Os presocráticos e as orixes da filosofía, apuntes de Universidade

Documento da Universidade sobre Os Presocráticos e as Orixes da Filosofía. O Pdf, un material didáctico de Filosofía para Universidade, explora as tradicións xónica, itálica e pluralista, con foco en figuras como Anaxímenes, Heráclito e Pitágoras.

See more

24 Pages

UNIDADE 1 Os pre-socráticos e as orixes da Filosofía
Historia da Filosofía, 2º Bach.
Estándares de aprendizaxe da ABAU:
A orixe do cosmos na corrente pre-socrática (Bloque clásico-medieval, A)
1. Introdución e contexto
1.1. Factores históricos do nacemento da Filosofía
a) A formación da pólis
b) O paso do mito ao logos
1.2. As fontes doxográficas
2. Características fundamentais do pensamento pre-socrático
2.1. Clasificación da filosofía pre-socrática
3. A tradición xónica
4. A tradición itálica
5. A tradición pluralista
6. Relevancia e proxección
7. Textos
8. Actividades complementares
1
I. Introdución e contexto
Cos pensadores pre-socráticos comeza propiamente a Historia da Filosofía.
O seu proxecto de investigación racional ten o carácter rudimentario dos
inicios, razón pola cal nestes autores aínda atopamos de xeito inconcreto o
vocabulario e os problemas que os séculos vindeiros tomarán e elaborarán de
xeito especializado. Mais tamén ten o espírito de orixinalidade das primeiras
veces, pois con eles comezan a ser formuladas as liñas mestras de toda a
Filosofía posterior, especialmente na principal cuestión que a ocupa: a
pregunta polo Ser.
1.1. Factores históricos do nacemento da Filosofía
O pensamento pre-socrático é o primeiro pensamento propiamente
filosófico. Comprender a súa importancia pasa logo por comprender a
configuración histórica que, entre os séculos VII e V a.C. propiciou a aparición
da filosofía como actividade humana de seu.
a) A formación da pólis
O Colapso da Idade de Bronce e a caída da cultura micénica marcan no
século XII a.C. o limiar da Idade Escura para a Hélade, chamada así pola
ausencia de fontes e pola catastrófica disgregación de todo o espazo político e
cultural previo. Neste período de grandes migracións e inestabilidade en todo o
Mediterráneo, consolídase a colonización grega do Exeo e da Asia Menor. A
expulsión belicosa das poboacións anatólicas previas é o xerme de dous dos
elementos máis salientábeis da civilización grega posterior. Por unha parte,
este proceso helénico de conquista do estranxeiro fica recollido na épica
homérica (Ilíada e Odisea), na cal cristaliza por vez primeira a conciencia dos
gregos de si mesmos como un pobo diferenciado. Por outra parte, a
necesidade de defender os territorios conquistados produce a concentración
(física e espiritual) da poboación en cidades amuralladas, as póleis,
cidades-Estado que serán orixe de novos modelos de organización política e a
base do posterior resurximento económico e cultural da civilización grega.
2

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

Introdución e contexto

Cos pensadores pre-socráticos comeza propiamente a Historia da Filosofía. O seu proxecto de investigación racional ten o carácter rudimentario dos inicios, razón pola cal nestes autores aínda atopamos de xeito inconcreto o vocabulario e os problemas que os séculos vindeiros tomarán e elaborarán de xeito especializado. Mais tamén ten o espírito de orixinalidade das primeiras veces, pois con eles comezan a ser formuladas as liñas mestras de toda a Filosofía posterior, especialmente na principal cuestión que a ocupa: a pregunta polo Ser.

Factores históricos do nacemento da Filosofía

O pensamento pre-socrático e o primeiro pensamento propiamente filosófico. Comprender a sua importancia pasa logo por comprender a configuración histórica que, entre os séculos VII e V a.C. propiciou a aparición da filosofía como actividade humana de seu.

