Unidade 1. A nosa saúde: funcionamento do corpo e patoloxías

Documento sobre Unidade 1. A nosa saúde, que explora o concepto de saúde e enfermidade, analizando o funcionamento do corpo humano e as causas das patoloxías. O Pdf describe os niveis de organización celular, o sistema inmunitario e os tipos de enfermidades, con foco en patóxenos como bacterias e virus, para Ciencias en Educación primaria.

See more

12 Pages

6º EP CIENCIAS DA NATUREZA
1
Resumo
Unidade 1. A nosa saúde
A preocupación pola saúde e a enfermidade é tan antiga como a propia humanidade.
Desde a Prehistoria homes e mulleres veñen facéndose as mesmas preguntas: como
funciona o noso corpo? Que é o que nos fai enfermar? Como podemos curarnos ou
manternos sans?
As primeiras civilizacións basearon as súas prácticas médicas no uso de remedios naturais e
procedementos máis propios da maxia que da medicina. Pensaban que as enfermidades
tiñan orixes espirituais: castigos dos deuses, rancor doutra persoa...
Civilizacións como a exipcia, a mesopotámica, a grega ou a romana fixeron importantes
contribucións ao avance da medicina.
Foi durante o Renacemento cando se comezou a aplicar o método científico á medicina e,
grazas á existencia da imprenta, os novos coñecementos podían ser difundidos.
Non obstante, foi a partir do século XIX cando os avances en medicina se fixeron máis
notorios.
Tamén foi clave a mellora das medidas hixiénicas: tratamento das augas, construción de
baños, sumidoiros.
Pouco a pouco, co paso dos anos, diferentes descubrimentos e avances técnicos foron
ofrecéndonos algunha resposta e facendo que cada día saibamos un pouco máis sobre a
saúde e a enfermidade. Queres descubrilos? Estupendo, imos aló!
Imaxínaste que aspecto poderían ter setenta e cinco billóns (75 000 000 000 000) de
células? Para responderes esta pregunta non tes máis que mirarte nun espello.
Como xa sabes, os seres humanos somos animais e, como todos os animais, somos seres
vivos pluricelulares. Estamos formados, nin máis nin menos, que por uns 75 billóns de
células, pezas básicas coas que se constrúe o noso corpo.
Algunhas células do noso corpo traballan en solitario, como os espermatozoides que nadan
ata alcanzaren o óvulo, pero a maioría organízase en tecidos. Deste xeito, os grupos de
células únense para realizar unha ou varias funcións comúns. Os tecidos forman órganos e
estes, aparatos e sistemas.
SAÚDE E TECNOLOXÍA
ESTAMOS SANS?
6º EP CIENCIAS DA NATUREZA
2
Resumo
A célula tipo do ser humano é a célula animal. Como xa sabes, ten estas características:
É unha célula de tipo eucariota, xa que posúe un núcleo ben definido rodeado por
unha membrana. Dentro do núcleo atópase o material xenético, responsable de
controlar o funcionamento da célula.
Está rodeada por unha membrana plasmática.
Ten orgánulos no citoplasma que realizan funcións específicas.
Aínda que as células do noso corpo teñen estas características comúns, son moi versátiles e
poden adoptar formas moi diferentes que lles permiten realizar funcións específicas. Aquí
podes ver algúns exemplos:
Célula muscular: Un dos tipos de células musculares son as lisas.
Son células moito máis longas que anchas e teñen forma de fuso.
No seu interior posúen uns filamentos que poden contraerse,
orixinando movemento.
Neurona: As neuronas son células especializadas en recibir e
transmitir información.
Eritrocito: Os eritrocitos, ou glóbulos vermellos, son un dos
poucos tipos de células humanas que non teñen núcleo. A súa
principal misión é transportar o osíxeno ao resto das células.
Óvulo e espermatozoide: O óvulo e o espermatozoide son o
gameto feminino e o masculino.
Son células especializadas na reprodución. Da súa unión
nace un novo ser humano.
Niveis de organización no ser humano

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

SAÚDE E TECNOLOXÍA

A preocupación pola saúde e a enfermidade é tan antiga como a propia humanidade. Desde a Prehistoria homes e mulleres veñen facendose as mesmas preguntas: como funciona o noso corpo? Que é o que nos fai enfermar? Como podemos curarnos ou manternos sans?

