Sociais: Tema 2, Revolucións Liberais, Bacharelato

Documento de Bacharelato sobre as Revolucións Liberais. O Pdf, de Historia, explora a independencia dos Estados Unidos e a Revolución Francesa, incluíndo a Restauración, con actividades e preguntas para a comprensión.

See more

9 Pages

2.2
. A independencia dos Estados Unidos de América
(
Proxectamos vídeo sobre a independencia dos EEUU (5´)
Halicarnaso”.
https://www.youtube.com/watch?v=j2yriUGRjYg
A orixe dos actuais Estados Unidos está nas
posuían os británicos. Estas colonias, establecidas a
economicamente aos intereses da metrópole, mais foron desenvolvendo uns vencellos entre elas
cada vez máis intensos.
As causas
da independencia dos EUA deben buscarse na
Gran Bretaña (1756-
1763), conflito que rematou coa vitoria británica e, consecuentemente, coa
perda por parte de Francia da meirande parte das súas posesións en América. Porén, a guerra
tamén provocou un gran descontento nas Trece Colonias, que viron como, a pe
colaboración durante a contenda, ao finalizar esta se lles incrementaban as taxas e as cargas
fiscais para financiar a recuperación da metrópole.
Precisamente, un dos primeiros feitos no proceso da independencia é o simbólico
(1773),
no que un grupo de colonos protesta contra as taxas que gravaban ese produto botando
ao mar un cargamento de té británico no porto de Boston.
A posterior guerra
entre os colonos e a metrópole, na que destacarán figuras coma George
Washington, comezará en
de xullo por parte dos representantes das Trece Colonias no Congreso Continental de Filadelfia. A
guerra foi longa e rematou en 1783 coa
independencia. Catro anos is tarde, en 1787, aprobouse a
primeira da historia, que recollía os principios do liberalismo
. A independencia dos Estados Unidos de América
Proxectamos deo sobre a independencia dos EEUU (5´) “
La cuna de
https://www.youtube.com/watch?v=j2yriUGRjYg
)
A orixe dos actuais Estados Unidos está nas
trece colonias
que na costa leste de América do Norte
posuían os británicos. Estas colonias, establecidas a
partir do século XVII, estaban sometidas
economicamente aos intereses da metrópole, mais foron desenvolvendo uns vencellos entre elas
da independencia dos EUA deben buscarse na
guerra dos Sete Anos
1763), conflito que rematou coa vitoria británica e, consecuentemente, coa
perda por parte de Francia da meirande parte das súas posesións en América. Porén, a guerra
tamén provocou un gran descontento nas Trece Colonias, que viron como, a pe
colaboración durante a contenda, ao finalizar esta se lles incrementaban as taxas e as cargas
fiscais para financiar a recuperación da metrópole.
Precisamente, un dos primeiros feitos no proceso da independencia é o simbólico
no que un grupo de colonos protesta contra as taxas que gravaban ese produto botando
ao mar un cargamento de té británico no porto de Boston.
entre os colonos e a metrópole, na que destacarán figuras coma George
1776 coa firma da
Declaración de Independencia de Estados Unidos
de xullo por parte dos representantes das Trece Colonias no Congreso Continental de Filadelfia. A
guerra foi longa e rematou en 1783 coa
Paz de París
, na que Gran Bretaña recoñeceu finalm
independencia. Catro anos máis tarde, en 1787, aprobouse a
Constitución
primeira da historia, que recollía os principios do liberalismo
SOCIAIS. TEMA 2.REVOLUCIÓNS LIBERAIS
que na costa leste de América do Norte
partir do século XVII, estaban sometidas
economicamente aos intereses da metrópole, mais foron desenvolvendo uns vencellos entre elas
guerra dos Sete Anos
entre Francia e
1763), conflito que rematou coa vitoria británica e, consecuentemente, coa
perda por parte de Francia da meirande parte das súas posesións en América. Porén, a guerra
tamén provocou un gran descontento nas Trece Colonias, que viron como, a pe
sar da súa
colaboración durante a contenda, ao finalizar esta se lles incrementaban as taxas e as cargas
Precisamente, un dos primeiros feitos no proceso da independencia é o simbólico
motín do
no que un grupo de colonos protesta contra as taxas que gravaban ese produto botando
entre os colonos e a metrópole, na que destacarán figuras coma George
Declaración de Independencia de Estados Unidos
o 4
de xullo por parte dos representantes das Trece Colonias no Congreso Continental de Filadelfia. A
, na que Gran Bretaña recoñeceu finalm
ente a
Constitución
de Estados Unidos, a
SOCIAIS. TEMA 2.REVOLUCIÓNS LIBERAIS
ACTIVIDADES
1.- Responde as seguintes preguntas:
Cales eran as 13 colonias?
Que foi o motín do té e por que se produciu?
Cando se redactou a Constitución dos EEUU? Que ten de particularidade esta Constitución?
2.- Lemos o seguinte texto recollidos da Declaración de Independencia dos EEUU e respondemos
as preguntas:
Temos como evidentes por si mesmas estas verdades: que todos os homes nacen iguais; que o seu
Creador lles deu certos dereitos inalienables, entre eles a vida, a liberdade e a procura da
felicidade; que para garantir estes dereitos os homes instituen entre eles gobernos cuxo xusto
poder emana do consentimento dos gobernados; que se un goberno, calquera que sexa a forma,
chega a descoñecer estes fins, o pobo ten dereito de modificalo ou de abolilo e de instituir un novo
goberno que se funde sobre tales principios […]
A historia do actual rei de Gran Bretaña é unha serie de inxustizas e de usurpacións, tendo todas
directamente por obxecto o establecemento dunha tiranía absoluta sobre estes estados. En
consecuencia, nós, os representantes de Estados Unidos de América, reunidos en Congreso Xeral,
publicamos e declaramos solemnemente, en nome e pola autoridade do bo pobo destas colonias,
que estas colonias unidas son e de dereito deben ser estados libres e independentes […]E para
soster esta Declaración, cunha firme confianza na protección da Divina Providencia,
comprometemos mutuamente as nosas vidas, as nosas fortunas e a nosa sacra honra.
Quen e cando se escribiu?
Que se recoñecen como verdades evidentes?
Por que decidiron independizarse de Inglaterra?
2.- Busca información sobre as seguintes figuras históricas, anotando a súa relación coa
independencia dos Estados Unidos de América: George Washington, Thomas Jefferson, George III,
Luis de Uganza, Willian Howe, Betsy Ross.
SOCIAIS. TEMA 2.REVOLUCIÓNS LIBERAIS

