Presentación sobre Os Animais Vertebrados. O Pdf explora o mundo dos animais vertebrados, centrándose en gatos domésticos e peixes. Este material didáctico de Bioloxía para ESO, presenta as características principais, historia e hábitos alimentarios destes animais, con contido claro e lexible.
See more23 Pages


Unlock the full PDF for free
Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.
Hoxe en día son millóns os gatos domésticos que se distribúen por todo o mundo. Pero, que foi o que fixo que se convertese nun animal tan popular? A visión que o home tivo deste pequeno vertebrado foi totalmente diferente ao longo do tempo e marcou parte da súa historia. A súa época dourada foi no Antigo Exipto. Bastet era unha deusa exipcia con forma de gato que protexía o fogar e representaba a alegría de vivir. Autoría: wikipedia/bastet Tamén hai unha lenda exipcia que conta que os gatos guiaban aos faraóns no seu camiño ao máis alá, grazas a que poden ver na escuridade. Os exipcios sentían devoción polos gatos. Se morría un, todos os membros da familia afeitaban as cellas en sinal de dó e agardaban un ano antes de adquirir outro. A súa peor etapa foi na Idade Media. Os gatos eran considerados animais demoníacos e foron perseguidos ata case ser exterminados.
Os animais vertebrados caracterízanse por ter un esqueleto interno ríxido que está formado por moitas pezas que se articulan entre si. O esqueleto ten tres funcións: .
As lampreas, as quenllas e as raias teñen un esqueleto formado por cartilaxe. O esqueleto dos demais animais vertebrados está formado por ósos. No esqueleto de todos os vertebrados distinguimos a columna vertebral e o cranio. Columna vertebral Cranio
O corpo dos animais vertebrados está dividido en varias partes: .
Os peixes, mamíferos acuáticos e aves como os pingüíns teñen aletas que lles serven para nadar. Os morcegos e a maioría das aves presentan ás que lles permiten voar. Outros vertebrados posúen patas que lles permiten camiñar, correr, saltar. As serpes non teñen extremidades, pero poden desprazarse igual movendo enzig zag o seu corpo. Algúns animais vertebrados, ademais, teñen cola. Sabías que ...? Todos os animais vertebrados teñen un número par de extremidades. A única excepción son as lampreas. Os animais vertebrados poden dividirse en cinco grupos: os mamíferos, as aves, os peixes, os anfibios e os réptiles. Ao longo desta unidade coñecerás as características de cada un dos grupos.
Os gatos son mamíferos. Pénsase que os actuais gatos domésticos son descendentes dun pequeno grupo de gatos silvestres que se asociaron ao home no Oriente Medio hai uns 10.000 anos. A partir de entón foron, pouco a pouco, chegando a diferentes lugares do planeta. Como se moverían dun lugar a outro situado a milleiros de quilómetros?
Os mamíferos son animais vertebrados. Case todos son terrestres pero tamén hai algúns acuáticos, coma os golfiños e as baleas, e outros voadores, coma os morcegos. Chámanse así porque posúen glándulas mamarias. Estas glándulas producen leite co que alimentan ás súas crías.
Os mamíferos teñen as seguintes características xerais:
Os ornitorrincos e as equidnas son mamíferos. Son os únicos mamíferos non vivíparos; os ornitorrincos e as equidnas poñen ovos.
Segundo o alimento que comen os mamíferos agrúpanse en:
Omnívoros. Alimentanse de plantas e carne. Os raposos e os osos son omnívoros.
Os gatos son animais moi territoriais. O máis probable é que os primeiros gatos que se asociaron ás poboacións humanas fixérano cando apareceron os primeiros asentamentos sedentarios. Estes mamíferos son uns superviventes. Pero, sabes por que? Que características os fan tan fortes?
Jane Goodall É unha científica nacida no Reino Unido que se considera pioneira no estudo dos chimpancés. Pasou numeros anos estudando o seu comportamento en estado salvaxe en África. Conta con numeros premios e recoñecementos á labor realizada durante a súa carreira. Créditos: Nick Stepowyj
As aves viven e crían na maioría dos hábitats terrestres. Son animais vertebrados que teñen as suas extremidades anteriores modificadas como ás. As ás e outras adaptacións do seu corpo permítenlles voar, pero algunhas, como a avestruz, non o poden facer. Ademais de voar as aves poden camiñar, dar chimpos ou manterse erguidas sobre as súas patas, incluso hai algunhas que poden nadar.
As aves teñen as seguintes características xerais:
Segundo o alimento que comen as aves agrúpanse en:
Os gatos teñen moi desenvolvido o sentido da vista e poden distinguir obxectos con moi pouca luz. Tamén son moi sensibles aos ruídos e vibracións. Ademais teñen bo sentido do equilibrio e da orientación. Teñen unha mandíbula moi poderosa con dentes especializados para unha dieta carnívora. Tamén posúen garras retráctiles. Estas son algunhas das características que fan que sexan uns magníficos cazadores. Precisamente, esta faceta é a que contribuíu ao comezo da "amizade" entre o ser humano e o gato. Sabes cal é o motivo concreto? Pensas que esa relación sempre foi boa?
Os peixes son animais acuáticos. Poden vivir en auga doce (ríos e lagos) ou en auga salgada (mares). Só algúns casos, como os salmóns, os esturións e as anguías, pasan parte da súa vida en auga doce e outra parte en auga salgada.
Os peixes teñen as seguintes características xerais:
A maioría dos peixes teñen vexiga natatoria. A vexiga natatoria é unha bolsa de paredes flexibles que se pode encher cunha cantidade variable de gases. Con ela, controlan a profundidade á que se sitúan, sen necesidade de nadar. Branquias do atún Sabías que ...? Algúns peixes forman parte das nosas dietas. Para evitar que as actividades pesqueiras poñan en perigo ás poboacións de peixes, os gobernos estableceron unhas tallas mínimas. Non se poden pescar peixes de tamaños menores a estas tallas. Esta non é a única norma para protexer ás poboacións de peixes. Por exemplo, hai outras que nos din cantos podemos pescar e cando o podemos facer.
Segundo o alimento que comen os peixes poden agruparse en:
Coa aparición da agricultura xurdiron os primeiros asentamentos humanos. Ao almacenarse colleitas nos poboados, comezaron a aparecer pequenos roedores. Os gatos, atraídos por tantas presas, achegáronse. Axiña comezou unha relación beneficiosa para o home e o gato. Os gatos tamén poden cazar serpes ou víboras, o que fai que os arredores das casas sexan máis seguros.
A diferencia doutros vertebrados, os anfibios sofren unha transformación durante o seu desenvolvemento. Este cambio pode ser moi drástico e chámase metamorfose. As crías dos anfibios viven na auga mentres que os adultos viven na terra, aínda que precisan moita humidade. Durante a metamorfose, o corpo dos anfibios sofre transformacións que permiten este cambio de hábitat.
Os anfibios teñen as seguintes características xerais: