Historia de España: la construcción del Estado liberal y sus conflictos

Documento de Universidad sobre Historia de España. El Pdf explora la construcción del Estado liberal en España, cubriendo las regencias de María Cristina y Espartero, y la década moderada. El Pdf de Historia, útil para estudiantes universitarios, detalla las reformas clave, la Constitución de 1845 y la desamortización de Madoz, analizando las dinámicas políticas y conflictos sociales del periodo.

Ver más

16 páginas

HISTORIA DE ESPAÑA
BLOQUE 4
1
BLOQUE 4. A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL
Temas posibles de composición histórica (cadro da ABAU):
14. A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS DO LIBERALISMO E DIFERENZAS ENTRE AS
DIFERENTES FAMILIAS POLÍTICAS)
15. A REVOLUCIÓN “A GLORIOSA” E A CONSTITUCIÓN DE 1869.
16. A 1ªREPÚBLICA ( PROXECTO DE CONSTITUCIÓN FEDERAL E CANTONALISMO)
Conceptos: Estatuto Real; Sufraxio censatario e universal; Unión Liberal; Cantonalismo; Manifesto de Sandhurst.
TEMA 14. A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL (PRINCIPIOS DO LIBERALISMO E DIFERENZAS ENTRE AS
DIFERENTES FAMILIAS POLÍTICAS)
Durante o reinado de Isabel II e as rexencias que o precederon a de María Cristina de
Borbón, súa nai, e a do xeral Espartero , instaurouse en España o Estado liberal,
desaparecendo definitivamente o réxime absolutista. O proceso non foi sinxelo, senón que
estivo marcado por frecuentes cambios políticos e constitucionais e pola convivencia de
múltiples familias liberais, que se sucederon no poder.
As rexencias (1833-1843)
- Á morte de Fernando VII en 1833, accedeu ao trono a a filla, Isabel II, que era menor de
idade. Por iso, desde entón e ata 1843, a xestión da coroa foi asumida por dous rexentes: a súa
nai, María Cristina de Borbón (1833-1840), e o xeneral Espartero (1840-1843).
- Xunto coas dúas rexencias, esta etapa estivo marcada por:
I. A confirmación da división do liberalismo nas dúas correntes que xurdiran no Trienio
liberal e que se manterán ao longo de todo o reinado de Isabel II:
· Liberais moderados: partidarios de amplos poderes para a coroa e dun sufraxio
censatario moi restrinxido (só para os máis ricos, entre o 0,20 e o 2% da
poboación).
· Liberais progresistas: partidarios do labor lexislativo das Cortes de Cádiz e
dunha profunda reforma social e política que limitase o poder do rei a favor do
Parlamento. Ampliación do sufraxio (entre o 2% e o 5% con dereito a voto).
II. A oposición do carlismo, que xurdira a raíz da “cuestión sucesoria” e que deu lugar á
Primeira Guerra Carlista (1833-1840).
a) A rexencia de María Cristina (1833-1840)
> O inicio da rexencia (1833):
Nada máis ocupar a rexencia, María Cristina nomeou un goberno defensor da monarquía
absoluta. Pero, dada a súa situación de debilidade e a oposición dos carlistas, tivo que buscar os
apoios dos sectores máis moderados, tanto dos realistas, como dos liberais. Por iso:
- decretou unha amnistía que permitiu o retorno dos exiliados.
- realizou algunhas reformas. A máis importante foi a reforma provincial e rexional,
decretada en 1833 e realizada polo ministro de Fomento Javier de Burgos. Sobre a proposta do
Trienio liberal, España foi dividida en 49 provincias (as mesmas da actualidade, agás Canarias,
que formaba unha soa). Á fronte de cada provincia, estaba o Xefe Provincial, antecedente do
Gobernador Civil. Con isto buscábase racionalizar e centralizar a administración e poñer fin aos
antigos reinos medievais, como o caso do Reino de Galicia, que desapareceu legalmente en
1834 substituído por unha rexión dividida en catro provincias.
> O réxime do Estatuto Real (1834-1835):
HISTORIA DE ESPAÑA
BLOQUE 4
2
- En xaneiro de 1834, a presión dos liberais obrigou a María Cristina a chamar a Martínez de la
Rosa, que estivera no exilio desde 1823, para formar un novo goberno liberal, que é coñecido
como o “réxime do Estatuto Real” polo decreto que lle deu forma: o Estatuto Real

Visualiza gratis el PDF completo

Regístrate para acceder al documento completo y transformarlo con la IA.

Vista previa

HISTORIA DE ESPAÑA

BLOQUE 4

BLOQUE 4. A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL

Temas posibles de composición histórica (cadro da ABAU):

14. A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS DO LIBERALISMO E DIFERENZAS ENTRE AS DIFERENTES FAMILIAS POLÍTICAS) 15. A REVOLUCIÓN "A GLORIOSA" E A CONSTITUCIÓN DE 1869. 16. A 1ªREPÚBLICA ( PROXECTO DE CONSTITUCIÓN FEDERAL E CANTONALISMO)

Conceptos clave

Estatuto Real; Sufraxio censatario e universal; Unión Liberal; Cantonalismo; Manifesto de Sandhurst.

TEMA 14. A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL (PRINCIPIOS DO LIBERALISMO E DIFERENZAS ENTRE AS DIFERENTES FAMILIAS POLÍTICAS)

Durante o reinado de Isabel II e as rexencias que o precederon - a de Maria Cristina de Borbón, súa nai, e a do xeral Espartero -, instaurouse en España o Estado liberal, desaparecendo definitivamente o réxime absolutista. O proceso non foi sinxelo, senón que estivo marcado por frecuentes cambios políticos e constitucionais e pola convivencia de múltiples familias liberais, que se sucederon no poder.

As rexencias (1833-1843)

  • Á morte de Fernando VII en 1833, accedeu ao trono a sua filla, Isabel II, que era menor de idade. Por iso, desde entón e ata 1843, a xestión da coroa foi asumida por dous rexentes: a súa nai, María Cristina de Borbón (1833-1840), e o xeneral Espartero (1840-1843).
  • Xunto coas dúas rexencias, esta etapa estivo marcada por: I. A confirmación da division do liberalismo nas duas correntes que xurdiran no Trienio liberal e que se manterán ao longo de todo o reinado de Isabel II:
    • Liberais moderados: partidarios de amplos poderes para a coroa e dun sufraxio censatario moi restrinxido (só para os máis ricos, entre o 0,20 e o 2% da poboación).
    • Liberais progresistas: partidarios do labor lexislativo das Cortes de Cádiz e dunha profunda reforma social e política que limitase o poder do rei a favor do Parlamento. Ampliación do sufraxio (entre o 2% e o 5% con dereito a voto).
    II. A oposición do carlismo, que xurdira a raíz da "cuestión sucesoria" e que deu lugar á Primeira Guerra Carlista (1833-1840).

A rexencia de Maria Cristina (1833-1840)

O inicio da rexencia (1833)

Nada máis ocupar a rexencia, María Cristina nomeou un goberno defensor da monarquía absoluta. Pero, dada a sua situación de debilidade e a oposición dos carlistas, tivo que buscar os apoios dos sectores mais moderados, tanto dos realistas, como dos liberais. Por iso:

  • decretou unha amnistía que permitiu o retorno dos exiliados.
  • realizou algunhas reformas. A mais importante foi a reforma provincial e rexional, decretada en 1833 e realizada polo ministro de Fomento Javier de Burgos. Sobre a proposta do Trienio liberal, España foi dividida en 49 provincias (as mesmas da actualidade, agás Canarias, que formaba unha soa). A fronte de cada provincia, estaba o Xefe Provincial, antecedente do Gobernador Civil. Con isto buscabase racionalizar e centralizar a administración e poñer fin aos antigos reinos medievais, como o caso do Reino de Galicia, que desapareceu legalmente en 1834 substituído por unha rexión dividida en catro provincias.

