torácica volva á súa posición inicial. Isto fai que os pulmóns se contraian e reduzan o seu volume, o que facilita a saída do gas que conteñen ao exterior. Durante a inspiración, a caixa torácica e os pulmóns aumentan de volume, mentres que, durante a expiración, o seu volume reducese. Entrada de aire Saída de aire Expansión O tórax / do tórax contraese Esternón Costelas Pulmón ·Diafragma O diafragma contráese O diafragma relaxase Inspiración Espiración
  • O intercambio de gases Cando o aire cargado de osíxeno chega aos pulmóns, prodúcese un intercambio de gases entre os alvéolos (aparello respiratorio) e os capilares que envolven estes alvéolos (aparello circulatorio). Realizase por difusión; os gases atravesan as membranas celulares dende onde se atopan en maior concentración ata onde están en menor concentración.
  • Intercambio de gases nos alvéolos O proceso de intercambio de gases iníciase na inspiración, cando o aire osixenado chega aos alvéolos. Unha vez alí, o osíxeno atravesa a fina membrana que separa estes alvéolos dos capilares e difúndese ao sangue (hai máis osíxeno nos alvéolos que nos capilares que os rodean , así que o osíxeno pasa por difusión dos alvéolos ao sangue). O aparello circulatorio encárgase de distribuír o osíxeno por todos os tecidos do corpo humano para que estes poidan realizar a respiración celular. Á súa vez, o aparello circulatorio recolle das células dos tecidos todo o dióxido de carbono froito desta respiración celular e transpórtao aos pulmóns. Alí, o dióxido de carbono difúndese dos capilares aos alvéolos para que, durante a expiración, sexa expulsado ao exterior (hai maior concentración de CO2 no sangue dos capilares que nos alvéolos , así que o CO2 pasa por difusión dende os capilares aos alvéolos. CO2 02 2
  • Intercambio de gases nos tecidos O sangue cargado de osíxeno parte do corazón a través da arteria aorta, que se ramifica ata formar unha rede de capilares que chegan a todos os tecidos. Nos tecidos a concentración de osíxeno é baixa, xa que existe un continuo consumo deste gas polas células, mentres que a de dióxido de carbono é alta, posto que se forma continuamente. 0 CO2 Oz Ao igual que nos alvéolos, son as diferenzas de concentración as que poñen en marcha o proceso de difusión, o sangue cede osíxeno aos tecidos e cárgase de dióxido de carbono procedente dos tecidos.

O Aparello Circulatorio

O aparato circulatorio pode considerarse dividido en dúas partes:

O aparato circulatorio sanguíneo (ou cardiovascular), formado polo corazón, os vasos sanguíneos e o sangue que circula por eles. O sistema circulatorio linfático, formado polos órganos linfáticos, os vasos linfáticos e a linfa que circula por eles.

Aparello Cardiovascular

Funcións do Aparello Cardiovascular

  • Transportar nutrientes ás células
  • Recolle os produtos de refugallo xerados durante o metabolismo celular e transpórtaos ata os órganos do aparello excretor para eliminalos.