As primeiras civilizacións basearon as súas prácticas médicas no uso de remedios naturais e procedementos máis propios da maxia que da medicina. Pensaban que as enfermidades tiñan orixes espirituais: castigos dos deuses, rancor doutra persoa ...

Civilizacións como a exipcia, a mesopotámica, a grega ou a romana fixeron importantes contribucións ao avance da medicina.

Foi durante o Renacemento cando se comezou a aplicar o método científico á medicina e, grazas á existencia da imprenta, os novos coñecementos podían ser difundidos.

Non obstante, foi a partir do século XIX cando os avances en medicina se fixeron máis notorios.

Tamén foi clave a mellora das medidas hixiénicas: tratamento das augas, construción de baños, sumidoiros.

Pouco a pouco, co paso dos anos, diferentes descubrimentos e avances técnicos foron ofrecéndonos algunha resposta e facendo que cada día saibamos un pouco máis sobre a saúde e a enfermidade. Queres descubrilos? Estupendo, imos aló!

ESTAMOS SANS?

Imaxínaste que aspecto poderían ter setenta e cinco billóns (75 000 000 000 000) de células? Para responderes esta pregunta non tes máis que mirarte nun espello.

Como xa sabes, os seres humanos somos animais e, como todos os animais, somos seres vivos pluricelulares. Estamos formados, nin máis nin menos, que por uns 75 billóns de células, pezas básicas coas que se constrúe o noso corpo.

Algunhas células do noso corpo traballan en solitario, como os espermatozoides que nadan ata alcanzaren o óvulo, pero a maioría organízase en tecidos. Deste xeito, os grupos de células únense para realizar unha ou varias funcións comúns. Os tecidos forman órganos e estes, aparatos e sistemas.

Niveis de organización no ser humano

A célula tipo do ser humano é a célula animal. Como xa sabes, ten estas características:

  • É unha célula de tipo eucariota, xa que posúe un núcleo ben definido rodeado por unha membrana. Dentro do núcleo atópase o material xenético, responsable de controlar o funcionamento da célula.
  • Está rodeada por unha membrana plasmática.
  • Ten orgánulos no citoplasma que realizan funcións específicas.

Citoplasma Membrana plasmática Núcleo Orgánulos

Aínda que as células do noso corpo teñen estas características comúns, son moi versátiles e poden adoptar formas moi diferentes que lles permiten realizar funcións específicas. Aquí podes ver alguns exemplos:

  • Célula muscular: Un dos tipos de células musculares son as lisas. Son células moito máis longas que anchas e tenen forma de fuso. No seu interior posúen uns filamentos que poden contraerse, orixinando movemento.
  • Neurona: As neuronas son células especializadas en recibir e transmitir información.
  • Eritrocito: Os eritrocitos, ou glóbulos vermellos, son un dos poucos tipos de células humanas que non teñen núcleo. A súa principal misión é transportar o osíxeno ao resto das células.
  • Óvulo e espermatozoide: O óvulo e o espermatozoide son o gameto feminino e o masculino. Son células especializadas na reprodución. Da súa unión nace un novo ser humano.

Tecidos e órganos

Varias células agrupanse formando tecidos, unindo forzas para realizar unha función común.

Ao igual que no resto dos animais, os humanos/as temos catro tipos básicos de tecidos:

  • Epiteliais: recobren superficies internas ou externas.
  • Conxuntivos: dan soporte e cohesión a estruturas corporais.
  • Musculares: teñen a capacidade de contraerse.
  • Nervioso: especializado en procesar información.

Os órganos son estruturas corporais diferenciadas formadas por máis dun tipo de tecido, que se especializan en realizar unha función dentro do corpo. O fígado, o corazón ou o estómago son algúns exemplos de órganos.