A formación da pólis

O Colapso da Idade de Bronce e a caída da cultura micénica marcan no século XII a.C. o limiar da Idade Escura para a Hélade, chamada así pola ausencia de fontes e pola catastrófica disgregación de todo o espazo político e cultural previo. Neste período de grandes migracións e inestabilidade en todo o Mediterráneo, consolidase a colonización grega do Exeo e da Asia Menor. A expulsión belicosa das poboacións anatólicas previas é o xerme de dous dos elementos máis salientábeis da civilización grega posterior. Por unha parte, este proceso helénico de conquista do estranxeiro fica recollido na épica homérica (Ilíada e Odisea), na cual cristaliza por vez primeira a conciencia dos gregos de si mesmos como un pobo diferenciado. Por outra parte, a necesidade de defender os territorios conquistados produce a concentración (física e espiritual) da poboación en cidades amuralladas, as póleis, cidades-Estado que serán orixe de novos modelos de organización política e a base do posterior resurximento económico e cultural da civilización grega. 2Este resurximento acelerase durante o Período Arcaico (s.VIII-V a.C.). É a etapa da grande colonización grega por todo o Mediterráneo. Unha relativa superpoboación e un renovado interese comercial propician a fundación de novas cidades desde a Península Ibérica ate as beiras do Mar Negro, destacando a intensa colonización da Sicilia e do Sul da Italia (Magna Grecia). Como resultado, intensificanse exponencialmente os intercambios económicos. A Xonia, Mileto e Corinto viran centros neuralxicos do intercambio comercial, mais tamén de ideas, que liga a Grecia ao vello berce civilizatorio entre o Exipto e a Mesopotamia, producindo logo unha abertura e permeabilidade culturais determinantes para o futuro, pois de alí chegan o alfabeto fenicio, adoptado para a escrita do grego, a astronomía babilónica ou as matemáticas e a medicina exipcias. Nesta etapa de acelerado desenvolvemento económico e cultural, consolidase o modelo político da pólis e o dominio efectivo do territorio. Sen a ameaza previa que facía preciso un mando unitario, a maior parte das monarquías van dando paso ao dominio político da nobreza terratenente e guerreira, a aristrocracía. Nacen novas institucións (maxistraturas) e órganos civís colexiados que, mesmo se nun principio restrinxidos á nobreza de sangue, preconizan a evolución posterior cara a unha crecente participación cidadá no goberno. A evolución política de cada pólis é particular, mais o enriquecemento das novas clases comerciantes e unha crecente participación do pobo nos exércitos cidadans consolidan o ascenso cara ao final do período da democracia como réxime político. Van aparecendo as primeiras constitucións escritas, como a de Solón para Atenas, que van afianzando os dous grandes principios da vida política democrática: a isonomía (igualdade de toda a cidadanía na lei e no goberno da cidade) e a isegoría (igualdade no dereito a intervir na ágora, no debate político público). O Período Clásico (s.V-IV a.C.) constitue o acme histórico das cidades- Estado grega, entre as cales é Atenas a protagonista. Tornada xa centro da actividade económica e cultural de todo o mundo grego, desfruta a súa hexemonía á cabeza da Liga de Delos tras a vitoria nas Guerras Médicas. As reformas democráticas de Clístenes (510 a.C.) son recollidas por Péricles, cuxo 3liderado político durante as décadas centrais do quinto século significa o máximo apoxeo ateniense en todos os ámbitos e un florecemento incomparábel das artes e o coñecemento. O ascenso do Imperio Macedónico de Alexandre Magno a finais do século IV a.C. abre unha nova era, pondo un final abrupto ao período de esplendor da pólis grega.