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

A independencia dos Estados Unidos de América

(Proxectamos vídeo sobre a independencia dos EEUU (5') "La cuna de Halicarnaso". https://www.youtube.com/watch?v=j2yriUGRjYg) A orixe dos actuais Estados Unidos está nas trece colonias que na costa leste de América do Norte posuían os británicos. Estas colonias, establecidas a partir do século XVII, estaban sometidas economicamente aos intereses da metrópole, mais foron desenvolvendo uns vencellos entre elas cada vez máis intensos.

Nova Canada English colonies: Scotia Thirteen Colonies Great New Hampshire New York Massachusetts ak Kot Other English colonies Rhode Island Main cities: 2 3 Connecticut 1. Boston Indian New Jersey Territories Delaware Virginia Maryland 3. Philadelphia Louisiana Mississippi South 4. Baltimore Carolina 5 Georgia Atlantic Ocean Spanish colonies Florida Gulf of Mexico 0 500 1000 km As causas da independencia dos EUA deben buscarse na guerra dos Sete Anos entre Francia e Gran Bretaña (1756-1763), conflito que rematou coa vitoria británica e, consecuentemente, coa perda por parte de Francia da meirande parte das súas posesións en América. Porén, a guerra tamén provocou un gran descontento nas Trece Colonias, que viron como, a pesar da súa colaboración durante a contenda, ao finalizar esta se lles incrementaban as taxas e as cargas fiscais para financiar a recuperación da metrópole. Precisamente, un dos primeiros feitos no proceso da independencia é o simbólico motín do té (1773), no que un grupo de colonos protesta contra as taxas que gravaban ese produto botando ao mar un cargamento de té británico no porto de Boston. A posterior guerra entre os colonos e a metrópole, na que destacarán figuras coma George Washington, comezará en 1776 coa firma da Declaración de Independencia de Estados Unidos o 4 de xullo por parte dos representantes das Trece Colonias no Congreso Continental de Filadelfia. A guerra foi longa e rematou en 1783 coa Paz de París, na que Gran Bretaña recoñeceu finalmente a independencia. Catro anos máis tarde, en 1787, aprobouse a Constitución de Estados Unidos, a primeira da historia, que recollía os principios do liberalismo Pennsylvania 2. New York Appalachians North Carolina 5. Charleston

