Documento da Xunta de Galicia sobre O grupo e a dinamización grupal. O Pdf, un material de Formación profesional en Psicoloxía, explora as dinámicas dos grupos sociais, analizando conceptos como a composición, o tamaño, as normas, a comunicación, a motivación, o status e os roles dentro dun grupo.
See more9 Pages


Unlock the full PDF for free
Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.
XUNTA
DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
CIENCIA, UNIVERSIDADES E
FORMACIÓN PROFESIONAL
FP
CENTROS INTEGRADOS
DE FORMACIÓN
PROFESIONAL
Habilidades Sociais
Unidade 2
O grupo e a dinamización grupal
Modelo: MDNNXXXNN XXX. Data: dd/mm/20aa. Versión N
Páxina 1 de 9XUNTA
DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
CIENCIA, UNIVERSIDADES E
FORMACIÓN PROFESIONAL
FP
CENTROS INTEGRADOS
DE FORMACIÓN
PROFESIONAL
Índice
1
Concepto de grupo
3
2
Tipos de grupos
3
3
A estrutura grupal ..
4
3.1
A composición.
4
3.2
O tamaño.
4
3.3
As normas
4
3.4
A comunicación
4
3.5
A motivación.
5
3.6
O status
5
3.7
Os roles
5
3.8
Roles de equipo.
6
3.9
Liderazgo
7
3.10
A cohesion grupal ..
8
4
O ciclo da vida dos grupos
8
5
As habilidades sociais no grupo.
....
8
6
Bibliografía e manuais de interese.
9
Modelo: MDNNXXXNN XXX. Data: dd/mm/20aa. Versión N
Páxina 2 de 9+
XUNTA
DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
CIENCIA, UNIVERSIDADES E
FORMACIÓN PROFESIONAL
FP
CENTROS INTEGRADOS
DE FORMACIÓN
PROFESIONAL
1
Concepto de grupo
As persoas somos seres sociais, formamos parte de diferentes grupos dende o noso nacemento.
O grupo fai referencia ao conxunto de persoas que comparten sentimentos de unión e obxectivos
comúns. No grupo, establecense normas de funcionamento e actuase da cordo a roles establecidos.
Dentro de cada grupo, establécense unhas relacións de poder específicas que marcan unha forma de
comunicación e de interacción entre as distintas persoas que conforman o grupo. Polo que se pode
dicir, que o grupo é interdependente entre el.
Cada grupo, posúe unha serie de trazos diferenciados, máis todos eles teñen en común a existencia
dun sentimento de grupo, un obxectivo común, unhas normas propias, uns roles e un tipo de
comunicación.
2
Tipos de grupos
En función da relación afectiva entre as persoas que o conforman podemos diferenciar grupos
primarios e grupos secundarios. Os grupos primarios, caracterizanse por unha relación intima,
xeralmente composta por un número reducido. Comparten aspectos persoais que van máis alá dos
obxectivos compartidos: familia, amizades intimas. Os grupos secundarios, caracterizanse por unha
relación mais formal e funcional. O número de membros soe ser maior. As relacións adoitan ser
indirectas e os obxectivos priman sobre as cuestións persoais. En ocasións, poden estar compostos
por grupos primarios como compañeiros/as de clase e/ou de traballo.
En función das normas do grupo, podemos atopar grupos formais e grupos informais. Os grupos
formais, están moi normativizados, estruturados e creados para unha finalidade concreta, por
exemplo un grupo de traballo, representantes dunha asociación. Porén, os grupos informais, posúen
unha estrutura informal, xorden de forma espontánea e xéranse a partir dos grupos formais. Tratase
por exemplo, dos grupos de amizades, os grupos de pais, nais e titores/as do alumnado dunha aula,
as persoas usuarias dun recurso que se establecen como tal ...
En función do seu tamaño estamos ante grupo pequenos e grupos grandes, os grupos pequenos non
superan as 25 persoas, mentres que os grupos grandes son aqueles de maior número.
Modelo: MDNNXXXNN XXX. Data: dd/mm/20aa. Versión N
Páxina 3 de 9+
XUNTA
DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
CIENCIA, UNIVERSIDADES E
FORMACIÓN PROFESIONAL
FP
CENTROS INTEGRADOS
DE FORMACIÓN
PROFESIONAL
3
A estrutura grupal
A estrutura grupal defínese pola composición, o tamaño, as normas, a comunicación, a motivación, o status, os
roles, o liderazgo e a cohesión grupal.
3.1
A composición
A composición fai referencia as similitudes e diferencias dun grupo, en base a isto un grupo pode ser
moi homoxeneo cando as persoas que o componen teñen trazos moi similares, ou heteroxeneo con
moitas diferencias aspecto que pode ser unha vantaxe en canto a diversidade pero ao mesmo tempo
unha dificultade para a convivencia e a relación coa diferenza.
3.2
O tamaño
O tamaño en canto ao número de persoas determina o funcionamento, xa que un grupo pequeno
facilita a participación activa e evita que se diluan as responsabilidades das persoas que conforman.
Nese tipo de grupos e habitual que se xere máis velozmente o sentimento de unión, mesmamente
tamén e probable que o número de conflitos sexa menor, neles adoita aparecer liderazgos de tipo
democrático. Con todo os grupos de maior número permiten máis cantidade de relacións sociais e
eficacia para o desenvolvemento de tarefas.
