A Revolución Industrial e as súas transformacións sociais e económicas

Documento de Bacharelato da materia Historia sobre A Revolución Industrial e as Transformacións Sociais. O Pdf explora as causas, características e consecuencias económicas e sociais deste fenómeno, incluíndo o capitalismo e a formación de novas clases sociais.

See more

12 Pages

TEMA IV
A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E AS TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS
O título do tema xa nos indica cales van ser os contidos: “Revolución
Industrial” e “transformacións sociais”, é dicir: un cambio na maneira de
producir e un cambio na sociedade. Para iso imos volver atrás no tempo
(recorda que chegamos vendo as transformacións políticas ata 1870) e imos
ver a parte da historia que non vimos no tema anterior. Volveremos a movernos
polos anos da Revolución francesa, das revolucións liberais, da auxe dos
nacionalismos, pero poñendo o foco na economía, na sociedade, no mundo
laboral, nos modos de vida... Imos deixar a historia dos reis, dos emperadores,
das guerras... para ver o que facía a xente do común.
Antes de entrar nos contidos, quero recordar algo que vimos no primeiro
tema: as transformacións do século XVIII. Falamos, se te acordas, de como
cambiaba a agricultura. Dixemos que se roturaban novas terras, que se
introducían novos cultivos, que se seleccionaban as sementes e as razas, que
aparecían novos aparellos agrícolas, que había interese por parte dos
propietarios por explotar ao máximo as terras... e que, como consecuencia de
todo iso, había un aumento da produción. Este aumento da produción levaba a
un cambio demográfico (Europa pasaba de 110 a 190 millóns de habitantes
nun século) e este a un aumento da demanda, o que obrigaba a un aumento da
produción. Neste feito, que parece sen importancia, e noutros que se producen
paralelamente, como que as terras, coa chegada da burguesía á propiedade,
se convertan nunha mercadoría; como a emigración ás cidades, pola chegada
das máquinas ao campo… vai estar, en boa medida, a orixe da Revolución
Industrial. [ver texto: Os cambios na agricultura]
1.- A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
O concepto de Revolución Industrial foi acuñado polos propios
pensadores do século XIX, e máis concretamente polo pensadores socialistas,
que insisten nos aspectos negativos da revolución: a aparición do proletariado
e a súa explotación. Os pensadores de corte liberal prefiren facer fincapé na
parte técnica e para eles a revolución é, fundamentalmente, o paso de
estruturas agrarias a estruturas industriais. Hai outros historiadores que incluso
rexeitan o termo “revolución industrial” e prefiren falar de “nacemento da
industria moderna”. Sexa como sexa, desde a revolución agrícola-gandeira da
época neolítica, non se dera unha transformación tan importante no sistema de
traballo e na sociedade. Coa Revolución Industrial a cidade substitúe o rural; a
máquina, o traballo manual; a fábrica, o taller,...
Tampouco hai acordo sobre se é un fenómeno que xa rematou ou aínda
está en marcha. Para algúns, a Revolución Industrial é un fenómeno concluído
e limitado no tempo e incluso cunha cronoloxía marcada que iría en Inglaterra,
de 1770/80 a 1830/50; en Francia, de 1790/1800 a 1860/1870; en Alemaña, de
1834/40 a 1870/80; en EEUU, de 1830/40 a 1870/80 e no Xapón, de 1875/80 a
1914 . Para outros, a Revolución Industrial aínda non rematou e sería un
1
proceso formado por varias revolucións que se van sucedendo a modo de
fases. A primeira fase comezaría en Inglaterra no 1770/80, a segunda no 1870
e iría ata 1914. Agora estariamos nunha terceira fase, que comezaría coa
introdución da microinformática nos procesos industriais.
No que si existe acordo é en que a Revolución Industrial comeza en
Inglaterra na segunda metade do século XVIII e desde se vai estender ao
resto do mundo. Por que en Inglaterra? Sinxelamente porque nese país se
deron unha serie de condicións que non se daban no resto de Europa:
tranquilidade política, aumento da poboación e da demanda, abundancia de
materias primas grazas ás colonias, mentalidade empresarial da burguesía
inglesa...
1.1.- Características do proceso de industrialización
O proceso de industrialización que se vai iniciar en 1770 ten moitas
características, pero a nós interésanos fixarnos nas tres máis importantes:
- Emprego masivo de máquinas. Coa Revolución Industrial van
aparecer numerosos inventos mecánicos que van permitir: elevar a
produtividade do traballo humano; substituír a forza muscular de
homes e animais polo emprego de fontes de enerxía (carbón,
electricidade, petróleo...) e explotar novas materias primas. Entre
estes inventos, a estrela, e culpable de boa parte dos cambios
posteriores, será a máquina de vapor inventada por Watt no ano
1769. [ver texto: O emprego masivo de máquinas]
- Á fábrica como lugar de producción. Na sociedade preindustrial, o
lugar de produción era o pequeno taller. Talleres nos que había moi
pouca división do traballo, que tiñan pouca produción, nos que case
non había maquinaria e que tiñan o seu funcionamento regulado
polos gremios, que eran os que fixaban os prezos, os ascensos...
Logo, como alternativa, apareceu un novo xeito de produción
coñecido co nome de putting-out system ou sistema a domicilio.
Neste sistema, a produción realizábase no domicilio dos
traballadores, a meirande parte das veces a tempo parcial,
alternándoo co traballo agrícola. Os empresarios mercaban a materia
1
Estas datas non son para aprender, son para que vexades que ao redor dun feito histórico
pode haber un debate.

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

A Revolución Industrial e as transformacións sociais

TEMA IV A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E AS TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS O título do tema xa nos indica cales van ser os contidos: "Revolución Industrial" e "transformacións sociais", é dicir: un cambio na maneira de producir e un cambio na sociedade. Para iso imos volver atrás no tempo (recorda que chegamos vendo as transformacións políticas ata 1870) e imos ver a parte da historia que non vimos no tema anterior. Volveremos a movernos polos anos da Revolución francesa, das revolucións liberais, da auxe dos nacionalismos, pero poñendo o foco na economía, na sociedade, no mundo laboral, nos modos de vida ... Imos deixar a historia dos reis, dos emperadores, das guerras ... para ver o que facía a xente do común. Antes de entrar nos contidos, quero recordar algo que vimos no primeiro tema: as transformacións do século XVIII. Falamos, se te acordas, de como cambiaba a agricultura. Dixemos que se roturaban novas terras, que se introducían novos cultivos, que se seleccionaban as sementes e as razas, que aparecían novos aparellos agrícolas, que había interese por parte dos propietarios por explotar ao máximo as terras ... e que, como consecuencia de todo iso, había un aumento da produción. Este aumento da produción levaba a un cambio demográfico (Europa pasaba de 110 a 190 millóns de habitantes nun século) e este a un aumento da demanda, o que obrigaba a un aumento da produción. Neste feito, que parece sen importancia, e noutros que se producen paralelamente, como que as terras, coa chegada da burguesía á propiedade, se convertan nunha mercadoría; como a emigración ás cidades, pola chegada das máquinas ao campo ... vai estar, en boa medida, a orixe da Revolución Industrial. [ver texto: Os cambios na agricultura]