Cando varios órganos traballan en conxunto para realizaren unha función máis complexa forman aparatos ou sistemas.

8 1 7 2 6 5 4 3 Autoría: (4) Jordi March i Nogué | (7) The Emirr | (8) OpenStax College

Como todos os seres vivos, os humanos realizamos as tres funcións vitais. Na imaxe anterior podes ver os órganos e aparatos implicados en cada unha delas:

  • O aparato dixestivo (1), o respiratorio (2), o circulatorio (3) e o urinario (4) son os que participan na función de nutrición.
  • O aparato reprodutor (5) está implicado na función de reprodución.
  • Os órganos dos sentidos (6), o sistema nervioso (7) e o aparato locomotor (8) son os protagonistas durante a función de relación.

Deste modo, un número enorme de células organízase e coordinase para formar o noso corpo. Cando funciona correctamente e cada unha das súas partes realiza a función que lle corresponde, gozamos de boa saúde.

O noso corpo defendese

O sistema inmunitario é o sistema de defensa do noso corpo. Encargase de manternos sans e protexernos fronte a unha ampla variedade de axentes que causan enfermidades. É capaz de recoñecer estes axentes e iniciar respostas encamiñadas a eliminalos.

Este sistema está formado por unha serie de células (como os glóbulos brancos) e órganos (como o bazo ou o timo) repartidos por todo o corpo.

Saúde e enfermidade

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde como "o completo benestar físico, mental e social, e non a mera ausencia de enfermidade".

Por tanto, se algunha parte do noso organismo deixa de realizar a súa función aparecerá unha enfermidade.

Que ocorre cando enfermamos?

Cando caemos enfermos ou enfermas podemos percibir algunhas alteracións no noso organismo. Notámonos cansos ou cansas, temos dor, malestar xeral ou sentímonos mareados ou mareadas. A estes cambios, que só nós somos capaces de percibir, denominámolos síntomas.

Ademais, aparecen algunhas alteracións que outras persoas poden observar, como a febre, a inflamación ou os vómitos. Neste caso falamos de signos.

Algúns signos recoñécense facilmente, pero para describir outros é necesario realizar probas médicas como medir a presión arterial ou realizar unha análise clínica.

Mediante a observación dos síntomas e dos signos pode facerse o diagnóstico da enfermidade, é dicir, determinar a súa natureza.

Se enfermamos e acudimos ao médico ou médica, esta ou esta terá en conta os síntomas que nós lle describimos e tamén os signos que poida observar para elaborar o seu diagnóstico. Basearase neste diagnóstico para decidir cal é o mellor tratamento para nós.

Os tratamentos poden ser de dous tipos:

  • Curativos, se ao seren aplicados fan que recuperemos a saúde.
  • Sintomáticos, se teñen como finalidade aliviar os síntomas.

En moitos casos podemos actuar antes de que as enfermidades se manifesten, tomando medidas preventivas e adoptando hábitos de vida saudables.

Tipos de enfermidades

Se nos fixamos na orixe da enfermidade podemos diferenciar:

  • Enfermidades infecciosas, causadas por patóxenos que invaden o noso corpo e se multiplican nos nosos tecidos. Os patóxenos son maioritariamente microorganismos.
  • Enfermidades non infecciosas, orixinadas por causas diferentes aos patóxenos.

Enfermidades infecciosas e non infecciosas

Enfermidades infecciosas Enfermidades non infecciosas Causas Patóxenos: bacterias, virus ... Diversas Hábitos saudables Prevención Medidas hixiénicas, vacinas e hábitos saudables Detección precoz mediante revisións médicas Tratamento Curativos e sintomáticos Curativos e sintomáticos

ENFERMIDADES INFECCIOSAS

As enfermidades infecciosas están causadas pola invasión do corpo por parte de patóxenos. Para evitar a súa entrada, o noso corpo conta con defensas naturais, que poden ser externas, como o caso da barreira que forma a pel, ou internas, como o sistema inmunitario.

