Documento da Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Educación e Universidade I.e.s. Da Terra Chá, José Trapero Pardo sobre a Época de Entreguerras, o Fascismo e a Segunda Guerra Mundial. O Pdf, de Historia para Bacharelato, analiza as alteracións económicas e políticas do período, a crise de 1929 e a Gran Depresión, e a ascensión do fascismo e nazismo con figuras clave como Mussolini e Hitler.
See more13 Pages


Unlock the full PDF for free
Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.
Co nome de período de entreguerras denomínase á etapa histórica que comprende desde o final da Primeira Guerra Mundial até o comezo da Segunda Guerra Mundial. Trátase dunha fase que se caracterizou polas fondas alteracións económicas e políticas. Económicas porque logo dos felices anos vinte, de prosperidade, viñeron os triste anos trinta, unha etapa de crise, derivada do crac de 1929, o cal conduciu á Gran Depresión. Políticas porque a democracia liberal se viu atacada pola irrupción da ideoloxía fascista, en Italia e Alemaña, impoñéndose en moitos países europeos solucións ditatoriais. Un panorama convulso que estoupou a finais do verán de 1939, dando comezo unha nova conflagración mundial, da cal o fascismo saíu derrotado.
Despois da Gran Guerra, Europa viu como a súa estrutura económica quedou desarticulada, agudizada pola crise de 1921, que provocou unha forte inflación, coa subida dos prezos, ao igual que o aumento do paro. Deste xeito, Europa rematou perdendo a súa tradicional posición de hexemonía mundial. Ademais, a causa da Primeira Guerra REINO UNIDO Mundial, o vello continente tamén tivo que facer fronte ás 4,7 7,2 múltiples débedas interaliadas. Neste senso, as potencias 3,0 8,1 europeas para facer fronte aos elevados gastos da guerra EE.UU. FRANCIA 4,0 17, ALEMANIA recorreron aos préstamos dos países veciños, así como, sobre todo, de Estados Unidos. Así pois, unha situación económica 3,5 3,2 8,3 |0, 3 complexa que se facía aínda máis intensa no caso de Alemaña El tamaño de las flechas OTROS PAÍSES JAPÓN EUROPEOS es proporcional. Los datos se expresan en miles de millones de dólares. por mor das elevadas reparacións de guerra que lle foran impostas no Tratado de Versalles, declarando os dirixentes da Deudas interaliadas al finalizar la guerra «Reparaciones» debidas por Alemania en 1921 República de Weimar a súa incapacidade para facer fronte a elas, até que no 1924 Estados Unidos aprobou o Plan Dawes. Por este o total das indemnizacións foi reducido, recibindo tamén Alemaña empréstitos dos norteamericanos para poder atender aos pagos, o que permitiu o inicio da recuperación económica de Europa.
Unha reconstrución que permitiu tamén o inicio da normalización das relacións diplomáticas en Europa, coa sinatura, no 1925, do Tratado de Locarno, polo cual Alemaña recoñecía as súas fronteiras territoriais con Francia e Bélxica. Igualmente, renunciábase á guerra como medio de { 1 }XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE I.E.S. DA TERRA CHÁ, José Trapero Pardo Dpto .: Xeografía e Historia resolución dos conflitos. Iniciábase, agora, unha época de distensión e cooperación, deixando atrás o espírito de Versalles.
Pola contra, fronte a unha Europa devastada, Estados Unidos pasou a converterse na primeira potencia mundial, vivindo unha etapa de prosperidade. Comezaban os coñecidos como os felices anos vinte, que tiveron o seu mellor reflexo na aparición da sociedade de consumo, no consumo de masas. Así, en Estados Unidos estendeuse a compra de automóbiles, electrodomésticos, etc. Un consumo que se viu alentado polo nacemento da publicidade, ao igual que a industria do ocio, co cine como principal expoñente, converténdose o jazz e o charleston en emblemas desa época de felicidade. Xurdía o "american way of life".
Así e todo, no país norteamericano fóronse impoñendo valores cada vez máis conservadores e puritanos, na defensa das súas tradicións, rexurdindo o Ku Klux Klan, unha organización supremacista que se dedicou a perseguir ás comunidades negras. Amais, impúxose unha lei de cotas, pola cal se restrinxía a emigración a Estados Unidos; e aprobouse a lei seca, que prohibía fabricar, vender e consumir bebidas alcohólicas. Ademais, iniciouse unha política de illamento dos asuntos europeos, rexeitando formar parte da Sociedade de Nacións.
Os felices anos vinte chegaron ao seu fin no ano 1929, cando se produciu o crac da Bolsa de Nova Iork. Este debeuse, sobre todo, a dous factores. Por unha banda, a superprodución, xa que rematada a Gran Guerra os países volveron a fabricar todo tipo de produtos, o que xerou excedentes que non atoparon saída no mercado. Por outra banda, a especulación, debido a que os valores das accións non paraban de medrar, sendo mercadas por particulares que obtiñan créditos por parte dos bancos para a súa compra. Con todo, esta febre especuladora estalou polo aires o 24 de outubro de 1929, no coñecido como xoves negro, cando se puxeron á venda 13 millóns de accións e a demanda foi case inexistente. Se ben o pánico se estendeu, durante cinco días os grandes bancos conseguiron conter a situación, mais o martes 29 o afundimento de Wall Street era total.