3.3 As normas
As normas entendidas como regras as que nos debemos axustar, actúan como mecanismos de
conservación para axudar ao mantemento do funcionamento grupal, favorecen a estabilidade e
desenvolvemento da finalidade dun grupo. Estas poden ser explícitas ou implícitas. As primeiras
estarán recollidas en regulamentos, leis, decálogos etc, as segundas non están escritas, pero si están
acatadas polas persoas que conforman o grupo, poden delimitar a conduta desexable ou aquelo que
non está permitido.
Todas as normas posuen un limite mais ou menos amplío e o seu incumprimento leva aparellado
algún tipo de sanción. As normas que son consensuadas son mais fáciles de aceptar, que aquelas que
se imponen onde a esixencia pode xerar conflitos e menor satisfacción.
3.4
A comunicación
A comunicación grupal, foi estudada polo psicólogo estadounidense Harold Leavit. Este, recolleu
distintos xeitos de traballar ou relacionarse en grupo. No círculo onde a comunicación flue de forma
secuencial de membro a membro, pero sen interacción directa entre todos/as. Na Y onde hai unha
figura central que coordina a comunicación entre as distintas persoas pero tamén hai comunicación
Modelo: MDNNXXXNN XXX. Data: dd/mm/20aa. Versión N
Páxina 4 de 9
XUNTA
DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
CIENCIA, UNIVERSIDADES E
FORMACIÓN PROFESIONAL
FP
CENTROS INTEGRADOS
DE FORMACIÓN
PROFESIONAL
entre todos/as. E finalmente na roda, onde a comunicación é totalmente centralizada arredor dunha
persoa que exerce de punto de conexión entre as outras persoas. Nesta última, hai maior
centralización o que permite a realización eficaz das tarefas máis simples, mentres que o circulo, que
non ten centralización é mais axeitado para dar resposta a tarefas complexas. Dun xeito ou doutro,
o uso destas dependera das tarefas, das persoas integrantes, do tamaño, e da cohesión polo que o
grupo irá pasando por unha ou por outra forma.
3.5
A motivación
A motivación fai referencia ao conxunto de factores que determinan o noso comportamento, pode
ser unha motivación individual ou social. Dorwin Cartwright que é un psicólogo fundador da dinámica
de grupos fala de dous tipos de motivación, por un lado a motivación orientada cara a persoa e a
motivación orientada cara o grupo. Hai múltiples razóns polas que formamos parte de grupos, como
a seguridade xa que todos/as precisamos sentirnos seguros, protexidos e pertencentes a algo, o
grupo é un refuxio para afrontar as dificultades da vida e reducir a ansiedade, o status social, a
autoestima, a afiliación, o poder e a consecución de metas.
3.6
O status
O status fai referencia a posición social que ocupa cada persoa no grupo, unha forma habitual de
categorizar os estatus é en adscritos e adquiridos. O status adscrito, deriva de factores sobres os que
as persoas carecen de control e son independentes da sua vontade, como por exemplo, as herdanzas,
títulos nobiliarios, ser fillos/as de ... Pola contra, o status adquirido, depende das accións da persoa, e
en moitas ocasións do esforzo realizado para alcanzalo, por exemplo o status de unha nai, un pai,
unha amizade, determinado profesional. Na vida non desempeñamos unicamente un status, senón
que compartimos varios nos distintos grupos de pertenza e en cada un temos un status, polo que
podemos afirmar que os status non son estáticos. O xeito de determinar o status principal depende
da forma na que cada sociedade valore as distintas actividades grupais. Nunha sociedade como a
nosa, o status dominante soe ser o profesional.
3.7
Os roles
Os roles, defínense como a función que desempeñamos nun momento e nun lugar concreto, estes
determinan como debemos comportarnos en función dun status determinado.
Desempeñar un rol determinado confire a sua vez un status, polo que ambos están en estreita
relación. Tratase de elementos de planificación do grupo que levan implícitos modelos de conducta
estandarizada para o ben dun conxunto. Robert F. Bales clasificou os roles en tres grupos, os referidos
Modelo: MDNNXXXNN XXX. Data: dd/mm/20aa. Versión N
Páxina 5 de 9
XUNTA
DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
CIENCIA, UNIVERSIDADES E
FORMACIÓN PROFESIONAL
FP
CENTROS INTEGRADOS
DE FORMACIÓN
PROFESIONAL
a tarefa do grupo, que se focaliza na coordinación que recolle o grupo coa finalidade de solucionar
problemas básicos. Os relacionados coa construción e mantemento do grupo, que se focalizan na
preservación e no perfeccionamento do grupo e os roles individuais, estes céntranse na persoa e
relegan o obxectivo que se pretende lograr co grupo provocando inestabilidade e conflitos dentro
del. Dentro de cada categoría das anteriores atopamos subtipos tal e como se recolle a continuación.
3.8
£
Roles de equipo
Meredith Belbin xerou a Teoría dos roles de equipo, a través da cal recolle que cada persoa pode
desempeñar entre tres ou catro roles. Coñecer estes roles e indispensable para obter o maior
rendemento das suas fortalezas e para minimizar as debilidades. Sen embargo, para identificar eses
roles e conecerse non basta con auto avaliarse, precisase dunha observación e valoración externa.
Dentro dunha equipa segundo Belbin identificanse ata nove roles, cada un con puntos fortes e
limitacións. Hai roles sociais dentro do que pode atoparse o rol coordinador/a que amosa un
comportamento maduro e de seguridade, que delega e que promove a toma de decisións, o rol
cohesionador/a que é cooperador e vela polo bo clima, media ante conflitos, e resultalle difícil a toma
Modelo: MDNNXXXNN XXX. Data: dd/mm/20aa. Versión N
Páxina 6 de 9