Tema 8: O Sector Primario, Apuntes de Xeografía

Documento de Bacharelato sobre o Tema 8: O Sector Primario. O Pdf explora a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación forestal, analizando os factores físicos e humanos que as inflúen. O documento, de Xeografía, inclúe imaxes e está ben estruturado para facilitar a lectura e o estudo.

See more

8 Pages

1
TEMA 8. O SECTOR PRIMARIO
O sector primario comprende as actividades que proporcionan produtos directamente da
natureza: a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación forestal. Son actividades moi
importantes, xa que constitúen a base da nosa alimentación, entre outras cousas.
A poboación activa dedicada a este sector supón o 40% total da mundial, aínda que está
diminuíndo. E, aínda que a súa produción aumenta, o peso económico diminúe.
Onde máis se é nos países en desenvolvemento, e nos países desenvolvidos estase
mirando por recuperar espazos e poboación para o sector (evitar o éxodo rural, turismo rural,
agricultura a tempo parcial...).
1. A agricultura
A paisaxe agraria é a que resulta das actividades humanas relacionadas co sector
primario. E vén condicionada por elementos físicos e humanos.
1.1. Elementos físicos
- Relevo: en xeral a agricultura desenvolvese en chairas e vales con altitude inferior aos
500 m. e sen moita pendente.
- Solo: cada cultivo necesita un terreo cunhas características adecuadas ao mesmo. Hai
solos arxilosos, ácidos, humosos...
- Clima: as plantas polo xeral, non se desenvolven en lugares con temperaturas por riba
dos 45ºC, nin por baixo dos 10ºC. A falta de chuvias tamén impide o crecemento das plantas.
1.2. Elementos humanos
Os humanos van configurando a paisaxe agraria en función das súas necesidades,
intereses, historia...
Deste xeito, unha explotación agrícola dependendo da a forma, tamaño ou límites,
forman un tipo de paisaxe ou outra.
Segundo o seu tamaño e propiedade poden ser latifundios, grandes cantidades de terreo
dunha soa persoa ou familia propietaria (Castela, Estremadura, Andalucía) ou poden ser
minifundios, pequenas cantidades de terreo dunha persoa ou familia (Galiza, Asturias). E
dependendo das súas hectáreas, considéranse máis ou menos grandes. Aquí dispoñemos
dunha medida propia, que é o ferrado, e que en cada concello é de máis ou menos cantidade.
Segundo o seu peche perimetral, poden ser abertas, chamadas openfield; ou pechadas,
chamadas bocage, que son as nosas, pechadas de distintas maneiras (sebes, estacas, arames...)
2
Segundo o seu aproveitamento, pode ser unha agricultura intensiva, de gran rendemento
por hectárea, ou extensiva, de pouco rendemento por hectárea.
Segundo o sistema de rega, pode ser de secaño se os cultivos reciben a auga da
chuvia, ou de regadío se reciben a auga da chuvia e da rega.
Segundo as especies cultivadas, atopamos agricultura de monocultivo, cando nun
mesmo espazo se cultiva unha especie ou de policultivo, cando nun mesmo espazo se
cultivan diferentes especies.
Deste xeito, os distintos tipos, tamén afectan a como se establecen as vivendas, os
asentamentos, ao hábitat. E este pode ser concentrado, no caso en que as casas estean
próximas entre si ou pode ser disperso, no caso en que as vivendas estean separadas.
1.3. A agricultura dos países desenvolvidos
Dáse sobre todo unha agricultura de mercado, orientada á venda. Aínda que tamén
pode haber agricultura complementaria.
Hai unha especialización da produción, unha gran mecanización e avanzadas técnicas
agrícolas (cultivos hidropónicos, transxénicos...) e dispoñen de sistemas de almacenaxe,
transporte e comercialización a grande escala.
Ten efectos positivos, coma a baixada dos prezos pola alta produción, pero tamén

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

O Sector Primario

O sector primario comprende as actividades que proporcionan produtos directamente da natureza: a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación forestal. Son actividades moi importantes, xa que constitúen a base da nosa alimentación, entre outras cousas.