Actividades sobre a independencia dos EUA

Preguntas sobre a independencia dos EUA

  1. Responde as seguintes preguntas:
    • Cales eran as 13 colonias?
    • Que foi o motín do té e por que se produciu?
    • Cando se redactou a Constitución dos EEUU? Que ten de particularidade esta Constitución?
  2. Lemos o seguinte texto recollidos da Declaración de Independencia dos EEUU e respondemos as preguntas: Temos como evidentes por si mesmas estas verdades: que todos os homes nacen iguais; que o seu Creador lles deu certos dereitos inalienables, entre eles a vida, a liberdade e a procura da felicidade; que para garantir estes dereitos os homes instituen entre eles gobernos cuxo xusto poder emana do consentimento dos gobernados; que se un goberno, calquera que sexa a forma, chega a descoñecer estes fins, o pobo ten dereito de modificalo ou de abolilo e de instituir un novo goberno que se funde sobre tales principios [ ... ] A historia do actual rei de Gran Bretaña é unha serie de inxustizas e de usurpacións, tendo todas directamente por obxecto o establecemento dunha tiranía absoluta sobre estes estados. En consecuencia, nós, os representantes de Estados Unidos de América, reunidos en Congreso Xeral, publicamos e declaramos solemnemente, en nome e pola autoridade do bo pobo destas colonias, que estas colonias unidas son e de dereito deben ser estados libres e independentes [ ... ]E para soster esta Declaración, cunha firme confianza na protección da Divina Providencia, comprometemos mutuamente as nosas vidas, as nosas fortunas e a nosa sacra honra.
    • Quen e cando se escribiu?
    • Que se recoñecen como verdades evidentes?
    • Por que decidiron independizarse de Inglaterra?

Figuras históricas da independencia dos EUA

  1. Busca información sobre as seguintes figuras históricas, anotando a sua relación coa independencia dos Estados Unidos de América: George Washington, Thomas Jefferson, George III, Luis de Uganza, Willian Howe, Betsy Ross.

A Revolución Francesa

Fases da Revolución Francesa

Daniel Gomez Valle Oposición da nobreza á reforma fiscal Constitución de 1791 República NAPOLEÓN División de poderes Proclamación da República Primeiro, Cónsul; despois, Emperador Convocatoria dos Estados Xerais Soberanía nacional Dominio xirondino e execución do rei Figura contradictoria: elimina algúns principios revolucionarios e asenta outros (Código Civil) Sufraxio censatario Dominio xacobino (TERROR) O Terceiro Estado proclámase Asemblea Nacional Dereitos fundamentais DIRECTORIO: República moderada A expansión militar estende os principios revolucionarios Toma da Bastilla (14-VII-1789) Monarquía constitucional CONSULADO: xorde Napoleón As monarquías absolutas e o nacionalismo provocan a súa fin Desmantelamento do Antigo Réxime

A Revolución Francesa de 1789 supuxo a destrución do Antigo Réxime . As causas da Revolución Francesa hai que buscalas na crise estrutural do Antigo Réxime, que se concreta en:

  • CRISE SOCIAL: As estreitas marxes de promoción social dos estamentos xeraran un gran descontento na burguesía que, malia a súa posición económica, estaba relegada ao chanzo máis baixo da sociedade do Antigo Réxime. Pola súa parte, o campesiñado e os grupos populares, que constituían a maioría da poboación, sustentaban economicamente todo o sistema debido a unha enorme presión tributaria e a cargas de orixe feudal, co que o seu descontento é paralelo ao da burguesía.
  • CRISE ECONÓMICA: As malas colleitas da década de 1780 provocaron unha alza continuada de prezos que asfixiou aínda máis ao campesiñado e aos grupos populares urbanos.
  • CRISE POLÍTICA: O Estado francés estaba nunha situación de creba dado que os ingresos non acadaban os niveis dos gastos. Ante esta situación o monarca francés buscará, sen éxito, a colaboración dos estamentos privilexiados, dado que no Antigo Réxime clero e nobreza estaban exentos do pago de taxas. Paralelamente, as ideas liberais derivadas da Ilustración cuestionaban o poder absoluto do monarca e a soberanía baseada na orixe divina do seu poder.