O réxime do Estatuto Real (1834-1835)

1HISTORIA DE ESPAÑA BLOQUE 4

  • En xaneiro de 1834, a presión dos liberais obrigou a María Cristina a chamar a Martínez de la Rosa, que estivera no exilio desde 1823, para formar un novo goberno liberal, que é coñecido como o "réxime do Estatuto Real" polo decreto que lle deu forma: o Estatuto Real 2HISTORIA DE ESPAÑA BLOQUE 4 Era un decreto polo que a rexente convocaba as Cortes do reino de España con dúas cámaras: o Estamento de Próceres, ou cámara alta, e o Estamento de Procuradores, ou cámara baixa. A Coroa renunciaba, así, a manter o poder en exclusiva, pero non renunciaba á soberanía, que se seguía entendendo propiedade exclusiva da raíña (que a depositaba nas Cortes), nin recollía a separación de poderes (as Cortes só lexislaban por proposta do monarca), nin dereitos dos cidadáns (o sufraxio limitábase a unha minoría de rendas elevadas). O Estatuto Real non era unha Constitución, senón unha Carta outorgada, é dicir, unha concesión do monarca. Por todo isto, non satisfeu aos liberais progresistas nin aos doceanistas (os que participaran nas Cortes de Cádiz), que esixían máis liberalismo. No outro estremo, era inaceptable para os carlistas, que defendían a volta ao absolutismo. Só contentou aos moderados. A tensión política quedou asegurada.

Os gobernos progresistas e a desamortización (1835-1837)

  • As tensións entre os liberais e a oposición carlista, unidas á lentitude das reformas e á extensión da primeira epidemia de cólera, propiciaron o estalido da chamada revolución de 1835, unha serie de revoltas, motíns e pronunciamentos de carácter popular estimulados, principalmente, polos liberais radicais e que deron lugar a formación de xuntas locais que esixiron cambios á rexente.
  • A rexente confiou, entón, o goberno a Mendizábal, un liberal progresista, consumándose a transición política cara ao sistema liberal e sucedendose tres anos de gobernos liberais e moi reformistas. O goberno de Mendizábal reorganizou a Milicia Nacional co establecemento do servizo militar obrigatorio, pero a sua principal acción foi a supresión de conventos, a exclaustración dos seus membros e a desamortización dos bens das ordes eclesiásticas suprimidas (clero regular). A desamortización de Mendizábal (1836-1837) consistiu na expropiación polo Estado das propiedades desas ordes e a súa venda posterior en poxas públicas a particulares. Con isto, pretendíase: desmantelar o poder económico da Igrexa, crear unha clase de novos propietarios afíns á causa liberal, recadar diñeiro para a guerra contra o carlismo e sanear a débeda pública.
  • Os plans de Mendizábal non deron resultado; ao contrario, orixinaron unha forte desconfianza nos sectores moderados, que foron chamados pola rexente ao goberno.
  • A paralización das reformas acentuou de novo as protestas dos progresistas. E en verán de 1836 producíronse novos levantamentos populares - revolución de 1836 - que obrigaron á rexente a xurar e restablecer a Constitución de Cádiz de 1812 e a devolver o goberno aos progresistas.
  • O novo goberno progresista de José María Calatrava restableceu a Constitución de Cádiz e a lexislación do Trienio liberal. Pero o mais importante foi a convocatoria dunhas Cortes que elaboraron unha nova constitución, aprobada en xuño de 1837. A Constitución de 1837, de carácter progresista, recuperaba alguns aspectos de 1812 (sobre todo, no tocante aos dereitos e liberdades individuais), pero pretendía o consenso entre as dúas correntes liberais co obxectivo de garantir a estabilidade política. Os cambios mais destacados respecto á de 1812 foron:
    • Reforzouse o poder da coroa. Recoñecíase a soberanía nacional, pero esta atribuíuse conxuntamente ás Cortes e ao rei. A coroa tamén tiña dereito de veto e tiña potestade para disolver as Cortes.
    • As Cortes pasaron a ser bicamerais. O Parlamento dividiuse en: Congreso dos Diputados e Senado.
    • Sufraxio censatario. A lei electoral de 1837 substituiu o sufraxio universal (masculino) da Constitución de Cádiz por un sufraxio censatario, polo que só os maiores 3HISTORIA DE ESPAÑA BLOQUE 4 contribuintes tiñan dereito a voto (arredor do 2% da poboación nas eleccións de 1837). Esta lei, ademais, inaugurou unha práctica común e estendida ao longo de todo o século XIX: o falseamento dos resultados electorais e o control do proceso polo goberno.

