La Monarquía Hispánica: Reyes Católicos y Austrias (siglos XVI-XVII)

Documento de Universidad sobre La Monarquía Hispánica: la Época de los Reyes Católicos y los Austrias (siglos XVI-XVII). El Pdf, un material de estudio de Historia, explora las reformas político-administrativas, la política religiosa y la formación del Imperio español, incluyendo la economía y sociedad de Galicia y la colonización de América.

Ver más

11 páginas

1
TEMA 1. A MONARQUÍA HISPÁNICA: A ÉPOCA DOS REIS
CATÓLICOS E DOS AUSTRIAS (SÉCULOS XVI-XVII)
I.- A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS (prestar maior atención á
unión dinástica e á reorganización político-administrativa) Pregunta PAU
En 1469, as Coroas de Aragón e de Castela uníronse mediante o matrimonio
entre Fernando, o fillo do rei de Aragón, e Isabel, a irmá do rei de Castela. Pero
esta unión foi de carácter dinástico porque cada reino mantivo as súas
propias leis e institucións (aínda non existía o concepto territorial de España
como hoxe se coñece). Por iso, á morte de Isabel, o trono castelán pasou á súa
filla Xoana (“a tola”), casada con Felipe o Fermoso, mentres Fernando
continuou sendo o rei de Aragón. Os Reis Católicos decidiron manter os seus
títulos tradicionais coa enumeración de todas as súas posesións. Sen embargo,
na Corte real e no exterior, foise impoñendo paulatinamente o título de reis de
España. É dicir, non se pode falar de fusión senón de xustaposición das súas
Coroas.
Os Reis Católicos levaron a cabo unha importante reorganización político-
administrativa fortalecendo as institucións de goberno e iniciando así, a
formación do Estado Moderno e o nacemento da Monarquía autoritaria
extinguíndose o modelo feudal.
En Castela o poder rexio tiña menos limitacións que en Aragón. Os cambios
máis salientables foron:
Reorganización do Consello Real de Castela, que se constituíu no
principal órgano de goberno. Profesionalizouse con funcionarios que
posuían formación xurídica (isto fixo que a aristocracia perdese
influencia política) ao tempo que se lle atribuíron amplas funcións
(política interior, exterior, Facenda...). Tamén se crearon novos
Consellos con carácter territorial como os de Aragón e Indias (este
último xorde como unha sección dentro do Consello de Castela).
Creáronse novos cargos como os de secretario real (funcionarios con
formación en leis e da confianza dos monarcas) e vicerrei
(representantes dos monarcas naqueles territorios en que estes non
estaban presentes (Navarra, Aragón, Valencia, etc.).
Redución do papel político das Cortes de Castela que apenas van
ser convocadas e a súa función principal será a recadación de impostos.
Reafirmación do corrixidor, cargo da administración local e de
designación real. Posuía competencias administrativas, xudiciais e
militares, favorecendo así a autoridade real.
Reorganización do sistema xudicial a través de tres institucións:
corrixidores (nas cidades de reguengo actúan como representantes do
rei encargándose da orde pública, de impartir xustiza e de supervisar a
vida municipal), Chancelarías, Audiencias e o Consello Real.
Na Coroa de Aragón as reformas tiveron menor importancia debido á
concepción pactista do poder do monarca. Entre as reformas salienta a
“insaculación” na elección dos cargos municipais. Consistía na elección cega
(extraendo os seus nomes dun “saco”) dos cargos, aínda que os candidatos xa
2
tiñan sido previamente aprobados polos reis, e tamén se introduciu a figura do
vicerrei (un en cada reino).
Para o reforzamento do poder real crearon un exército permanente e
regular, pagado pola monarquía e independente da nobreza; e a “Santa
Irmandade”, corporación armada que impuxo a autoridade real nos concellos.
Con estas innovacións lograron someter á nobreza que actuaba á marxe da
autoridade real, e ordenaron o derrubo das fortalezas que lles servían de
refuxio. En Galicia conseguiron facerse obedecer en todo o territorio de forma
rápida. A única resistencia foi a ofrecida por Pedro Pardo de Cela e Pedro
Madruga. As tropas reais conseguiron deter ao primeiro, que como castigo foi
executado en 1483 en Mondoñedo (a súa figura foi moi mitificada pola literatura
romántica e galeguista do século XIX que o presentou como símbolo de
resistencia fronte á autoridade e ao centralismo real); mentres que o segundo
conseguiu fuxir a Portugal.
Por último, os Reis Católicos tamén empregaron como medio para fortalecer o
seu poder, a política relixiosa:
Con permiso papal crearon o Consello da Suprema Inquisición,
tribunal eclesiástico para defender a fe católica e perseguir as herexías.
A súa xurisdición abranguía todos os reinos da monarquía e os seus
membros dependían dun inquisidor xeral nomeado polo monarca.
Fomentaron as regalías (dereito dos Reis de intervir na igrexa do seu
país), que supoñían un control no nomeamento dos bispos. Pretenderon
tamén reformar a vida eclesiástica: evitar as malas prácticas dos cargos
eclesiásticos e mellorar a súa formación. Esta política apoiouse en
clérigos reformadores como o cardeal Cisneros.
A uniformidade relixiosa concretouse na expulsión dos xudeus decretada
polos monarcas en 1492.
II.- A CONFIGURACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL NO SÉCULO XVI (prestar
maior atención a os cambios en tempos de Filipe II) Pregunta PAU
Durante os séculos XVI e XVII mantívose no trono español a dinastía dos
Habsburgo ou dos Austrias. España formou un amplísimo imperio e
converteuse na primeira potencia do mundo, pero tamén mantivo longas
guerras que arruinaron a Facenda e precipitaron a súa decadencia.
Carlos I era fillo de Felipe o Fermoso, herdeiro das posesións de Borgoña e
favorito para o Sacro Imperio, e de Juana, filla maior e herdeira dos Reis
Católicos. A morte do seu pai e a incapacidade da súa nai deixaron nas súas
mans unha combinación de reinos e territorios que o converteron no monarca
máis poderoso do seu tempo. Con el instaurábase unha nova dinastía: a casa
de Austria ou Habsburgo.
En 1516, Carlos I foi proclamado rei de Castela e un ano despois chegou a
España procedente dos Países Baixos. O rei asumía a importante herdanza
territorial: herdaba por vía materna, as Coroas de Aragón, Castela e Navarra,
así como as posesións italianas, norteafricanas e as Indias. Por vía paterna, os

