Presentación sobre demografía e a medición da poboación. O Pdf aborda a demografía, explicando como se mide a poboación a través de taxas de natalidade e mortalidade, con fórmulas de cálculo e datos específicos para España e Galicia, incluíndo fluxos migratorios. É un material de Xeografía para Bacharelato.
See more28 Pages


Unlock the full PDF for free
Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.
A demografía é a ciencia que estuda a poboación de maneira cuantitativa. Para realizar este estudo precisa contar con diversas fontes:
Os censos. Son recontos da poboación dun país nun momento determinado. Recollen datos moi variados da poboación: demográficos, económicos e sociais (como por exemplo o sexo, a idade, a nacionalidade, a lingua, o nivel de instrución, etc). O censo realízase cunha periodicidade de dez anos
O padrón municipal. É o rexistro dos veciños dun municipio, en que se recollen os nacementos, defuncións e cambios de residencia. Realízase cunha - 3 -periodicidade anual.
A poboación pode medirse a través de diversas taxas:
A taxa de natalidade é aquela que relaciona o número de nacementos nun ano coa poboación total. Podemos calculala coa seguinte fórmula, expresada en tantos por mil:
Número de nacementos por ano x 1.000 Poboación total = %o
Estariamos ante unha taxa de natalidade alta se supera o 30 %%; media, no caso de que se atope entre o 30-15 %%, e baixa se é inferior a 15 %o.
A taxa de fecundidade relaciona o número de nacementos nun ano co número total de mulleres en idade fértil e calcúlase do seguinte xeito:
Número de nacementos por ano x 1.000 = %. N.º de mulleres entre 15 e 49 anos (idade fértil)
A taxa de fecundidade será alta se supera o 150 %, media cando se atopa entre 150 e 75 %% e baixa se é inferior a 75%o.
- 4 -N.º de defuncións por ano x 1.000 = %o Poboación total
A taxa de mortalidade será alta se supera o 30 %%; media, de se atopar entre o 25-15 %0, e baixa se é inferior ao 15 %0.
A taxa de mortalidade infantil relaciona o número de nenos falecidos menores dun ano e o total de nenos nacidos durante ese mesmo ano.
N.ºfalecidos menores de 1 ano x 1.000 = %o N.º total de nacementos
A taxa de mortalidade infantil será alta se supera o 150 %0; media, se se atopa entre o 150-25 %0, e baixa se é inferior ao 25 %0.
Suma dos anos vividos dunha poboación = media de anos vividos N.º de individuos desa poboación
A esperanza de vida será alta cando se superaren os 70 anos; media, de se situar entre os 60 e os 70, e baixa cando o resultado é inferior a 60.
O crecemento natural da poboación é a diferenza entre o número de nacementos e o de defuncións. Os seus valores poden ser os seguintes:
Podemos medir o crecemento natural de dous xeitos distintos:
Total de nacementos - Total de defuncións Tasa de natalidade - Tasa de mortalidade
A tasa dos resultados obtidos será alta se supera o 20 %0; media, cando se atopa entre o 20-10 %0, e baixa se se sitúa no intervalo 10-0 %0.
A poboación repártese de maneira desigual no territorio. Para coñecer a relación entre o número de habitantes e a superficie do territorio debemos calcular a densidade de poboación do seguinte xeito:
Densidade de poboación = N.º habitantes Superficie en km2
Este cálculo é importante porque a medición da poboación depende tanto do número de habitantes como da superficie que ocupan.
É moi interesante coñecer como foi evolucionando o número de persoas que habitan o conxunto do planeta Terra, o voso país ou incluso a vosa localidade.
Xacobe proponvos que sexades os mellores expertos e expertas en demografía do mundo. Para tal labor, traballaredes en grupos de catro e seguiredes estes pasos:
O crecemento dunha poboación determina as suas características. Para estudalas, debemos fixarnos nos seguintes aspectos:
A distribución por sexos é a diferenza entre o número de homes e de mulleres. Se nunha poboación existe un número maior de mulleres, tamén se favorecerá un maior crecemento natural, sobre todo se esas mulleres están na franxa de idade fértil.
Para observar mellor estes datos debemos trasladar as cifras a unha gráfica de barras que recibe o nome de pirámide de poboación.
