6 Ep Ciencias Da Natureza: nutricin humana e funcins vitais

Documento sobre 6 Ep Ciencias Da Natureza, explorando a nutricin humana e as funcins vitais. O Pdf, dirixido a estudantes de Educacin primaria en Ciencias, detalla a estrutura celular, os aparellos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor, e as enfermidades do sistema circulatorio.

See more

18 Pages

6º EP CIENCIAS DA NATUREZA
1
Resumo
Unidade 3. Nutrímonos
O corpo humano é un marabilloso e complexo crebacabezas. Porén, a diferenza dos
crebacabezas de verdade, cada unha das súas pezas está viva.
Está formado por moitas, moitísimas pezas: as células. Son billóns. Estas diminutas unidades
de vida organízanse, coordínanse e traballan unindo forzas. Con elas constrúense os nosos
tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e, en definitiva, o noso corpo.
Nesta unidade propoñémosche un reto: analizar a actividade dunha das nosas células.
Fixarémonos nunha delas, unha calquera, por exemplo, unha das moitas neuronas que forman
o sistema nervioso.
A nosa neurona forma parte dun nervio e é especialista en recibir e transmitir información a
outras neuronas.
Como xa sabes, as células animais non son capaces de fabricar o seu propio alimento, así que
para mantérense con vida deben obter os nutrientes da súa contorna. Úsanos para obteren a
materia e a enerxía que lles fan falta para realizar as funcións vitais.
Como fará a neurona? Como chegarán os nutrientes ata ela?
O ser humano é un ser vivo e, polo tanto, realiza as tres funcións vitais:
Función de nutrición
Función de relación
Función de reprodución
UNHA CÉLULA DO NOSO CORPO
SIGNIFICADO DA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
6º EP CIENCIAS DA NATUREZA
2
Resumo
O ser humano é un ser vivo pluricelular. Está formado por células que se organizan en tecidos.
Os tecidos forman órganos e estes, á súa vez, aparatos e sistemas.
Os aparatos e sistemas realizan diferentes funcións de modo coordinado para que o corpo
funcione e se manteña san.
Mediante a función de nutrición o organismo:
Obtén enerxía para realizar as funcións vitais.
Obtén substancias, é dicir materia, que usa como materiais para reparar tecidos e
crecer ou para regular funcións e manterse san. Por exemplo o calcio é necesario para
que os músculos se movan.
Ao realizar a función de nutrición prodúcense substancias de refugallo que son expulsadas.
Para realizar a función de nutrición é necesaria a implicación de varios aparatos que realizan
diferentes procesos:
Aparato dixestivo: realiza a dixestión.
Aparato respiratorio: realiza a respiración.
Aparato circulatorio: realiza a circulación.
Aparato urinario e outros órganos excretores: realizan a excreción.
No seguinte esquema vemos como se coordinan para realizar a función de nutrición.
A función de nutrición

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

Unidade 3. Nutrímonos

Unha célula do noso corpo

O corpo humano é un marabilloso e complexo crebacabezas. Porén, a diferenza dos crebacabezas de verdade, cada unha das súas pezas está viva. Está formado por moitas, moitísimas pezas: as células. Son billóns. Estas diminutas unidades de vida organízanse, coordínanse e traballan unindo forzas. Con elas construense os nosos tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e, en definitiva, o noso corpo. Nesta unidade proponemosche un reto: analizar a actividade dunha das nosas células. Fixarémonos nunha delas, unha calquera, por exemplo, unha das moitas neuronas que forman o sistema nervioso. A nosa neurona forma parte dun nervio e e especialista en recibir e transmitir información a outras neuronas. Como xa sabes, as células animais non son capaces de fabricar o seu propio alimento, así que para manterense con vida deben obter os nutrientes da sua contorna. Úsanos para obteren a materia e a enerxía que lles fan falta para realizar as funcións vitais. Como fará a neurona? Como chegarán os nutrientes ata ela?

Significado da función de nutrición

O ser humano é un ser vivo e, polo tanto, realiza as tres funcións vitais:

  • Función de nutrición
  • Función de relación
  • Función de reprodución

A función de nutrición

O ser humano é un ser vivo pluricelular. Está formado por células que se organizan en tecidos. Os tecidos forman órganos e estes, a sua vez, aparatos e sistemas. Os aparatos e sistemas realizan diferentes funcións de modo coordinado para que o corpo funcione e se manteña san. Mediante a función de nutrición o organismo:

  • Obtén enerxía para realizar as funcións vitais.
  • Obtén substancias, é dicir materia, que usa como materiais para reparar tecidos e crecer ou para regular funcións e manterse san. Por exemplo o calcio é necesario para que os músculos se movan.