A poboación activa dedicada a este sector supón o 40% total da mundial, aínda que está diminuíndo. E, aínda que a súa produción aumenta, o peso económico diminúe.

Onde máis se dá é nos países en desenvolvemento, e nos países desenvolvidos estase mirando por recuperar espazos e poboación para o sector (evitar o éxodo rural, turismo rural, agricultura a tempo parcial ... ).

A Agricultura

A paisaxe agraria é a que resulta das actividades humanas relacionadas co sector primario. E vén condicionada por elementos físicos e humanos.

Elementos Físicos da Agricultura

  • Relevo: en xeral a agricultura desenvolvese en chairas e vales con altitude inferior aos 500 m. e sen moita pendente.
  • Solo: cada cultivo necesita un terreo cunhas características adecuadas ao mesmo. Hai solos arxilosos, ácidos, humosos ...
  • Clima: as plantas polo xeral, non se desenvolven en lugares con temperaturas por riba dos 45°℃, nin por baixo dos 10°C. A falta de chuvias tamén impide o crecemento das plantas.

Elementos Humanos na Paisaxe Agraria

Os humanos van configurando a paisaxe agraria en función das súas necesidades, intereses, historia ...

Deste xeito, unha explotación agrícola dependendo da súa forma, tamaño ou límites, forman un tipo de paisaxe ou outra.

Segundo o seu tamaño e propiedade poden ser latifundios, grandes cantidades de terreo dunha soa persoa ou familia propietaria (Castela, Estremadura, Andalucía) ou poden ser minifundios, pequenas cantidades de terreo dunha persoa ou familia (Galiza, Asturias). E dependendo das súas hectáreas, considéranse máis ou menos grandes. Aquí disponemos dunha medida propia, que é o ferrado, e que en cada concello é de máis ou menos cantidade.

Segundo o seu peche perimetral, poden ser abertas, chamadas openfield; ou pechadas, chamadas bocage, que son as nosas, pechadas de distintas maneiras (sebes, estacas, arames ... )

1OPENFIELD INTENSIVA EXTENSIVA BOCAGE

Segundo o seu aproveitamento, pode ser unha agricultura intensiva, de gran rendemento por hectárea, ou extensiva, de pouco rendemento por hectárea.

Segundo o sistema de rega, pode ser de secaño se os cultivos só reciben a auga da chuvia, ou de regadío se reciben a auga da chuvia e da rega.

Segundo as especies cultivadas, atopamos agricultura de monocultivo, cando nun mesmo espazo se cultiva só unha especie ou de policultivo, cando nun mesmo espazo se cultivan diferentes especies.

Policultivo Monocultivo Hábitat disperso Hábitat concentrado

Deste xeito, os distintos tipos, tamén afectan a como se establecen as vivendas, os asentamentos, ao hábitat. E este pode ser concentrado, no caso en que as casas estean próximas entre si ou pode ser disperso, no caso en que as vivendas estean separadas.

A Agricultura nos Países Desenvolvidos

Dáse sobre todo unha agricultura de mercado, orientada á venda. Aínda que tamén pode haber agricultura complementaria.

Hai unha especialización da produción, unha gran mecanización e avanzadas técnicas agrícolas (cultivos hidropónicos, transxénicos ... ) e dispoñen de sistemas de almacenaxe, transporte e comercialización a grande escala.

Ten efectos positivos, coma a baixada dos prezos pola alta produción, pero tamén 2negativos, coma o abuso de fertilizantes e distintos químicos que contaminan solos, acuíferos, prexudican especies animais ... Ademais, consómese moitísima auga e os núcleos rurais vanse abandonando.

A Agricultura nos Países en Desenvolvemento

Nestes países hai dous tipos de agricultura.