Visualiza gratis el PDF completo

Regístrate para acceder al documento completo y transformarlo con la IA.

Vista previa

A Monarquía Hispánica: Época dos Reis Católicos e Austrias (Séculos XVI-XVII)

A Nova Monarquía dos Reis Católicos

1 TEMA 1. A MONARQUÍA HISPÁNICA: A ÉPOCA DOS REIS CATÓLICOS E DOS AUSTRIAS (SÉCULOS XVI-XVII) I .- A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS (prestar maior atención á unión dinástica e á reorganización político-administrativa) Pregunta PAU En 1469, as Coroas de Aragón e de Castela uníronse mediante o matrimonio entre Fernando, o fillo do rei de Aragón, e Isabel, a irmá do rei de Castela. Pero esta unión foi só de carácter dinástico porque cada reino mantivo as súas propias leis e institucións (ainda non existía o concepto territorial de España como hoxe se coñece). Por iso, á morte de Isabel, o trono castelán pasou á súa filla Xoana ("a tola"), casada con Felipe o Fermoso, mentres Fernando continuou sendo o rei de Aragón. Os Reis Católicos decidiron manter os seus títulos tradicionais coa enumeración de todas as súas posesións. Sen embargo, na Corte real e no exterior, foise imponendo paulatinamente o título de reis de España. E dicir, non se pode falar de fusión senón de xustaposición das súas Coroas.

Os Reis Católicos levaron a cabo unha importante reorganización político- administrativa fortalecendo as institucións de goberno e iniciando así, a formación do Estado Moderno e o nacemento da Monarquía autoritaria extinguíndose o modelo feudal.

En Castela o poder rexio tiña menos limitacións que en Aragón. Os cambios máis salientables foron:

  • Reorganización do Consello Real de Castela, que se constituíu no principal órgano de goberno. Profesionalizouse con funcionarios que posuían formación xurídica (isto fixo que a aristocracia perdese influencia política) ao tempo que se lle atribuíron amplas funcións (política interior, exterior, Facenda ... ). Tamén se crearon novos Consellos con carácter territorial como os de Aragón e Indias (este último xorde como unha sección dentro do Consello de Castela).
  • Creáronse novos cargos como os de secretario real (funcionarios con formación en leis e da confianza dos monarcas) e vicerrei (representantes dos monarcas naqueles territorios en que estes non estaban presentes (Navarra, Aragón, Valencia, etc.).
  • Redución do papel político das Cortes de Castela que apenas van ser convocadas e a súa función principal será a recadación de impostos.
  • Reafirmación do corrixidor, cargo da administración local e de designación real. Posuía competencias administrativas, xudiciais e militares, favorecendo así a autoridade real.
  • Reorganización do sistema xudicial a través de tres institucións: corrixidores (nas cidades de reguengo actúan como representantes do rei encargándose da orde pública, de impartir xustiza e de supervisar a vida municipal), Chancelarías, Audiencias e o Consello Real.

