A Biosfera: vida na Terra, características e estrutura celular

Documento de Bacharelato sobre A Biosfera. O Pdf explora o concepto de biosfera, as condicións que fan posible a vida na Terra e as características fundamentais dos seres vivos, incluíndo a súa composición química e a estrutura celular, distinguindo entre células procariotas e eucariotas, animais e vexetais.

See more

11 Pages

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
UNIDADES 5 e 6:
A BIOSFERA
- 2 -
A BIOSFERA
A BIOSFERA é o conxunto dos seres vivos do planeta Terra e o medio físico que os rodea.
A biosfera non é realmente unha “capa” da Terra, forma parte da codia terrestre, da hidrosfera e da
atmosfera.
A VIDA NA TERRA É POSIBLE GRAZAS A:
Presenza de auga líquida, xa que é esencial para a vida.
Distancia óptima do Sol, que achega luz para realizar a fotosíntese.
Presenza dunha atmosfera protectora, que filtra as radiacións nocivas e, mediante o efecto
invernadoiro natural, mantén as temperaturas axeitadas para a vida.
Presenza de osíxeno (para respirar) e dióxido de carbono (para a fotosíntese) na atmosfera.
CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS
Os seres vivos teñen en común as seguintes características:
Formados por moléculas orgánicas e inorgánicas. Os bioelementos son os elementos
químicos esenciais dos seres vivos: carbono (C), hidróxeno (H), osíxeno (O), nitróxeno (N),
fósforo (P) e xofre (S).
Formados por células. Esta é a unidade máis pequena dos seres vivos. Son unicelulares
aqueles seres vivos formados por unha soa célula. Exemplo: bacterias. Son pluricelulares
aqueles que están formados por máis dunha célula. Exemplo: seres humanos.
Realizan as funcións vitais. Estas son: nutrición, relación e reprodución.
COMPOSICIÓN DOS SERES VIVOS:
Os seres vivos están formados por dous tipos de compostos: orgánicos e inorgánicos.
Compostos inorgánicos: están presentes tanto nos seres vivos como na materia inerte (non
viva). Exemplo: auga e sales minerais.
Compostos orgánicos: son exclusivos dos seres vivos e da materia que estes producen
(como a madeira, aínda que xa non estea nun ser vivo). Hai varios grupos de compostos
orgánicos:
Glícidos ou hidratos de carbono
Lípidos ou graxas
Proteínas
Ácidos nucleicos

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

UNIDADES 5 e 6: A BIOSFERAA BIOSFERA

A BIOSFERA é o conxunto dos seres vivos do planeta Terra e o medio físico que os rodea. A biosfera non é realmente unha "capa" da Terra, forma parte da codia terrestre, da hidrosfera e da atmosfera.

A VIDA NA TERRA É POSIBLE GRAZAS A

  • Presenza de auga líquida, xa que é esencial para a vida.
  • Distancia óptima do Sol, que achega luz para realizar a fotosíntese.
  • Presenza dunha atmosfera protectora, que filtra as radiacións nocivas e, mediante o efecto invernadoiro natural, manten as temperaturas axeitadas para a vida.
  • Presenza de osíxeno (para respirar) e dióxido de carbono (para a fotosíntese) na atmosfera.

CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS

Os seres vivos teñen en común as seguintes características:

Formados por moleculas organicas e inorgánicas. Os bioelementos son os elementos químicos esenciais dos seres vivos: carbono (C), hidróxeno (H), osíxeno (O), nitróxeno (N), fósforo (P) e xofre (S). Formados por celulas. Esta e a unidade mais pequena dos seres vivos. Son unicelulares aqueles seres vivos formados por unha soa célula. Exemplo: bacterias. Son pluricelulares aqueles que están formados por mais dunha célula. Exemplo: seres humanos. Realizan as funcións vitais. Estas son: nutrición, relación e reprodución.

COMPOSICIÓN DOS SERES VIVOS

Os seres vivos están formados por dous tipos de compostos: orgánicos e inorgánicos.

  • Compostos inorgánicos: están presentes tanto nos seres vivos como na materia inerte (non viva). Exemplo: auga e sales minerais.
  • Compostos orgánicos: son exclusivos dos seres vivos e da materia que estes producen (como a madeira, ainda que xa non estea nun ser vivo). Hai varios grupos de compostos orgánicos:
    • Glícidos ou hidratos de carbono
    • Lípidos ou graxas
    • Proteínas
    • Ácidos nucleicos

- 2 -

AS FUNCIÓNS VITAIS

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Permite aos seres vivos incorporar materia para crecer e renovar as estruturas danadas e obter enerxía para realizar todas as actividades vitais. A nutrición pode ser:

  • Autótrofa. Os seres autótrofos captan a enerxía do exterior e utilizana para transformar sustancias inorgánicas (auga, dióxido de carbono e sales minerais) na súa propia materia orgánica. Segundo como consigan a enerxía falamos de fotosíntese, cando utilizan a enerxía da luz solar, ou de quimiosíntese se obteñen a enerxía de reaccións químicas. Son autótrofas as plantas, as algas e algunhas bacterias.

