Transformaciones económicas y sociales en el siglo XIX en España

Documento de Iesp Elviña sobre las transformaciones económicas y sociales en el siglo XIX. El Pdf aborda la revolución industrial, el capitalismo y la sociedad de clases, las reformas agrarias liberales y las desamortizaciones. También se examinan las condiciones de vida de la clase trabajadora y la evolución del movimiento obrero, incluyendo las protestas iniciales y la influencia de las ideologías marxistas y anarquistas, para estudiantes universitarios de Historia.

Ver más

15 páginas

HISTORIA DE ESPAÑA
APUNTES TEMA 6
IESP Elviña
Profª. Beatriz Castro Díaz
TEMA 6. TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS E SOCIAIS NO SÉCULO XIX
Ao longo do século XIX e en paralelo á consolidación do Estado liberal, desenvolveuse en
España a revolución industrial, o capitalismo e a sociedade de clases.
De maneira xeral, o desenvolvemento económico da España liberal caracterizouse polo
atraso con respecto aos países máis avanzados de Europa; pola escasa renovación dos sistemas de
produción agraria, a pesar das transformacións provocadas polas desamortizacións; por un débil
desenvolvemento industrial e con fortes diferenzas rexionais; e cun papel particular do ferrocarril,
que contribuiu á formación dun mercado interior integrado, pero non foi o motor de
desenvolvemento que desempeñou noutros países.
Ao mesmo tempo, estas transformacións económicas e as paralelas transformacións
políticas provocaron grandes cambios sociais, coa consolidación da sociedade de clases, na que o
bloque dominante estaba formado pola burguesía industrial e financeira e a aristocracia
terratenente e na que se asistiu ao nacemento dun novo grupo social: o proletariado, que para
mellorar as súas condicións de vida desenvolveu unha intensa actividade reivindicativa e
organizativa na que tiveron especial influencia o anarquismo e o socialismo.
1. A reforma agraria liberal: as desamortizacións
- A economía española do século XIX dependía fundamentalmente da agricultura. Esta
experimentou algúns cambios importantes, sobre todo relacionados coa liberalización do terreo,
pero os factores físicos, a desigual distribución da terra e o atraso tecnolóxico limitaron a
modernización deste sector.
- No Antigo Réxime, diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a produción
agrícola e a propiedade da terra (como as terras en mans mortas). Xa os ilustrados, a finais do século
XVIII e seguindo o exemplo francés, insistiron en que, para mellorar a agricultura, era preciso tomar
unha serie de medidas, incluíndo modificar o réxime de propiedade da terra. Destacaron as
propostas de Gaspar Melchor de Jovellanos no seu Informe sobre a Lei Agraria de 1795. Porén, estas
non se levaron á práctica polas circunstancias políticas.
- Sobre esta base, a burguesía liberal e os sucesivos gobernos liberais (especialmente, desde as
Cortes de Cádiz) defenderon a necesidade de realizar unha reforma agraria liberal que permitise
converter a propiedade da terra nun ben libre, privado, particular e individual como paso previo a
un maior desenvolvemento da agricultura.
- Para facer esta reforma, era preciso: abolir o réxime señorial, desamortizar as terras eclesiásticas
e comunais, desvincular os morgados, suprimir as servidumes colectivas e o décimo eclesiástico,
abolir a Mesta e autorizar a liberdade de cultivos, o cerramento de campos e a libre compravenda
das terras.
- A medida máis importante desta reforma agraria foi a desamortización ou venda en pública poxa
dos bens rústicos e urbanos pertencentes ás mans mortas eclesiásticas e dos baldíos e terras de
comúns e propios dos concellos. O proceso desamortizador foi longo, debido tanto á masa de bens
afectados como aos avances e retrocesos provocados polas disputas políticas e ideolóxicas. Neste
sentido, cómpre ter en conta que os gobernos liberais progresistas eran firmes partidarios da
desamortización, pero esta era rexeitada polos absolutistas e a Igrexa (que consideraba os seus bens
como patrimonio de Xesucristo e propiedade sagrada e inviolable) e foi paralizada polos gobernos
liberais moderados.
- Sobre esta base, pódense distinguir varias fases no proceso desamortizador:
2
· Primeiros intentos desamortizadores, anteriores á reforma agraria liberal e motivados,
principalmente, por intereses facendísticos:
> A chamada “desamortización de Godoy” (1798), que afectou a unha pequena
cantidade de bens da Igrexa.
> As medidas adoptadas por Xosé I en 1809, durante a Guerra de Independencia,
sobre bens do clero regular e da aristocracia que resistira á invasión francesa, pero
que tiveron escasa incidencia.
· Decretos de desamortización promulgados polas Cortes de Cádiz (1813), xa inspirados nos
principios liberais destas Cortes. Afectaron aos bens dos afrancesados, das ordes militares, dos
conventos suprimidos ou destruídos, do patrimonio da Coroa e dos baldíos e terras dos concellos.
Pero tiveron escasa vixencia debido á rápida restauración do absolutismo en 1814 e, aínda que se
volveron recuperar no Trienio Liberal, en 1823 quedaron de novo paralizados.
· Desamortizacións principais, levadas a cabo durante o as rexencias de María Cristina e Espartero
e o reinado de Isabel II, con tres fases desamortizadoras que se produciron sempre baixo gobernos
progresistas e que foron sempre paralizadas polos gobernos moderados:
1.- Desamortización de Mendizábal (1835-1836). Levouse a cabo por iniciativa do Ministro
de Facedan Juan Álvarez Mendizábal a través de dous decretos que afectaron, basicamente,
ao clero regular (eclesiásticos/as membros dunha orde relixiosa), suprimindo os mosteiros
das ordes monacais (agás aqueles que prestasen servizos de auxilio social) e poñendo en
venda os seus bens. Os seus obxectivos básicos eran: reformar o réxime da propiedade,
sanear a Facenda (en crise pola Primeira Guerra Carlista), reducir a débeda pública e crear
un amplo grupo social de propietarios favorable á causa liberal, ademais de debilitar á Igrexa,
inimigo tradicional do liberalismo.
2.- Desamortización de Espartero (1841), levada a cabo durante o primeiro ano da súa
rexencia e que declarou nacionais e puxo en venta os bens do clero secular (bispos,
sacerdotes e eclesiásticos que non están sometidos a unha orde relixiosa), igualmente con
finalidades facendísticas. A partir de 1844, os gobernos moderados paralizaron o proceso e,
tras a firma do Concordato de 1851, comprometéronse a soster economicamente ao clero a
cambio de que a Igrexa aceptase as vendas xa realizadas.
3.- Desamortización de Madoz (1855). Levouse a cabo durante o Bienio Progresista a través
da Lei xeral de desamortización presentada polo ministro de Facenda Pascual Madoz. Foi a
lei que produciu os maiores cambios polo volume e tipoloxía das terras que se puxeron en
venda, xa que sacou á venda o que aínda quedaba das propiedades eclesiásticas e estableceu
a desamortización civil, pola que se puñan en venda os bens do Estado e os bens propios e
comúns dos concellos dicir, tanto os bens que eran propiedade dos concellos como os
bens que pertencían a todos os seus veciños e se usaban comunalmente, como os bosques,
prados, augas...). Un dos seus principais obxectivos foi impulsar a construción do ferrocarril,
tras a aprobación, nese mesmo ano, da Lei xeral de ferrocarrís.
- As consecuencias deste gran proceso desamortizador foron múltiples, pero desiguais, provocando
que o seu balance fose positivo nalgúns aspectos, pero negativo noutros:
Positivas:
> O réxime de propiedade da terra transformouse, consolidándose a propiedade privada.
Calcúlase que cambiaron de dono máis de 10 millóns de hectáreas, o 50% do territorio cultivable
español.
> Permitiu poñer en cultivo moitas terras abandonadas, o que favoreceu un certo aumento da
produción agrícola, aínda que con moitas limitacións.
Negativas:
> Incremento dos latifundios agrarios e dos grandes terratenentes. A terra cambiou de mans, pero
non se modificou o tamaño da propiedade. Algúns historiadores sosteñen, de feito, que a

Visualiza gratis el PDF completo

Regístrate para acceder al documento completo y transformarlo con la IA.