A Revolución Industrial: concepto e fases

1 .- A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL O concepto de Revolución Industrial foi acuñado polos propios pensadores do século XIX, e máis concretamente polo pensadores socialistas, que insisten nos aspectos negativos da revolución: a aparición do proletariado e a súa explotación. Os pensadores de corte liberal prefiren facer fincapé na parte técnica e para eles a revolución é, fundamentalmente, o paso de estruturas agrarias a estruturas industriais. Hai outros historiadores que incluso rexeitan o termo "revolución industrial" e prefiren falar de "nacemento da industria moderna". Sexa como sexa, desde a revolución agrícola-gandeira da época neolítica, non se dera unha transformación tan importante no sistema de traballo e na sociedade. Coa Revolución Industrial a cidade substitúe o rural; a máquina, o traballo manual; a fábrica, o taller, ...Tampouco hai acordo sobre se é un fenómeno que xa rematou ou aínda está en marcha. Para algúns, a Revolución Industrial é un fenómeno concluído e limitado no tempo e incluso cunha cronoloxía marcada que iría en Inglaterra, de 1770/80 a 1830/50; en Francia, de 1790/1800 a 1860/1870; en Alemaña, de 1834/40 a 1870/80; en EEUU, de 1830/40 a 1870/80 e no Xapón, de 1875/80 a 19141. Para outros, a Revolución Industrial aínda non rematou e sería un proceso formado por varias revolucións que se van sucedendo a modo de fases. A primeira fase comezaría en Inglaterra no 1770/80, a segunda no 1870 e iría ata 1914. Agora estariamos nunha terceira fase, que comezaría coa introdución da microinformática nos procesos industriais. No que si existe acordo é en que a Revolución Industrial comeza en Inglaterra na segunda metade do século XVIII e desde aí se vai estender ao resto do mundo. Por que en Inglaterra? Sinxelamente porque nese país se deron unha serie de condicións que non se daban no resto de Europa: tranquilidade política, aumento da poboación e da demanda, abundancia de materias primas grazas ás colonias, mentalidade empresarial da burguesía inglesa ...

Características do proceso de industrialización

1.1 .- Características do proceso de industrialización O proceso de industrialización que se vai iniciar en 1770 ten moitas características, pero a nós interésanos fixarnos nas tres máis importantes:

  • Emprego masivo de máquinas. Coa Revolución Industrial van aparecer numerosos inventos mecánicos que van permitir: elevar a produtividade do traballo humano; substituír a forza muscular de homes e animais polo emprego de fontes de enerxía (carbón, electricidade, petróleo ... ) e explotar novas materias primas. Entre estes inventos, a estrela, e culpable de boa parte dos cambios posteriores, será a máquina de vapor inventada por Watt no ano 1769. [ver texto: O emprego masivo de máquinas]
  • Á fábrica como lugar de producción. Na sociedade preindustrial, o lugar de produción era o pequeno taller. Talleres nos que había moi pouca división do traballo, que tiñan pouca produción, nos que case non había maquinaria e que tiñan o seu funcionamento regulado polos gremios, que eran os que fixaban os prezos, os ascensos ... Logo, como alternativa, apareceu un novo xeito de produción coñecido co nome de putting-out system ou sistema a domicilio. Neste sistema, a produción realizábase no domicilio dos traballadores, a meirande parte das veces a tempo parcial, alternandoo co traballo agrícola. Os empresarios mercaban a materia 1 Estas datas non son para aprender, son para que vexades que ao redor dun feito histórico pode haber un debate.prima e levábanlla á casa aos campesiños para que a transformasen e logo pasaban a recoller os produtos transformados. Desta maneira escapaban ao control dos gremios e os beneficios eran maiores. Porén, coa Revolución Industrial vai aparecer un novo centro de produción: as fábricas. Nestas fábricas as máquinas van ter un papel central, vaise producir en serie e o traballo vai estar especializado, facendo cada obreiro unha parte da cadea.
  • Liberalismo económico. É unha teoría económica formulada, principalmente, por Adam Smith e que vai sentar as bases do capitalismo. Podiamos dicir que é a versión económica do liberalismo político polo que defenden unha liberdade económica absoluta: liberdade de empresa, de comercio, de prezos, de salarios ... Sosteñen que a economía se regula por si soa, en base á lei da oferta e da demanda. O estado non ten que intervir nos asuntos económicos, só actuar de xuíz (resúmese na frase laisser faire, laissez passer) e a man de obra é unha mercadoría máis. [ver texto: O liberalismo económico]