O trienio moderado (1837-1840)

  • As eleccións de 1837 deron o triunfo aos moderados, que gobernaron ata 1840 co apoio da rexente e puxeron fin ao espírito de conciliación da Constitución de 1837.
  • A partir de aí, vaise asistir a un continuo enfrontamento entre liberais moderados e liberais progresistas, organizados arredor de dous xenerais: Narváez, no liberalismo moderado, e Espartero, no progresista. O conflicto estalou definitivamente en 1840: os moderados aprobaron unha lei municipal que establecía o nomeamento de alcaldes polo Goberno, restrinxindo a autonomía municipal. Isto suscitou a protesta dos progresistas, mesmo con motins e levantamentos. Para frear a situación, Maria Cristina nomeou novo xefe de goberno ao progresista Espartero. Pero os progresistas foron máis alá; querían que Espartero fose co-rexente. A negativa da rexente a aceptalo provocou a súa renuncia á rexencia e o seu exilio en Francia, dando comezo a rexencia de Espartero (1840-1843).

O carlismo e a Primeira Guerra Carlista (1833-1840)

Dende o punto de vista ideolóxico e político, o carlismo caracterizouse por:

  • Lexitimismo, considerando que o único rei lexítimo era o infante Carlos de Borbón.
  • Absolutismo, ou defensa da soberanía real de orixe divina, rexeitando radicalmente as reformas liberais.
  • Tradicionalismo político, relixioso e social.
  • Foralismo, ou mantemento da organización administrativa tradicional das provincias vascas e Navarra, que implicaba o respecto ás leis e privilexios forais (exención de impostos, autonomía administrativa e económica).

Estes principios quedaban recollidos no seu lema: "Deus, rei e foros". Por iso, as suas bases sociais foron o clero, o campesiñado pobre, gran parte da nobreza (sobre todo, fidalguía rural) e sectores das clases medias defensoras dos foros. A Primeira Guerra Carlista (1833-1840) enfrontou a carlistas e isabelinos pola sucesión ao trono e polo réxime político e desenvolveuse de forma máis intensa nas provincias vascas, Navarra, norte de Cataluña e o Maestrazgo (Cuenca, Teruel, Castellón e Valencia), zonas de predominio carlista, mentres que foi esporádica no resto de España. A superioridade do exército isabelino, en armas e homes, obrigou aos carlistas a practicar a guerra de guerrillas, con líderes destacados como Zumalacárregui, Maroto ou Cabrera, o que prolongou moito o conflicto. En Galicia o carlismo tivo unha presenza secundaria. Formaronse partidas de guerrilleiros encabezadas polo clero ou a fidalguía que realizaron accións de saqueo nalgunhas zonas; pero case todos eles foron detidos e xulgados. A Primeira Guerra Carlista chegou ao seu remate cando, a partir de 1837, produciuse unha división interna no carlismo entre os partidarios dun pacto co goberno de María Cristina e os partidarios de seguir loitando. Triunfou a primeira postura, o que permitiu a sinatura do Convenio de Vergara (1839) entre o xeneral isabelino, Espartero, e o xeneral carlista, Maroto. Nel recomendabase ao goberno que mantivese os foros e recoñecese os empregos e graos dos militares carlistas; a cambio, os carlistas aceptaban a Constitución de 1837 e recoñecían a Isabel II. Pero Carlos de Borbón non recoñeceu o convenio e a guerra non rematou, en focos cada vez más residuais, ata que en xullo de 1840 as derradeiras partidas carlistas abandonaron España camiño do exilio en Francia. Malia este fin, as reivindicacións carlistas mantiveronse vivas e darían lugar a novos conflitos bélicos ao longo do século XIX. A cuestión foral quedou 4

¿Non has encontrado lo que buscabas?

Explora otros temas en la Algor library o crea directamente tus materiales con la IA.