Ao realizar a función de nutrición producense substancias de refugallo que son expulsadas. Para realizar a función de nutrición é necesaria a implicación de varios aparatos que realizan diferentes procesos:

  • Aparato dixestivo: realiza a dixestión.
  • Aparato respiratorio: realiza a respiración.
  • Aparato circulatorio: realiza a circulación.
  • Aparato urinario e outros órganos excretores: realizan a excreción.

No seguinte esquema vemos como se coordinan para realizar a función de nutrición. Auga e alimentos Aparato dixestivo > Feces nutrientes Aparato circulatorio Substancias de refugallo Osíxeno Aparato urinario e outros órganos excretores Ouriños, suor ... Dióxido de carbono Aire aspirado Aparato respiratorio Aire expulsado

Procesos da función de nutrición

  1. A través do aparato dixestivo tomamos alimentos e auga.
  2. No aparato dixestivo os alimentos transformanse en nutrientes. As substancias de refugallo sobrantes expulsanse en forma de feces.
  3. A través do aparato respiratorio aspiramos aire do que extraemos osíxeno.
  4. osíxeno e os nutrientes incorpóranse ao aparato circulatorio que os transporta por todo o corpo ata chegar a todas as células que forman o noso corpo.
  5. As células empregan os nutrientes e o osíxeno para obter a materia e a enerxía que necesitan. Neste proceso xérase dióxido de carbono e outras sustancias de refugallo.
  6. O aparato circulatorio recolle o dióxido de carbono e as demais substancias de refugallo.
  7. dióxido de carbono chega ao aparato respiratorio e é expulsado.
  8. O aparato urinario elimina do sangue outras substancias de refugallo que se expulsan a través do ouriños. O fígado e as glándulas sudoríparas eliminan do sangue o resto das substancias de refugallo.

Dixestión

Os animais non podemos realizar a fotosíntese para elaborarmos o noso alimento senón que nos alimentamos de plantas ou doutros animais. Somos, por tanto, seres vivos heterótrofos. Os alimentos están formados por substancias moi complexas que as nosas células non son quen de empregar directamente. É necesario transformalas noutras máis sinxelas, os nutrientes. A dixestión é o proceso polo que os alimentos e as bebidas que tomamos se descomponen en nutrientes que o corpo pode usar para obter materia e enerxía. O encargado de realizar esta tarefa é o aparato dixestivo. Recordemos que tipo de nutrientes existen e como os obtemos O noso corpo non pode empregar os alimentos directamente, ten que transformalos mediante a dixestión. Así obtemos os nutrientes que son transportados polo aparato circulatorio ata cada unha das nosas células. Cada alimento ten un ou máis nutrientes. Os nutrientes son substancias sinxelas que a célula usa para obter todo o que necesita para vivir:

  • Enerxía: para realizar calquera actividade. Por exemplo, para que o corazón poida cumprir as suas funcións, as células que o forman tenen que ter enerxía que lles permita contraerse e relaxarse. Grazas a estes movementos o corazón late.
  • Materiais: para crecer ou reparar tecidos o noso corpo necesita incorporar substancias que usa como materias.
  • Regular procesos vitais: para que o corpo funcione correctamente necesita incorporar substancias que regulan alguns procesos. Por exemplo controlar a contracción dos músculos, controlar o crecemento, axudar a manter os ósos e tecidos sans ...

Grupos de nutrientes

Os nutrientes pódense dividir en seis grupos: auga, glícidos, proteínas, lípidos, vitaminas e sales minerais.

  • Auga. A auga é o componente maioritario do noso corpo. Cando nacemos o noso corpo ten o 75% de auga e cando somos adultos o 60%. Encontrase tanto nos alimentos líquidos coma nos sólidos. O corpo perde auga nas feces, na suor, nos ouriños ou mediante vapor no aire que expulsamos. A cantidade de auga que se perde depende de factores como a actividade que realizamos ou a temperatura.
  • Sales minerais. Os sales minerais controlan moitos procesos, por exemplo a contracción dos músculos. Tamén forman parte dos ósos. O calcio, o magnesio e o potasio son exemplos de sales minerais.
  • Glícidos. Achegan enerxía ou serven de reserva enerxética.
  • Proteínas. Constituen materiais esenciais para o crecemento e a reparación de tecidos.
  • Lípidos. Son substancias que achegan moita enerxía. Se temos enerxía suficiente empreganse como reserva enerxética. Tamén forman parte da membrana das células.
  • Vitaminas. As vitaminas controlan moitos procesos polo que axudan a manter o noso corpo san e previr enfermidades.