Sectores punteiros da primeira fase da Revolución Industrial

1.2 .- A primeira fase da revolución: sectores punteiros O que imos ver neste punto son os sectores que destacan na primeira fase da Revolución Industrial (1770-1870). Aínda que todos os índices de produción van mellorar neste primeiro momento, haberá tres sectores que van destacar especialmente. Son:

  • O sector textil. A produción textil era xa un dos principais sectores económicos do Antigo réxime. En Inglaterra, que é onde se orixina a Revolución Industrial, existían enormes rabaños de ovellas que producían la para elaborar teas. Pero a finais do XVII vanse poñer de moda unhas teas de algodón estampado coñecidas co nome de indianas, que viñan das colonias. Estas teas facianlle tal competencia ás teas inglesas que chegaron a prohibir a súa importación. A medida tivo como consecuencia que moitos talleres se dedicaran, en Inglaterra, ao fiado, tecido e estampación de teas de algodón (que traían das colonias). Este feito, xunto co aumento da poboación no século XVIII, vai traer consigo un aumento na demanda. Para abastecer esa demanda, vai ser necesario aumentar a produción e para iso vanse facer innovacións técnicas como a lanzadeira voante (inventada por Kay en 1733), como máquinas de fiar, de tecer, máquinas para estampar teas ... Coa aparición destas máquinas, desaparece o vello sistema de produción a domicilio e prodúcese un cambio na materia prima: o algodón substitue a la, xa que o algodón permite máis variedade de tecidos e ten maior adaptabilidade. Comoo algodón procedía das colonias, as industrias textiles vanse situar principalmente en zonas próximas aos portos, como é o caso de Lancashire en Inglaterra e Cataluña en España. [ver texto: A transformación do sector textil]
  • O sector siderometalúrxico. Desde mediados do XVIII incrementouse a demanda de ferro e os sistemas tradicionais de produción eran incapaces de abastecer o mercado. Por ese motivo introducironse innovacións como o uso do coque (hulla queimada) como fonte de calor para a fundición do ferro. Para aumentar a produción vai ser necesario tamén substituir os pequenos talleres por grandes fundicións. O feito de que se poida utilizar a máquina de vapor como motor vai permitir instalar as fundicións en calquera lugar (e non nas beiras dos ríos para aproveitar a enerxía hidráulica, como acontecía antes). Iso vai dar lugar a cidades presididas por altas chemineas, enegrecidas polo fume e construídas en ladrillo. [ver texto: A industria siderometalúrxica]
  • O sector dos transportes. O terceiro grande sector da primeira fase da revolución Industrial vai ser o dos medios de transporte. Tanto a revolución agrícola como a industrial van producir grandes cantidades de excedentes que é preciso levar a outros mercados de maneira rápida, algo que non permitían os medios que existían nesa época. A revolución no mundo do transporte prodúcese no ano 1829, cando Stephenson adapta a máquina de vapor a un invento que xa existía: as vagonetas das minas, e inventa a locomotora. A primeira liña de ferrocarril que se construa vai unir Manchester e Liverpool (1830). En España construirase entre Barcelona e Mataró (1848) e en Galicia entre Santiago e Carril (1873). O século XIX vai ser o século do ferrocarril. [ver texto: A industria dos transportes. O primeiro tren de Galicia] Se no transporte terrestre a máquina de vapor se adaptou rápido, no transporte marítimo vai levar moito mais tempo. Comezouse adaptando aos barcos de transporte fluvial e logo aos barcos de longa distancia. Poren, tardaría moito tempo en desprazar os veleiros, que eran mais rápidos. Para facilitar o transporte marítimo vanse abrir dúas grandes canles: Suez (1869) e Panamá (1914), que se van converter en dous alardes de enxeñería e nun símbolo de progreso.

A segunda fase da Revolución Industrial: características

1.3 .- A segunda fase da revolución Industrial: características Entre o último terzo do século XIX e a I Guerra Mundial vanse producir unha serie de transformacións que permiten falar dunha segunda fase da

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.