O paso do mito ao logos

Todo este bulir de contactos e transformacións culturais estimula nunha sociedade máis participativa un clima de crítica á tradición herdada, facilitando o nacemento de concepcións máis antropocéntricas e racionais do mundo. A relixiosidade pública tradicional, por unha banda, coa obra homérica e hesiódica como principal rexistro, vese enriquecida ou mesmo contestada polas influencias orientais e pola popularización de tradicións mistéricas (orfismo, misterios de Eleusis etc.), de grande influencia en moitos filósofos clásicos (dualismo alma-corpo, inmortalidade da alma, ascetismo etc.). Non obstante, o evento capital que fundamentará, xa si, a empresa filosófica desde o século VII a.C. é o progresivo abandono do relixioso e do mitolóxico como paradigmas de explicación do cosmos. A Filosofía nace nesta encrucillada. A prosperidade económica, a permeabilidade cultural e a democratización política desembocan na formación dunha clase co ocio, o interese e o ambiente propicio para a contemplación e a pesquisa intelectual. No denominado "paso do mito ao logos" vai tomando corpo a explicación racional e antropocéntrica de todos os ámbitos da realidade, resultando nunha eclosión intelectual e científica sen precedentes e inaugurando a Historia da Filosofía propiamente dita. Os termos "mito" e "logos" son, nun comezo, termos en grande medida sinónimos co significado xeral de palabra, discurso, narración etc. É entre os séculos VII e VI a.C. que aparece unha contraposición entre eles como dous modelos distintos de explicación da realidade. En tanto que tais, porén, ambos teñen un mesmo obxectivo: dar conta da existencia de todo o que hai nun único relato coherente. Diverxen, logo, no modo como o faceren. Sob o termo "mito" fica recollido o modelo tradicional de narracións épicas 4e simbólicas, que explica os fenómenos da natureza segundo a xerarquía de figuras divinas e forzas antropomórficas herdada tanto da tradición homérica e hesiódica, canto do politeísmo tradicional. Estas narracións basean a sua autoridade na tradición. Explican o ser das cousas mediante relatos da sua creación por parte de seres mitolóxicos. Conteñen elementos de arbitrariedade, pois os acontecementos son explicados pola vontade deses mesmos seres. O modelo explicativo do logos, polo contrario, constituese como un modelo de pesquisa racional e, en consecuencia, explica os fenómenos da natureza mediante a observación e a argumentación. Estas explicacións basean a súa autoridade na sua coherencia e sistematicidade racionais. Explican o ser das cousas mediante principios (arkhe) inmanentes a propia natureza (phýsis). Isto é, o funcionamento da realidade é explicado mediante leis necesarias consubstanciais á propia realidade e, como tales, universais e constantes. Esta mudanza de paradigma determina que o labor filosófico dos pre- socráticos consista nunha pregunta radical por aquel principio (ou aqueles) que conforma o real de xeito orixinal e universal. Este exercicio fundamental da razón procura a redución conceptual da multiplicidade variabel do real a principios fundamentais, garantindo así a unidade e a cognoscibilidade do real. Procura, así mesmo, a redución de todas as aparencias á esencia das cousas, á súa substancia, que non será máis que a súa propia natureza. Aparecen xa nesa pregunta, por tanto, a preocupación basilar de toda a Filosofía: a esencia como fundamento da relación entre a unidade e a multiplicidade. Tal mudanza de paradigma explicativo do cosmos dáse, non obstante, nunha progresiva racionalización do mito, pasando das cosmogonías e teogonías mitolóxicas as primeiras cosmoloxías xonias. Esta mudanza progresiva estaría propiciada polos desenvolvementos históricos previamente mencionados. Durante os séculos VII a VI a.C. aínda persisten, pois, certos esquemas e expresións de carácter épico mítico que mesmo son perceptíbeis na obra dalgúns pre-socráticos. 5En definitiva, o paso do mito ao logos consiste no paso gradual da mitoloxía antropomórfica a reflexión teórica de carácter abstracto e universal. Consiste, pois, no esforzo por "dicir o ser", no logos como o lugar da verdade, da manifestación ou desocultamento (aletheia) do ser das cousas.

As fontes doxográficas

O pensamento pre-socrático cheganos até a actualidade fundamentalmente por medio de referencias e testemunos doxográficos, quer mediante extractos literais, quer mediante paráfrases ou referencias indirectas. Entre a grande variedade de fontes existentes, cómpre falar en primeiro lugar dos propios filósofos clásicos como os primeiros comentaristas da obra pre- socrática. Tanto Platón canto Aristóteles estabelecen con ela un diálogo case contemporáneo, se ben con tendencia a un tratamento parcial e supeditado á defensa do seu propio pensamento. Por outra banda, xa entre os discípulos de Aristóteles aparece o primeiro dunha longa serie de recompiladores da obra pre-socrática, Teofrasto (s.III-II a.C.), quen emprende o labor de historiar a filosofía precedente de Tales a Platón. Son tamén abundantes as fontes dos séculos II e III d.C .: Plutarco (Moralia), Sexto Empírico, Clemente de Alexandría (Protepticus, Stromata), Hipólito de Roma e Dióxenes Laercio (Vida dos filósofos famosos). Séculos posteriores conteñen unha nómina menor de autores: Xoán Estobeo (s. V d.C.), Simplicio (s.VI d.C.) e Xoán Tzetzes (s. XII d.C.) entre eles.

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.