Componentes do Aparello Cardiovascular

  • O sangue O sangue é un tecido de cor vermella e textura fluída que circula polos vasos sanguíneos impulsado polo corazón. Está formada por células sanguíneas e por un medio líquido chamado plasma sanguíneo. O plasma sanguíneo compón o 55 % do sangue e o seu contido é, nun 90 %, auga. As células sanguíneas representan o 45 % restante os eritrocitos son os máis abundantes. -O plasma sanguíneo é a parte líquida do sangue, ten unha cor amarelada e nel atópanse suspendidos os eritrocitos, os leucocitos e as plaquetas. Tamén transporta nutrientes, proteínas, factores de coagulación, hormonas e produtos residuais das células. Plasma Glóbulos brancos e plaquetas Glóbulos vermellos -As células sanguíneas fórmanse na medula ósea e son de tres tipos: eritrocitos, leucocitos e plaquetas. Os eritrocitos, tamén coñecidos como glóbulos vermellos ou hematíes, son as células máis abundantes no sangue. Son células sen núcleo con forma de disco bicóncavo. Esta forma confírelles grande flexibilidade para poder atravesar os finos capilares. Conteñen unha proteína chamada hemoglobina, encargada de transportar o osíxeno, que lles da a súa cor vermella característica. Os leucocitos ou glóbulos brancos son un grupo de células que interveñen na defensa do organismo, protexéndonos de ameazas como os axentes infecciosos. Son as células sanguíneas de maior tamaño. Existen diferentes tipos de leucocitos pero todos eles teñen núcleo. GLÓBULOS BLANCOS PLAQUETAS GLÓBULOS ROJOS basófilos neutrófilos eosinófilos trombocitos eritrocitos monocitos linfocitos 3Os leucocitos poden migrar dende o sangue ata os tecidos para combater infeccións. Tamén circulan polo aparato circulatorio linfático. Os trombocitos ou plaquetas son en realidade fragmentos de células de formas irregulares. Non posúen núcleo. Interveñen no proceso de coagulación do sangue.
  • Os vasos sanguíneos Os vasos sanguíneos son condutos con paredes musculares que distribúen e recollen o sangue de todas as partes do corpo. Existen tres tipos de vasos sanguíneos: arterias, veas e capilares. -Arterias: son vasos sanguíneos que conducen o sangue dende o corazón ata outros órganos. Teñen paredes grosas para contrarrestar a alta presión que exerce o sangue sobre elas. A súa musculatura permite que se dilaten e contraian para regular o fluxo sanguíneo. A medida que se afastan do corazón, ramifícanse e estréitanse para converterse en arteríolas , que acabarán sendo capilares. -Veas: son vasos sanguíneos que transportan o sangue ata o corazón. Teñen unha capa de musculatura menos desenvolvida que as arterias. O sangue circula polas veas a baixa presión, polo que contan cun sistema de válvulas que forza o sangue a circular nunha soa dirección, impedindo o seu retorno. As veas máis finas, formadas pola fusión de capilares, reciben o nome de vénulas. Arteria Vea Capa muscular 1 Válvula ...... Rede de capilares Capilar -Capilares: son vasos sanguíneos moi finos, Constitúen unha rede moi grande e ramificada que envolve todos os órganos e distribúese tamén polos tecidos. Permiten a filtración e difusión (pola súa fina parede) das substancias transportadas polo sangue, como os gases e os nutrientes, cara as células, e tamén dos refugallos das células cara ao sangue.
  • O corazón O corazón é o órgano que bombea o sangue para que chegue a todo o corpo. Ten un tamaño similar ao dun puño e sitúase na cavidade torácica, un pouco desprazado cara á esquerda. É un órgano musculoso protexido por unha dobre membrana o pericardio. As súas paredes están formadas por tres capas: O epicardio capa que recubre o miocardio. O miocardio é a capa central de tecido muscular. É grosa e fai posible que o corazón se contraia e se relaxe ritmicamente para impulsar o sangue. O endocardio é a capa interna que protexe o interior do miocardio. Vea cava superior Arteria aorta Arteria pulmonar dereita Arteria pulmonar esquerda Veas pulmonares esquerdas Veas pulmonares dereitas - Aurícula esquerda Válvula semilunar pulmonar Válvula semilunar aórtica Aurícula dereita Válvula tricúspide Ventrículo esquerdo Ventrículo dereito Tabique interventricular Vea cava inferior O corazón é un órgano oco dividido en dúas metades, esquerda e dereita, por un tabique central que evita o contacto entre o sangue de ambas as partes. A metade dereita contén sangue desosixenado, mentres que a esquerda ten sangue osixenado. Cada metade divídese en dúas cámaras: as aurículas, na parte superior, e os ventrículos, na parte inferior. As aurículas e os ventrículos de cada lado comunícanse entre si por válvulas: a tricúspide no lado dereito e a mitral no esquerdo. Estas válvulas permiten o paso do sangue da aurícula ao ventrículo correspondente, pero impiden que o sangue pase dos ventrículos ás aurículas. A aurícula dereita chegan dúas veas cavas e a aurícula esquerda catro veas pulmonares. Do ventrículo esquerdo sae a arteria aorta e do ventrículo dereito a arteria pulmonar. No comenzo destas dúas arterias as válvulas semilunares impiden que o sangue retroceda cara os ventrículos. 4

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.