Na Coroa de Aragón as reformas tiveron menor importancia debido a concepción pactista do poder do monarca. Entre as reformas salienta a "insaculación" na elección dos cargos municipais. Consistía na elección cega (extraendo os seus nomes dun "saco") dos cargos, ainda que os candidatos xa2 tiñan sido previamente aprobados polos reis, e tamén se introduciu a figura do vicerrei (un en cada reino).

Para o reforzamento do poder real crearon un exército permanente e regular, pagado pola monarquía e independente da nobreza; e a "Santa Irmandade", corporación armada que impuxo a autoridade real nos concellos. Con estas innovacións lograron someter a nobreza que actuaba á marxe da autoridade real, e ordenaron o derrubo das fortalezas que lles servían de refuxio. En Galicia conseguiron facerse obedecer en todo o territorio de forma rápida. A única resistencia foi a ofrecida por Pedro Pardo de Cela e Pedro Madruga. As tropas reais conseguiron deter ao primeiro, que como castigo foi executado en 1483 en Mondoñedo (a súa figura foi moi mitificada pola literatura romántica e galeguista do século XIX que o presentou como símbolo de resistencia fronte á autoridade e ao centralismo real); mentres que o segundo conseguiu fuxir a Portugal.

Por último, os Reis Católicos tamén empregaron como medio para fortalecer o seu poder, a política relixiosa:

  • Con permiso papal crearon o Consello da Suprema Inquisición, tribunal eclesiástico para defender a fe católica e perseguir as herexías. A súa xurisdición abranguía todos os reinos da monarquía e os seus membros dependían dun inquisidor xeral nomeado polo monarca.
  • Fomentaron as regalías (dereito dos Reis de intervir na igrexa do seu país), que supoñían un control no nomeamento dos bispos. Pretenderon tamén reformar a vida eclesiástica: evitar as malas prácticas dos cargos eclesiásticos e mellorar a súa formación. Esta política apoiouse en clérigos reformadores como o cardeal Cisneros.

A uniformidade relixiosa concretouse na expulsión dos xudeus decretada polos monarcas en 1492.

Configuración do Imperio Español no Século XVI

II .- A CONFIGURACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL NO SÉCULO XVI (prestar maior atención a "os cambios en tempos de Filipe II) Pregunta PAU Durante os séculos XVI e XVII mantívose no trono español a dinastía dos Habsburgo ou dos Austrias. España formou un amplísimo imperio e converteuse na primeira potencia do mundo, pero tamén mantivo longas guerras que arruinaron a Facenda e precipitaron a súa decadencia.

Carlos I era fillo de Felipe o Fermoso, herdeiro das posesións de Borgoña e favorito para o Sacro Imperio, e de Juana, filla maior e herdeira dos Reis Católicos. A morte do seu pai e a incapacidade da súa nai deixaron nas súas mans unha combinación de reinos e territorios que o converteron no monarca mais poderoso do seu tempo. Con el instaurábase unha nova dinastía: a casa de Austria ou Habsburgo.

En 1516, Carlos I foi proclamado rei de Castela e un ano despois chegou a España procedente dos Países Baixos. O rei asumía a importante herdanza territorial: herdaba por vía materna, as Coroas de Aragón, Castela e Navarra, así como as posesións italianas, norteafricanas e as Indias. Por vía paterna, os3 Países Baixos, o Franco Condado, o sur da actual Alemaña, Austria, o Tirol e os dereitos á coroa imperial do seu avó Maximiliano I (en 1519, trala morte do emperador Maximiliano, foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico co nome de Carlos V).

Así pois, a herdanza de Carlos I era un conxunto heteroxeneo de territorios que só tiñan en común o seu monarca, quen tratou de contrarrestar esta desunión cunha política integradora que tiña dous obxectivos principais: o mantemento da unidade relixiosa arredor do catolicismo e a idea dunha monarquía universal, o que o levou a enfrontarse a Francia, ao Imperio Otomán e aos protestantes alemáns. O conflito relixioso rematará concedendo a liberdade relixiosa a Alemaña.

Tralo fracaso da unidade relixiosa, a abdicación do emperador a favor do seu fillo Felipe II, en 1556, supuxo a división do "Imperio universal". Carlos I non deixou ao seu fillo nin os dominios austríacos nin a coroa imperial (que cedeu ao seu irmán Fernando); sen embargo, Felipe II foi o soberano máis poderoso do seu tempo. Ademais de todos os territorios herdados, consolidou a posesión de Milán, continuou o proceso de colonización de América, e en 1580, convértese en rei de Portugal, unindo así os dous imperios coloniais máis grandes da época.