SERES VIVOS AUTÓTROFOS

PLANTAS ALGAS ALGUNHAS BACTERIAS

  • Heterótrofa. Os seres heterótrofos necesitan tomar os alimentos a partir doutros seres vivos para obter a materia orgánica e a enerxía para realizar as súas funcións vitais. Segundo a forma de alimentarse, os seres heterótrofos poden ser herbívoros, carnívoros, superdepredadores, parasitos, saprofitos ou descomponedores. Son heterótrofos os animais, os fungos, os protozoos e moitas bacterias.

SERES VIVOS HETERÓTROFOS

ANIMAIS FUNGOS PROTOZOOS MOITAS BACTERIAS

- 3 -

FUNCIÓN DE RELACIÓN

É a capacidade que teñen os seres vivos de percibir información do medio externo ou interno e orixinar unha resposta para adaptarse aos posibles cambios. Chamamos estímulo á información que o ser vivo percibe do medio. As respostas dos seres vivos ante os estímulos poden ser movementos o segregar algunha substancia.

FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN

É a capacidade que teñen os seres vivos para formar novos individuos semellantes a eles. A reprodución pode ser:

  • Asexual. A partir dun individuo orixínanse dous ou máis descendentes.
  • Sexual. Necesitanse dous individuos de distinto sexo, os cales producen células sexuais ou gametos que tras a sua unión dan lugar a novos individuos.

A CÉLULA

As células son as estruturas dos seres vivos mais pequenas capaces de realizar as funcións vitais. Segundo a teoría celular:

  • A célula é a unidade estrutural dos seres vivos, as células forman todas as estruturas vivas.
  • A célula é a unidade funcional dos seres vivos, a través delas realizamos as funcións vitais.
  • Todas as células proceden da división doutra célula.

Todas as células posúen tres estruturas básicas: membrana plasmática, citoplasma e material xenético. O tamaño dos seres vivos non está relacionado co tamaño das súas células. Os seres vivos máis grandes simplemente teñen máis células. A forma e estruturas que teñen as células está relacionada coa súa función.

Glóbulos vermellos Células nerviosas (neuronas) Células musculares

- 4 -

TIPOS DE CÉLULAS

Hai células procariotas e eucariotas:

  • Células procariotas. Son as células mais sinxelas, case non teñen orgánulos e o seu material xenético (ADN) está disperso no citoplasma. Son as células das bacterias.

membrana plasmática material xenético (ADN) ribosomas citoplasma parede celular flaxelo cilios

  • Células eucariotas. Son células mais complexas, con moitos orgánulos e nas que o material xenético está protexido no núcleo. Os protozoos, algas, fungos, animais e plantas posúen células eucariotas. Hai dous tipos de células eucariotas: Célula animal: propia de animais, fungos e protozoos. Célula vexetal: propia de plantas e algas.

ESTRUTURAS E ORGÁNULOS COMÚNS Á CÉLULA ANIMAL E VEXETAL

MEMBRANA PLASMÁTICA Limita a célula e permite os intercambios co medio exterior.

CITOPLASMA Líquido viscoso que contén os orgánulos; nel prodúcense algunhas reaccións do metabolismo celular.

NÚCLEO Protexe o material xenético (ADN) que contén a información para o ser vivo e transmitese aos descendentes.

RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO Participa na síntese e transporte de substancias; pode ser liso ou rugoso (este último con ribosomas adheridos).

APARELLO DE GOLGI Serve para segregar substancias ao exterior da célula.

MITOCONDRIAS Encarganse de producir enerxía mediante o proceso de respiración celular *.

VACÚOLOS Acumulan substancias de reserva ou refugallos. Son máis importantes nas células vexetais.

RIBOSOMAS Son pequenos orgánulos nos que se sintetizan as proteínas.

CÉLULA ANIMAL

CENTROSOMA Participa na división celular.

CÉLULA VEXETAL

PAREDE CELULAR Prótese e da forma á célula vexetal.

LISOSOMAS Descomponen OS compostos orgánicos noutros mais sinxelos (dixestión celular).

CLOROPLASTOS Encargados da fotosíntese. Conteñen un pigmento verde, a clorofila, que capta a enerxía luminosa para a fotosíntese.