Esta crise xeneralizada agudízase coa convocatoria dos Estados Xerais por parte de Luis XVI, institución de carácter consultivo da que o monarca pretendía obter recursos para paliar o déficit do Estado coa colaboración de todos os estamentos. O fracaso do monarca vese acompañado pola revolta do Terceiro Estamento, que aplica o principio da soberanía nacional ao declararse Asamblea Nacional. O proceso de demolición do Antigo Réxime estaba en marcha e tivo o seu detonante simbólico na rúa, cando o 14 de xullo de 1789 o pobo de París asalta a prisión da Bastilla, símbolo do absolutismo monárquico. Mentres a revolución se espalla por todo o territorio francés, tanto urbano coma rural, a Asemblea Nacional vai dando pasos para a destrución do Antigo Réxime, entre os que se pode destacar a abolición do réxime feudal ou a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, que consagra como fundamentais a igualdade, a liberdade e a propiedade. En 1791 promúlgase a primeira Constitución francesa, na que se establecía unha monarquía constitucional baseada na soberanía nacional e na división de poderes. Esta monarquía será breve pola continua oposición do monarca, remiso a compartir o poder e favorable a unha intervención militar estranxeira que rematase coa revolución. Así, entre 1992 e 1804 terá lugar a I República francesa, na que o monarca será executado e os revolucionarios comezan a dividirse en función da profundidade e ritmo dos cambios que pretenden. Xérase así un período marcado pola inestabilidade no que gobernarán os moderados (xirondinos) e tamén os radicais (xacobinos), e que se complica aínda máis pola guerra contra as potencias estranxeiras. Neste contexto terá lugar o ascenso dos militares; e será un xeneral, Napoleon Bonaparte, quen rematará por dar un golpe de Estado en 1799 e por dirixir Francia ata 1815. Este foi un período moi complexo, caracterizado por dous feitos centrais:

  • Por unha banda, Napoleón asenta os principios do liberalismo en Francia (Código Civil de 1804).
  • Por outra, coróase emperador e comeza unha política de conquista de Europa co obxectivo de espallar os ideais da Revolución Francesa.

( vídeo (5') da Canle "Daniel al Aparato" https://www.youtube.com/watch?v=VR RWeqSvfc) sobre a figura Napoleón e a situación en Europa na época Os éxitos militares de Napoleón fronte a todas as potencias europeas (agás Gran Bretaña) e as súas conquistas remataron tralas súas derrotas en Leipzig (1813) e Waterloo (1815). As monarquías europeas absolutistas como Austria, Prusia, Rusia ou España conseguiron así vencer a Napoleón, pero non puideron deter o inexorable avance das ideas revolucionarias que, antes ou despois, acabarían con elas.

Actividades sobre a Revolución Francesa

Liña do tempo da Revolución Francesa

  1. Creación dunha liña do tempo no que tes que situar os seguintes acontecementos da revolución francesa: Na parte inferior do eixe horizontal, as fases da Revolución francesa: Asemblea Nacional Constituinte, Asemblea Lexislativa, Convención, Directorio Na parte superior do eixe horizontal: 1ª Constitución francesa, Convocatoria dos Estados Xerais, Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadan, O Terceiro Estado se erixe en Asemblea Nacional, O rei fuxe de París e é arrestado en Varennes, Toma da Bastilla, Promulgación da 1ª República, Os xacobinos toman o poder, Execución de Robespierre, Luis XVI é guillotinado, Golpe de Estado de Napoleón (Os acontecementos non están ordeados cronoloxicamente. Para facer a liña do tempo podes consultar a información nos seguintes enlaces: https://descargas.intef.es/recursos educativos/It didac/Geo Hist ESO/4/02/Las revoluciones li berales y el nacionalismo/fases de la revolucin francesa.html https://www.laguia2000.com/francia/cronologia-de-la-revolucion-francesa

Termos da Revolución Francesa

  1. Define os seguintes termos relacionados coa Revolución francesa: Comuna de París, xirondinos, xacobinos, sans-culottes.

Personaxes da Revolución Francesa

  1. Busca información sobre os seguintes personaxes da Revolución francesa: Luis XVI, María Antonieta, 'Maximilien de Robespierre, Marques de la Fayette, Jean-Paul Marat, Georges acques Danton, Joseph Ignace Guillotin.

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.