- 11 -85 e máis O O 80 a 84 75 a 79 70 a 74 65 a 69 55 a 59 50 a 54 45 a 49 40 a 44 35 a 39 30 a 34 25 a 29 20 a 24 15 a 19 10 a 14 5 a 9 0 a 4 6 4 2 % 2 4 6 1900 00 A forma era a dunha pirámide debido ás elevadas taxas de natalidade e de mortalidade. A esperanza de vida apenas superaba os 30 anos e a mortalidade infantil era moi alta.
85 e máis C 80 a 84 75 a 79 70 a 74 65 a 69 55 a 59 50 a 54 45 a 49 40 a 44 35 a 39 30 a 34 25 a 29 20 a 24 15 a 19 10 a 14 5 a 9 0 a 4 6 4 2 2 4 6 1969 60 A pirámide vai adquirindo forma acampanada por varios motivos: a diminución da mortalidade entre a xente mais nova, a guerra civil e a alta natalidade deses anos. Apréciase unha maior esperanza de vida da muller a partir dos sesenta anos.
- 12 -85 e máis O O 80 a 84 75 a 79 70 a 74 65 a 69 55 a 59 50 a 54 45 a 49 40 a 44 35 a 39 30 a 34 25 a 29 20 a 24 15 a 19 10 a 14 5 a 9 0 a 4 6 4 2 %0 2 4 6 200007 A pirámide ten forma de pera: base máis estreita (menos nacementos) e cúspide máis ancha (maior esperanza de vida). A repunta da natalidade fai que o colectivo de 0 a 4 anos sexa algo maior que o de 5 a 9 anos. É importante destacar a entrada de inmigrantes.
As pirámides de poboación constan de tres partes diferenciadas, as cales representan:
Base da pirámide: aquí sitúase o número de persoas que hai entre os 0 e os 14 anos.
A interpretación dos datos lévanos a diferenciar tres etapas ou réximes demográficos ao longo dos cales a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presentan trazos semellantes.
Caracterízase por altas taxas de natalidade e de mortalidade e por un crecemento natural ou vexetativo baixo. Esta situación mantívose ata principios do século XX:
A natalidade era elevada, xa que faltaban sistemas para o seu control.
- 13 -Ademais, pensábase nos fillos como man de obra no fogar que aseguraría o porvir dos pais.
A consecuencia de todo isto era un crecemento natural baixo.
Caracterízase pola diminución das taxas de natalidade, o descenso da mortalidade e un crecemento natural ou vexetativo elevado.
Como consecuencia o crecemento natural foi alto.
Presenta taxas de natalidade e mortalidade baixas e, por tanto, un escaso crecemento natural.
A taxa de natalidade descendeu notablemente desde 1978 a 1998 debido á incorporación da muller ao mundo laboral, á difusión dos anticonceptivos e ao cambio de mentalidade. A partir de 1998, este descenso de natalidade mitigouse coa chegada de inmigrantes.
As migracións son movementos de poboación dun lugar a outro. Dentro das migracións, distinguimos entre emigración e inmigración.
A emigración é a saída de persoas dun determinado lugar para irrn vivir a outro lugar. Existen dous tipos de emigración: interior e exterior.
A emigración interior ten lugar cando unha persoa se muda do campo á cidade ou dunha cidade a outra, mais dentro do mesmo país en que reside. Este tipo de movementos migratorios cambiaron moito ao longo da historia:
Emigración interior tradicional:
- 20 -· O éxodo rural proc A Coruña masiva do campo á cidade por un período de Vigo tempo longo.
Doutra banda, a emigración exterior ten lugar cando unha persoa marcha a vivir a outro país ou a outro continente.
A emigración transoceánica ou a ultramar dirixiuse principalmente a América Latina e secundariamente a Estados Unidos, Canadá e Australia. En moitos casos foi unha emigración permanente, pero tamén houbo episodios de emigración temporal para traballar na construción de grandes infraestruturas. As etapas de maior auxe tiveron lugar desde mediados do século XIX ata a I Guerra Mundial e desde 1945 ata 1960. A partir deste momento, iniciouse unha emigración dirixida cara a Europa.