Normalmente, as defensas naturais bloquean o paso dos patóxenos, mais, cando non o logran, prodúcese unha enfermidade. Os patóxenos poden penetrar, por exemplo, a través de feridas, xunto ao alimento que inxerimos, no aire que respiramos, a través dos oídos ou dos xenitais ... Unha vez dentro, propáganse polo corpo e invaden tecidos causando unha enfermidade.

Patóxenos

As enfermidades infecciosas poden estar causadas por virus, bacterias e outros patóxenos como fungos, protozoos, parasitos e prións.

Entre todos eles hai diferencias de tamaño. Os virus son moi pequenos, tanto que se requiren microscopios moi potentes (os electrónicos) para velos. As bacterias e os fungos poden verse con microscopios ópticos e algúns parasitos obsérvanse a simple vista.

Bacterias

As bacterias son microorganismos unicelulares capaces de reproducirse por si mesmas. Son células procariotas que se caracterizan por non posuír un núcleo ben definido.

Na célula eucariota, como na animal e na vexetal, o material xenético está localizado no núcleo e fica rodeado por unha membrana plasmática. Porén, neste caso, o material xenético está libre no citoplasma.

Citoplasma Envolturas Material xenético

As bacterias están por todas as partes, incluso no noso corpo de modo natural, sobre todo na pel e nos intestinos. Moitas delas resultan inofensivas ou incluso beneficiosas. Por exemplo, algunhas axúdannos a dixerir os alimentos, como a flora intestinal, e outras proporciónannos vitaminas. Con todo, unhas poucas poden causar enfermidades.

As bacterias patóxenas multiplícanse rapidamente no noso corpo. Alguns exemplos de enfermidades bacterianas son a escarlatina, a meninxite bacteriana ou algúns tipos de gastroenterite.

Virus

Os virus son microorganismos patóxenos que non se poden reproducir por si mesmos, senón que necesitan infectar unha célula para facelo. Neste proceso, a célula é destruída.

A estrutura dos virus é moi sinxela e non teñen componentes propios da célula como orgánulos ou núcleo.

O arrefriado, a varicela ou o ébola son enfermidades producidas por virus.

Outros patóxenos

  • Fungos: Os fungos normalmente non causan enfermidades graves. Prefiren lugares húmidos e cálidos, polo que infectan zonas como a vaxina ou os espazos entre as dedas dos pés. O pé de atleta é un exemplo de enfermidade causada por fungos.
  • Protozoos: Os protozoos son organismos unicelulares. Son frecuentes en climas cálidos. Poden causar enfermidades como a malaria.
  • Parasitos: Os parasitos son organismos pluricelulares. Un exemplo son as solitarias ou as lombrigas intestinais. Estes parasitos viven no noso intestino e absorben os nutrientes que nós tomamos, usándoos no seu propio beneficio. No caso de parasitos, en vez de infección fálase de infestación.
  • Prions: Os prións non son seres vivos. Trátase de proteínas irregulares que poden causar enfermidades que afectan ao sistema nervioso. En humanos causa, por exemplo, a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob. Os prions poden causar o mal das vacas tolas. Os primeiros casos apareceron en 1986.

Prevención

As enfermidades infecciosas poden supor un risco para a nosa saúde, polo que é fundamental seguir uns hábitos de vida saudables e un programa de vacinación. Algúns consellos para evitalas son:

  • Lava sempre as mans antes de comeres ou manipulares alimentos e despois de ires ao baño.
  • Consume alimentos e bebidas en bo estado.
  • Usa chancos nas piscinas e nos vestiarios.
  • Limpa con produtos desinfectantes aqueles lugares da casa que poidan converterse en focos de infección.
  • De teres animais domésticos, mantenos sans e limpos.
  • Desinfecta as feridas.
  • Sigue unha dieta equilibrada.
  • Fai deporte.
  • Durme unas oito horas ao día.
  • Non consumas alcol nin drogas.
  • Pon as vacinas que che indique o teu médico.

Todos estes consellos axudarán a que as túas defensas funcionen a pleno rendemento, listas para bloquear a entrada de patóxenos no corpo.

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.