O aparato dixestivo

O aparato dixestivo está formado por:

  1. O tubo dixestivo. Comeza na boca e remata no ano. O tubo vaise especializando ao longo do seu percorrido para realizar diferentes funcións.
  • As glándulas anexas. Son órganos que axudan na dixestión do alimento vertendo ao tubo dixestivo as súas secrecións: glándulas salivares, fígado, vesícula biliar e páncreas. Cando inxerimos alimentos, estes pasan ao interior do tubo dixestivo a través da boca. Iranse desprazando a través del a medida que van sendo dixeridos e se Boca Glándulas salivares Esófago Fígado Estómago Páncreas Intestino groso Intestino delgado Ano absorben os seus nutrientes. As substancias que non se poden dixerir serán expulsadas cara ao exterior a través do ano. Verémolo con detalle a continuación.

Preparándose para a dixestión: a boca

A boca é a primeira parte do tracto dixestivo, onde comeza o proceso de dixestión. O alimento sometese aquí a unha serie de accións para transformalo no bolo alimentario. A mastigación é un proceso que consiste en triturar os alimentos en anacos mais pequenos para poder tragalos e facilitar a sua dixestión. Este proceso realizase grazas aos dentes. Os dentes son órganos duros que están na mandíbula. Existen diferentes tipos de dentes: incisivos, caninos ou cairos, premolares e molares; cada un cunha función específica.

  • Os incisivos son os dentes que normalmente usas para dares bocados e cortares o alimento.
  • Os caninos son puntiagudos, polo que permiten esgazar os alimentos máis duros.
  • Os premolares e os molares son os encargados de triturar e esmiúzar a comida.

Incisivo Canino Premolar Molar Cortan Esgazan Trituran e esmiúzan Os primeiros dentes que aparecen na infancia forman a dentición de leite. Caracterizanse por ser temporais. Pouco a pouco estes dentes vanse substituindo pola dentición definitiva. Incisivos Caninos Premolares Molares 1 Dentición de leite Dentición definitiva

A saliva e a lingua na dixestión

Mentres se mastiga o alimento vaise mesturando coa saliva, un líquido que segregan as glándulas salivares e que axuda na dixestión. A saliva tamén ten unha función de defensa, xa que destrue algunhas bacterias que se atopan nos alimentos. A lingua é un órgano musculoso que fai posible cos seus movementos a mastigación e a mestura dos alimentos coa saliva. O sentido do gusto, localizado na lingua, e o do olfacto, no nariz, permitennos percibir sabores ou olores desagradable nos alimentos, alertándonos de que poderían estar en mal estado. Por suposto, tamén nos fan gozar de sensacións pracenteiras ao comer. Unha vez que se forma o bolo alimentario tragamolo e pasa a través da farinxe cara ao esófago. O avance do bolo alimentario polo esófago producese grazas ás contraccións das capas musculares da súa parede.

Chegada ao estómago

O estómago é o órgano en forma de saco encargado de acoller o bolo alimentario que permanecerá aí varias horas antes de pasar ao intestino. Cando isto aconteza, o bolo alimentario terase transformado en quimo. O estómago actúa sobre o bolo alimentario de dúas maneiras:

  • Cos movementos da musculatura das suas paredes, que removen o seu contido.
  • Producindo no seu interior ácidos e outras substancias, que actúan sobre o bolo alimentario transformandoo en substancias máis sinxelas. Esófago Estómago Intestino O estómago é unha parte do tubo dixestivo especializada na dixestión do alimento. As súas paredes interiores presentan engurras que se van alisando segundo o estómago se enche.

O intestino e a absorción de nutrientes

Cando a comida semidixerida abandona o estómago pasa ao primeiro treito do intestino delgado. Neste momento entran en acción:

  • O páncreas, que é unha glándula alongada e delgada con forma de folla que se encontra detrás do estómago e debaixo do fígado. Unha das súas funcións é producir e liberar no intestino delgado o zume pancreático, un líquido que reduce o quimo procedente do estómago a substancias máis sinxelas.

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.