Cambios en Tempos de Filipe II

Antes de facerse cargo da sua "monarquía hispánica, Felipe II xa fora rexente dos dominios do seu pai na Península; despois, foi monarca consorte en Inglaterra, e máis tarde, soberano nos Países Baixos. Ao contrario que o seu pai, Felipe II non foi un xefe militar senon un burocrata, ainda que si mantivo os principios que inspiraron a política do seu pai: a conservación da herdanza dinástica, o mantemento da hexemonía en Europa e a defensa do catolicismo. Non obstante, na escena europea novos problemas ameazaban á monarquía. Entre eles cabe salientar:

  1. A rebelión de Flandres foi o problema fundamental. O monarca pretendía gobernar o territorio cos principios absolutistas con que gobernaba Castela, o que suscitou a inmediata oposición das oligarquías nobiliarias autóctonas. Á oposición política uniuse axiña a relixiosa. O calvinismo difundírase con éxito polas provincias do norte; os intentos do rei por conter a súa expansión mediante a Inquisición foron inútiles. Para solucionar o conflito, Felipe II optou pola represión: enviou un poderoso exército (os terzos de Flandres) ao mando do duque de Alba, quen someteu duramente aos sublevados; pero esta actuación significou tamén o inicio dun feroz conflito armado que durou oitenta anos. A guerra nos Países Baixos considerase un dos factores da decadencia militar, política e económica de España.
  2. Outro gran foco de conflitos foron as relacións con Inglaterra, aliado tradicional de España con Carlos I, e o propio Felipe II fora rei consorte inglés polo seu matrimonio coa raíña María Tudor. Esta raíña morreu sen descendencia e a súa sucesora, Isabel I, desatou a hostilidade contra a Monarquía Hispánica. Inglaterra estaba comezando a súa expansión marítima e colonial, e non admitía o monopolio comercial que4 España se atribuía sobre América. Por iso, os ingleses lanzaron ataques corsarios contra os barcos españois. Ademais, Isabel I, fervente protestante, optou por apoiar aos rebeldes flamencos, tanto pola súa oposición ao catolicismo coma por desgastar económica e militarmente a Monarquía Hispánica. Para cortar a axuda inglesa aos sublevados flamengos, Felipe II organizou a invasión de Inglaterra cunha gran frota, a Gran Armada, expedición que acabou fracasando.
  3. O elemento máis positivo da política exterior de Felipe II foi a unión con Portugal -a chamada unión ibérica- en 1580. O rei era neto do rei portugués Manuel I, e cando o trono portugués queda vacante ao morrer o seu último titular sen herdeiros, Felipe fixo valer os seus dereitos militarmente, e derrotou ao exército luso. Non obstante, o seu maior éxito foi diplomático: gañouse a clase dirixente portuguesa prometendo respectar escrupulosamente a autonomía do reino e garantindo a protección do seu comercio. Deste xeito, conformouse o maior imperio territorial e marítimo que existira ata daquela.

Os Austrias do Século XVII: Goberno de Validos e Conflitos Internos

III .- OS AUSTRIAS DO SÉCULO XVII: GOBERNO DE VALIDOS E CONFLITOS INTERNOS O século XVII asiste ao final da hexemonía internacional e militar dos Austrias, así como ao inicio dunha significativa crise económica, demográfica e social. En contraposición aos Austrias Maiores, desenvolvense agora os reinados dos Austrias Menores, denominados así polo seu escaso peso político se o comparamos co dos seus predecesores. Nos tres casos os monarcas contaron para o goberno coa axuda dun favorito, valido ou secretario que os asesoraba na toma de decisións. En contra do que se ten sinalado en ocasións, a aparición destes validos non foi exclusivamente produto da incompetencia dos monarcas españois, senón que se tratou dunha figura estendida en varios países europeos, destacando a do cardeal Richelieu como favorito de Luís XIII de Francia.

Felipe III (1598-1621), rei ao que os biógrafos atribúen certa pereza, tivo como valido ao Duque de Lerma, cuxa medida interna máis destacada foi a expulsión dos mouriscos (1609 e 1614) acusados de falsos conversos. Esta disposición afectaría gravemente á economía agraria levantina, rexión na que os mouriscos significaban un terzo da poboación. A crise financeira da monarquía estivo provocada tanto polas guerras e as débedas do reinado anterior coma polos gastos da Corte. O primeiro síntoma foi a bancarrota de 1607. A política exterior deste rei pódese considerar pacifista. O rei e o seu valido chegaron ao convencemento de que manter tantas frontes de loita supoñería inevitablemente a ruína total da monarquía. Por esta razón intentaron alcanzar acordos de paz ou de cesamento do fogo nas guerras que mantiñan.

Felipe IV (1621-1665), subiu ao trono con só dezaseis anos, por iso, desde un primeiro momento estivo baixo a tutela do seu preceptor e valido o conde- duque de Olivares, que intentou consolidar o poder absoluto do monarca sobre os reinos a través dun proxecto coñecido como a Unión de Armas.

¿Non has encontrado lo que buscabas?

Explora otros temas en la Algor library o crea directamente tus materiales con la IA.