Vista previa

TEMA 6. TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS E SOCIAIS NO SÉCULO XIX

Ao longo do século XIX e en paralelo á consolidación do Estado liberal, desenvolveuse en España a revolución industrial, o capitalismo e a sociedade de clases.

De maneira xeral, o desenvolvemento económico da España liberal caracterizouse polo atraso con respecto aos países mais avanzados de Europa; pola escasa renovación dos sistemas de produción agraria, a pesar das transformacións provocadas polas desamortizacións; por un débil desenvolvemento industrial e con fortes diferenzas rexionais; e cun papel particular do ferrocarril, que contribuíu a formación dun mercado interior integrado, pero non foi o motor de desenvolvemento que desempeñou noutros países.

Ao mesmo tempo, estas transformacións económicas e as paralelas transformacións políticas provocaron grandes cambios sociais, coa consolidación da sociedade de clases, na que o bloque dominante estaba formado pola burguesía industrial e financeira e a aristocracia terratenente e na que se asistiu ao nacemento dun novo grupo social: o proletariado, que para mellorar as suas condicións de vida desenvolveu unha intensa actividade reivindicativa e organizativa na que tiveron especial influencia o anarquismo e o socialismo.

1. A reforma agraria liberal: as desamortizacións

  • A economía española do século XIX dependía fundamentalmente da agricultura. Esta experimentou alguns cambios importantes, sobre todo relacionados coa liberalización do terreo, pero os factores físicos, a desigual distribución da terra e o atraso tecnolóxico limitaron a modernización deste sector.
  • No Antigo Réxime, diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a produción agrícola e a propiedade da terra (como as terras en mans mortas). Xa os ilustrados, a finais do século XVIII e seguindo o exemplo francés, insistiron en que, para mellorar a agricultura, era preciso tomar unha serie de medidas, incluíndo modificar o réxime de propiedade da terra. Destacaron as propostas de Gaspar Melchor de Jovellanos no seu Informe sobre a Lei Agraria de 1795. Porén, estas non se levaron á práctica polas circunstancias políticas.
  • Sobre esta base, a burguesía liberal e os sucesivos gobernos liberais (especialmente, desde as Cortes de Cádiz) defenderon a necesidade de realizar unha reforma agraria liberal que permitise converter a propiedade da terra nun ben libre, privado, particular e individual como paso previo a un maior desenvolvemento da agricultura.
  • Para facer esta reforma, era preciso: abolir o réxime señorial, desamortizar as terras eclesiásticas e comunais, desvincular os morgados, suprimir as servidumes colectivas e o décimo eclesiástico, abolir a Mesta e autorizar a liberdade de cultivos, o cerramento de campos e a libre compravenda das terras.
  • A medida máis importante desta reforma agraria foi a desamortización ou venda en pública poxa dos bens rústicos e urbanos pertencentes ás mans mortas eclesiásticas e dos baldíos e terras de comúns e propios dos concellos. O proceso desamortizador foi longo, debido tanto á masa de bens afectados como aos avances e retrocesos provocados polas disputas políticas e ideolóxicas. Neste sentido, cómpre ter en conta que os gobernos liberais progresistas eran firmes partidarios da desamortización, pero esta era rexeitada polos absolutistas e a Igrexa (que consideraba os seus bens como patrimonio de Xesucristo e propiedade sagrada e inviolable) e foi paralizada polos gobernos liberais moderados.
  • Sobre esta base, pódense distinguir varias fases no proceso desamortizador:· Primeiros intentos desamortizadores, anteriores a reforma agraria liberal e motivados, principalmente, por intereses facendísticos:
    • A chamada "desamortización de Godoy" (1798), que afectou a unha pequena cantidade de bens da Igrexa.
    • As medidas adoptadas por Xosé I en 1809, durante a Guerra de Independencia, sobre bens do clero regular e da aristocracia que resistira á invasión francesa, pero que tiveron escasa incidencia.
  • Decretos de desamortización promulgados polas Cortes de Cádiz (1813), xa inspirados nos principios liberais destas Cortes. Afectaron aos bens dos afrancesados, das ordes militares, dos conventos suprimidos ou destruídos, do patrimonio da Coroa e dos baldíos e terras dos concellos. Pero tiveron escasa vixencia debido a rápida restauración do absolutismo en 1814 e, ainda que se volveron recuperar no Trienio Liberal, en 1823 quedaron de novo paralizados.
  • Desamortizacións principais, levadas a cabo durante o as rexencias de Maria Cristina e Espartero e o reinado de Isabel II, con tres fases desamortizadoras que se produciron sempre baixo gobernos progresistas e que foron sempre paralizadas polos gobernos moderados:
    1. Desamortización de Mendizábal (1835-1836). Levouse a cabo por iniciativa do Ministro de Facedan Juan Alvarez Mendizábal a través de dous decretos que afectaron, basicamente, ao clero regular (eclesiásticos/as membros dunha orde relixiosa), suprimindo os mosteiros das ordes monacais (agás aqueles que prestasen servizos de auxilio social) e poñendo en venda os seus bens. Os seus obxectivos básicos eran: reformar o réxime da propiedade, sanear a Facenda (en crise pola Primeira Guerra Carlista), reducir a débeda pública e crear un amplo grupo social de propietarios favorable a causa liberal, ademais de debilitar á Igrexa, inimigo tradicional do liberalismo.
    2. Desamortización de Espartero (1841), levada a cabo durante o primeiro ano da súa rexencia e que declarou nacionais e puxo en venta os bens do clero secular (bispos, sacerdotes e eclesiásticos que non están sometidos a unha orde relixiosa), igualmente con finalidades facendísticas. A partir de 1844, os gobernos moderados paralizaron o proceso e, tras a firma do Concordato de 1851, comprometeronse a soster economicamente ao clero a cambio de que a Igrexa aceptase as vendas xa realizadas.
    3. Desamortización de Madoz (1855). Levouse a cabo durante o Bienio Progresista a través da Lei xeral de desamortización presentada polo ministro de Facenda Pascual Madoz. Foi a lei que produciu os maiores cambios polo volume e tipoloxía das terras que se puxeron en venda, xa que sacou á venda o que aínda quedaba das propiedades eclesiásticas e estableceu a desamortización civil, pola que se puñan en venda os bens do Estado e os bens propios e comuns dos concellos (é dicir, tanto os bens que eran propiedade dos concellos como os bens que pertencían a todos os seus veciños e se usaban comunalmente, como os bosques, prados, augas ... ). Un dos seus principais obxectivos foi impulsar a construción do ferrocarril, tras a aprobación, nese mesmo ano, da Lei xeral de ferrocarris.

Consecuencias do proceso desamortizador

- As consecuencias deste gran proceso desamortizador foron múltiples, pero desiguais, provocando que o seu balance fose positivo nalguns aspectos, pero negativo noutros:

Consecuencias Positivas

  • O réxime de propiedade da terra transformouse, consolidándose a propiedade privada. Calculase que cambiaron de dono máis de 10 millóns de hectáreas, o 50% do territorio cultivable español.
  • Permitiu poner en cultivo moitas terras abandonadas, o que favoreceu un certo aumento da produción agrícola, ainda que con moitas limitacións.

Consecuencias Negativas

  • Incremento dos latifundios agrarios e dos grandes terratenentes. A terra cambiou de mans, pero non se modificou o tamaño da propiedade. Alguns historiadores sostenen, de feito, que a 2desamortización contribuiu ao atraso da industrialización da agricultura pola desviación dos recursos financeiros cara a compra de terras, en lugar de ás actividades industriais.
  • Os grandes beneficiarios do proceso foron os compradores: xente adineirada da vella aristocracia e da nova burguesía comercial e administrativa, que non só consolidaron o seu patrimonio, senón que, ademais, fixeron bos negocios e incrementaron o seu prestixio social. Na opinión dalgúns políticos liberais da época, como Flórez Estrada, isto foi consecuencia da maneira de levarse a cabo as desamortizacións, a través do sistema de poxa pública, que só deu acceso á compra á aristocracia e busguesía e deixou fóra ao campesiñado, que non dispoñía do diñeiro necesario.
  • Os grandes perdedores foron os campesiños, a Igrexa e os municipios. Os campesiños pasaron de ser usuarios de bens comunais ou terras de baixa renda a pagar rendas mais elevadas polo endurecemento dos contratos de arrendamento e de traballo, que se plantexaban desde unha nova óptica capitalista. A Igrexa perdeu gran parte do seu patrimonio inmobiliario e tamén o artístico e documental. Os municipios perderon a súa principal fonte de ingresos, ao privatizar os bens de propios, baldíos e comunais.

Balance da reforma agraria

- En conxunto, pois, malia que as desamortizacións provocaron o cambio na propiedade da terra e a duplicación da superficie cultivada, non modificaron nin a estrutura da propiedade nin os métodos de explotacións da terra:

  • Mantivose un notable atraso técnico e a vixencia dos vellos sistemas de explotación (cultivos extensivos, barbeito, escaso emprego de maquinaria e fertilizantes ... ), o que se traduciu nun nivel de produtividade moi baixo. Como consecuencia,
    • non se abarataron os prezos dos produtos agrarios.
    • a produción española non abondaba para cubrir a demanda dunha poboación en crecemento e houbo que acudir á importación.
    • e non se xeraron os excedentes precisos para obter capitais cos que potenciar o desenvolvemento industrial, polo que a agricultura non foi motor de arrastre da economía.
  • A estrutura produtiva apenas se modificou. A tríade trigo-oliveira-vide e as leguminosas representaban o 80% do total do produto agrícola.
  • Acentuouse a desigual evolución agraria, entre:
    • Zonas que permaneceron estancadas en niveis técnicos e de produción próximos aos do Antigo Réxime (Galicia, Meseta, Aragón, Estremadura e Andalucía).
    • Zonas que se especializaron en cultivos con saída aos mercados e que introduciron certas innovacións técnicas. Limitáronse á cornixa cantábrica e Galicia na cría do gando vacún e produción de leite; Cataluña (produción de froitas e vide); Levante e Murcia (cultivos intensivos de regadío frutícolas e hortícolas: cítricos, amendoas, pimentón ... ); e Andalucía no relativo á produción de aceite de oliva e vide.
  • Unha parte importante da man de obra agraria mantivose en niveis de autosubsistencia.

- Podemos concluir, pois, que as desamortizacións non modernizaron a agricultura nin supuxeron unha verdadeira reforma agraria, como pretendían os gobernos liberais progresistas, e que o estancamento agrícola foi unha das causas básicas do atraso da economía española durante o século XIX.

Desamortización en Galicia

- En Galicia, a desamortización tivo unhas características especiais debido ao mantemento do sistema dos foros e á peculiar organización dos montes comunais:

  • A maioría das terras galegas explotábanse mediante os foros, contratos de arrendamento de longa duración que recoñecían a existencia, sobre unha mesma parcela de terra, de dereitos diferentes en mans de grupos distintos: a nobreza terratenente, os conventos, mosteiros e catedrais, que eran os donos e titulares das terras (posuían o dominio eminente); os campesinos 3

¿Non has encontrado lo que buscabas?

Explora otros temas en la Algor library o crea directamente tus materiales con la IA.