Agricultura Tradicional ou de Subsistencia

O campesiñado cultiva as súas propias terras para subsistir. Practícase en pequenas explotacións (minifundio) e cultivan varios produtos (policultivo). As técnicas e as ferramentas son moi arcaicas e a produtividade moi baixa. Dependen moito dos elementos físicos. Hai 3 tipos principais:

  • De rozas ou itinerante. Cortase unha zona do bosque e quéimase, utilizando as cinzas para fertilizar. Unha vez fertilizadas cultívanse cereais e tubérculos e cando se esgota a terra, van a outra zona. É unha agricultura que se mantivo no tempo pola pouca cantidade de xente que a practica.
  • Sedentaria de secaño. Consiste na rotación de cultivos, como se facían durante a Idade media ou moderna, dividindo as terras en 3 partes e deixando unha en barbeito, descansando. Os cultivos vanse alternando para que sempre descanse unha parte e se renove a terra.
  • Irrigada monzónica. As chuvias dos monzóns inundan as terras, que se aproveitan para cultivar arroz, do que se obteñen varias colleitas no ano.

Agricultura Itinerante o de rozas Seive tropical Agriculture de sódas Harbinche Agricultura Irrigada. El arrozal Carel Campos Grundades Somilena Cutivo ittoa Diques SISTEMAS AGRÍCOLAS TRADICIONALES: -Itinerante o de rozas -Sedentaria de secano -Agricultura irrigada monzónica Agricultura sedentaria de secano T Polisdo Localización geográfica Agrtouhours tradicional Agriostra 3

Agricultura de Plantación

Practícase sobre todo en África, América central e do Sur e países do Sueste asiático.

Ten a súa orixe nas explotacións agrícolas que crearon os europeos nos ss. XVI e XVII para obter produtos exóticos coma o café, cacao, algodón ...

Está destinada fundamentalmente á exportación e practícase en grandes explotacións controladas por multinacionais estranxeiras que empregan man de obra local á que lle pagan salarios moi baixos por moitas horas de traballo. Normalmente son monocultivos dos que se tira a maior produtividade posible grazas á mecanización e novas técnicas agrarias.

Coma a globalización, ten efectos positivos e negativos. Positivos porque emprégase xente, crean infraestruturas, innovacións técnicas ... Pero tamén negativos porque os beneficios non quedan no país de orixe, o campesiñado vese obrigado a abandonar as súas terras premido polas multinacionais, a xente empregada cobra moi pouco, e xéranse graves impactos medioambientais.

Gandaría

É a cría de animais para o seu aproveitamento: carne, leite, pel, etc. As máis habituais son: a gandaría bovina, ovina, porcina, avícola, caprina, cabalar, cunícula (coellos) e apicultura.

É unha actividade que está en crecemento grazas á investigación científica e ás novas tecnoloxías, aínda que tamén xera bastante polémica: alta contaminación, usos de antibióticos e hormonas que poden pasar á cadea alimenticia, sufrimento animal ...

Diferenciamos varios tipos de gandaría. Segundo o desprazamento ou non do gando, pode ser:

  • Sedentaria: o gando non se despraza para obter alimento.
  • Nómade: o gando desprázase continuamente para obter alimento.
  • Transhumante: o gando desprázase segundo a estación, indo en inverno cara os vales e en verán cara as montañas.

Segundo a súa produtividade, pode ser:

  • Extensiva: propia de grandes explotacións onde o gando (bovino e ovino), se alimenta de pastos naturais, coma na Pampa Arxentina ou nas devesas estremeñas. Require escasos capitais e pouca man de obra, pero a súa produtividade é tamén baixa.
  • Intensiva: tamén chamada industrial, levada a cabo en explotacións onde o gando se alimenta de pensos e plantas forraxeiras. O gando pode estar sempre pechado en cortes sendo unha gandaría intensiva estabulada ou pode saír de vez en cando, sendo unha gandaría intensiva semiestabulada.

4

A Gandaría nos Países Desenvolvidos

Responde ás necesidades do mercado, búscase a maior produtividade posible, selecciónanse razas, o que supón o abandono das autóctonas, dáse un malestar animal ...

A Gandaría nos Países en Desenvolvemento

Dáse unha gandaría tradicional, combinada coa agricultura, case sen mecanizar, onde a rendibilidade é moi baixa.

Pesca

É a captura en mares, ríos ou lagos de animais acuáticos. Hoxe en día, o 85% das capturas dedícanse ao consumo humano directo.

Segundo onde se realicen as capturas, diferenciamos 3 tipos de pesca:

  • Litoral: realízanse en pequenas embarcacións xunto á costa e soe durar unhas horas.
  • De baixura: realízase en embarcacións de pequeno ou mediano tamaño, equipadas con distintos aparellos e en zonas próximas á costa, e soe durar como moito un día.
  • De altura: realízase en grandes embarcacións chamadas buques - factoría, que desenvolven a súa actividade en mar aberto; e as súas mareas son de ata seis meses, xa que teñen instalacións de frío e conservación para trasladar o peixe.

Os caladoiros son as zonas onde se concentra o peixe, e normalmente é nas plataformas continentais, onde se cría o plancto que serve de alimento ao peixe.

Pero non se pode pescar onde se queira. A lexislación internacional permite que os países teñan unha zona económica exclusiva no mar, que vai dende as beiras do país ata cerca de 370 km. e para poder pescar nelas barcos doutros países, hai que firmar os chamados acordos pesqueiros.

Hoxe en día estase dando unha sobreexplotación mariña e unha intensa contaminación. E ás veces para evitar isto, bótase man da acuicultura; aínda que tamén ten os seus inconvenientes ...

Explotación Forestal

É o aproveitamento económico dos montes. O principal recurso é a madeira, pero tamén obtemos resina, froita, cortizo ...

A masiva explotación forestal pon en perigo a maioría dos bosques do planeta. Para resolver isto, en moitos lugares practícase a silvicultura, que é o cultivo dos bosques para a súa explotación económica buscando prexudicar o menos posible. Aínda que moitas veces prima o máximo rendemento (eucalipto).

5

O Sector Primario na UE

Só un 5% da poboación ocupada europea traballa no sector primario. Aínda que a produción agropecuaria é moi variada. É unha das principais potencias exportadoras de produtos agroalimentarios e en canto a acuicultura, ocupa o 5º lugar no mundo.

Dende 1962 existe unha Política Agraria Común (PAC), que comparten tódolos países comunitarios e que busca garantir unha seguridade alimentaria, ser máis competitivos, mellorar as condicións animais, producir de forma respectuosa co medio ambiente ...

Á PAC destínase o 40% dos orzamentos da UE, para axudar a persoas agricultoras e gandeiras a modernizar e poder cumprir cos obxectivos comunitarios.

Hai tamén unha Política Pesqueira Común (PPC), que ten uns obxectivos moi parecidos aos da PAC: garantir a saúde humana, asegurar un nivel de vida xusto ás persoas do sector, mirar por unha explotación sustentable, protexendo ecosistemas mariños e costeiros.

O Sector Primario en España

Só un 4% da poboación ocupada española traballa no sector primario.

E aínda así, España é un dos países da UE cun sector primario máis potente. E ten tamén uns puntos febles: a poboación está envellecida, as pequenas e medianas explotacións non conseguen ser viables e aínda non hai moitos investimentos no sector.

A agricultura é a que ten máis peso, predominando os cultivos de secaño, sendo de maior produción os produtos hortofrutícolas, o cereal, a vide e a oliveira.

A gandaría tamén ten bastante peso, sendo o segundo país en cabezas de ovino, porcino e caprino. Predomina a gandaría intensiva e estabulada.

E en canto á pesca, ocupa o 1º posto da UE por tamaño de frota, o 2º por volume de capturas e tamén por consumo per cápita.

Aínda que coa PAC leváronse a cabo investimentos, moitas veces as políticas europeas chocan cos intereses do país.

Actualmente temos un ministro de Agricultura: Luís Planas Puchades.

Paisaxes Agrarias Españolas

A Paisaxe Húmida

Localízase polo litoral cantábrico. O hábitat é fundamentalmente disperso. É un medio pouco favorable para a agricultura, que se limita aos vales e ao litoral, predominando o minifundio e as leiras cercadas.

Si que hai pradarías naturais que permiten o desenvolvemento da gandaría e o aproveitamento forestal.

6

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.