{ 2 }XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE I.E.S. DA TERRA CHÁ, José Trapero Pardo Dpto .: Xeografía e Historia
Un feito que deu pé á maior crise económica do sistema capitalista, que rematou por converterse nunha crise económica mundial, por canto Estados Unidos era exportador de capitais, espallando as dificultades a Europa, xa que o vello continente dependía dos seus empréstitos para o seu crecemento económico. Comezaba, agora, un profundo período de recesión, coñecido como a Gran Depresión, que propiciou a aparición de medidas proteccionistas, buscando os países protexer o seu mercado interno, favorecendo a contracción do comercio mundial, ao igual que o aumento das taxas de desemprego e da miseria.
Co fin de dar unha resposta á crise, o presidente Roosevelt, partindo das teses do economista británico Keyness, aprobou, no 1933, o New Deal, pasando o Estado a intervir na economía, deixando atrás a política do laissez-faire, propia do capitalismo. Un novo programa económico que se fundamentaba nos seguintes aspectos: o investimento en obras públicas para crear postos de traballo; as subvencións á agricultura para reducir a produción, aumentar os prezos dos produtos e sanear a economía do campesiñado; a mellora das condicións laborais, coa redución da xornada, o establecemento do salario mínimo, etc .; e a reestruturación do sistema financeiro, evitando a especulación bancaria.
Finalizada a Primeira Guerra Mundial, en Europa OCEANO OCEANO ATLANTICO NORUEGA FINLANDIA ATLANTICO NORUEGA FINLANDIA SUECIA impúxose como modelo de goberno a democracia SUMEC BENO ESTONIA LETONIA LETONIA DINAMARCA IRLANDA/UNIDO IRLANDA DINAMARC LITUANIA HUIDO liberal, mais, durante o período de entreguerras, LITUANIA ESTÓNIA URSS HOLANDA HOLANDA BELGICA ALEMANIA POLONIA URSS BÉLGICA POLONIA LUX ALEMANIA este entrou nunha fonda crise, sendo substituído CHECOSLOVAQU FRANCIA CHECOSLOVAQUIA FRANCIA SUIZA AUSTRIA HUNGRIA ITALIA PORTUGAL RUMANIA PORTUGAL por sistemas ditatoriais. Entre os factores que o YUGOSLAVIA BULGARIA LITALL BULGARIA ESPAÑA YUGOSLAVIA RUMANIA ESPAÑA SUIZA AUSTRIA HUNGRIA ATRANI ALBANIA TURQUÍA MAR MAR explican atopamos a exacerbación do sentimento RECIA TURQUÍA GRECIA MED ME DITERRANEO MEDITERRÁNEO nacionalista, consecuencia dos tratados de paz; o Régimen democrático Régimen comunista Régimen fascista Régimen dictatotal Régimen ditatorial Constitucionales pero no democráticos Régimen democrático Régimen comunista crecemento do militarismo, cun cada vez maior Regímenes políticos europeos en 1919. Regímenes políticos europeos en 1938. papel dos militares na vida pública; a descomposición do sistema parlamentario tradicional, con débiles gobernos de coalición, que van dar paso á aparición de partidos de masas, dirixidos por un líder; as crises económicas (1921 e 1929), cun aumento do paro e cun empeoramento das condicións de vida, etc., o que se traduciu nun incremento da conflitividade social; e a irrupción de novas forzas políticas, tales como o fascismo e o comunismo.
} 3 }XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE I.E.S. DA TERRA CHÁ, José Trapero Pardo Dpto .: Xeografía e Historia
En relación con isto último, ámbalas dúas tendencias amosáronse como opostas. Precisamente, o fascismo foi unha resposta da clase burguesa para facer fronte á temida revolución social que puideran protagonizar as masas obreiras, estimuladas polo triunfo do comunismo en Rusia.
Á súa vez, co nome de fascismo faise referencia ao réxime político implantado por Mussolini en Italia, baseado na existencia dunha ditadura unipersoal, un só partido de masas, na defensa do nacionalismo e na organización dun Estado corporativo. Igualmente, de forma paralela, no 1933, naceu o nazismo, como un movemento político específico de Alemaña.
Entre os seus trazos definitorios, podemos subliñar estes:
Mussolini, ex-socialista e autor de "A doutrina do fascismo", no 1919, en Milán, creou os Fasci Italiani di Combattimento, grupos de combate que se dedicaron a atacar aos políticos de esquerdas, así como aos líderes sindicais. Levaban camisas negras en sinal de loito pola patria, porque en Italia se falaba dunha vitoria mutilada na Gran Guerra, por canto só se lles outorgara unha pequena parte dos territorios prometidos. Posteriormente, no 1921, naceu o Partido Nacional Fascista.
{ 4