* Respiración celular: é o proceso no cal os compostos orgánicos reaccionan co osíxeno e liberan a enerxía que conteñen nos seus enlaces. Parte da enerxía pérdese en forma de calor, pero a maioría é utilizada pola célula. Durante a reacción producese dióxido de carbono que é expulsado ao exterior.

- 5 -

ESTRUTURAS RELACIONADAS CO MOVEMENTO CELULAR

FLAXELOS Prolongacións da membrana finas e longas; normalmente hai poucos.

CILIOS Prolongacións da membrana moi curtas e numerosas.

PSEUDÓPODOS Prolongacións do citoplasma que permiten o movemento ameboide.

CÉLULA ANIMAL

Membrana nuclear Lisosomas Mitocondrias Vacúolos Nucleolo Cromatina Poro Núcleo Membrana plasmática Centrosomas Retículo E. Rugoso fibras intermedias A. de Golgi R.E. Liso Microfilamentos Ribosomas Microtúbulos

CÉLULA VEXETAL

retículo endoplasmático liso membrana nuclear pared celular vacuola mitocondria cloroplasto núcleo aparato de Golgi ribosoma membrana plasmática retículo endoplasmático rugoso

- 6 -

A CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS

Taxonomía: é a ciencia que se encarga de clasificar aos seres vivos. Para estudar aos seres vivos os clasificamos en grupos, que a sua vez incluímos en grupos máis grandes e así sucesivamente; é unha clasificación xerárquica. O grupo máis pequeno é a especie e o máis grande o reino.

Especie: Lynx pardinus Género: Lynx Familia: Felidae Orden: Carnivora Clase: Mammalia Filo: Chordata Reino: Animalia

Categorias taxonómica REINO ANIMAL FILUM CORDADOS Espécie: Canis lupus Ginero Canis CLASE MAMÍFEROS Famila Canidae Ordem: Carnivora ORDEN PRIMATES Classe Mammalia FAMILIA HOMÍNIDOS Filo Chordfata GÉNERO HOMO Reino. Animalia ESPECIE HOMO SAPIENS

Especie: é o conxunto de individuos moi parecidos entre si, capaces de reproducirse entre eles e orixinar novos individuos fértiles, é dicir, que tamén se poden reproducir. Normalmente chamamos as especies por un nome común, cada un no seu idioma. Pero isto pode dar lugar a equívocos, por iso, na ciencia utilizase o nome científico que é único e universal: consta de dúas palabras, normalmente en latín, a primeira fai referencia ao xénero e escríbese empezando por maiúscula; e a segunda palabra fai referencia á especie e escríbese en minúscula. Exemplos: Homo sapiens (ser humano), Canis familiaris (can), etc

Tigre (Panthera tigris)

- 7 -

REINOS DOS SERES VIVOS

Reino Exemplos Procariota ou eucariota Unicelular ou pluricelular Autótrofo ou heterótrofo MONERAS Bacterias Procariota Unicelular Autótrofo ou heterótrofo FUNGOS Cogomelos, mofo, lévedos, etc. Eucariota Unicelular ou pluricelular Heterótrofo PROTOCTISTAS Protozoos Eucariota Unicelular Heterótrofo Algas Eucariota Unicelular ou pluricelular Autótrofo VEXETAL Musgos, fentos, árbores, etc. Eucariota Pluricelular Autótrofo ANIMAL Invertebrados e vertebrados Eucariota Pluricelular Heterótrofo

(Excluímos desta clasificación aos VIRUS porque son formas acelulares - non teñen estrutura de célula - e parasitos obrigados - só se poden reproducir dentro da célula dun ser vivo e ademais non realizan as tres funcións vitais -)

A BIODIVERSIDADE

A BIODIVERSIDADE é a variedade de seres vivos que habitan no noso planeta. A humanidade depende dela xa que é a base da nosa alimentación (agricultura, gandería e pesca) e utilizamos recursos procedentes dos seres vivos en industrias, madeira, roupa, medicamentos, etc. Con todo, as actividades humanas provocan a perda da biodiversidade como consecuencia da destrución de hábitats naturais, agricultura intensiva, contaminación do aire ou da auga, etc. Como consecuencia, nas últimas décadas o número de especies en perigo de extinción, que corren o risco de desaparecer para sempre, está aumentando de forma alarmante. Non se deben confundir coas especies endémicas, que son aquelas propias dun territorio e non se dan noutras zonas do planeta; ao existir unicamente en certa zona poden correr risco, pero non necesariamente están en perigo de extinción. A tartaruga mediterránea ou o oso panda son duas especies en perigo de extinción. O piñeiro canario ou o tritón ibérico son exemplos de especies endémicas

- 8 -

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.