Desenvolvemento sensorial: percepción visual e auditiva en educación infantil

Documento de Cifp A Xunqueira sobre o desenvolvemento sensorial, centrándose nos sistemas visual e auditivo. O Pdf aborda o proceso sensorial, teorías explicativas, desenvolvemento de capacidades e alteracións, útil para formación profesional en educación infantil.

See more

43 Pages

Ciclo Formativo de Grao Superior
EDUCACIÓN INFANTIL
CIFP A XUNQUEIRA
MÓDULO: DCM
UD 2: “Somos sensacións e
percepcións”
(Desenvolvemento sensorial)
Brais Rodríguez Otero
1
ÍNDICE:
1. O PROCESO SENSORIAL ..................................................................................... 2
2. TEORÍAS EXPLICATIVAS DO DESENVOLVEMENTO SENSORIAL ................... 7
2.1. Métodos de estudo .................................................................................... 9
3. O DESENVOLVEMENTO DAS CAPACIDADES SENSORIAIS E PERCEPTIVAS10
3.1. O sistema visual. Desenvolvemento da percepción visual .................. 11
3.2. O desenvolvemento auditivo. Desenvolvemento da percepción
auditiva .................................................................................................... 15
3.3. O tacto. Desenvolvemento da percepción táctil .................................... 17
3.4. O olfacto. Desenvolvemento da percepción olfactiva .......................... 18
3.5. O gusto. Desenvolvemento da percepción gustativa ........................... 20
3.6. O sistema somatosensorial ou cinestésico ........................................... 21
3.7. Coordinación intersensorial .................................................................... 22
4. A INTERVENCIÓN NO DESENVOLVEMENTO SENSORIAL ............................. 24
4.1. A estimulación sensorial no currículo ................................................... 27
4.2. A avaliación do desenvolvemento sensorial ......................................... 29
5. ALTERACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO SENSORIAL .................................. 31
5.1. Alteracións no sistema visual ................................................................. 31
5.1.1. Discapacidade visual ................................................................... 34
5.2. Alteracións no sistema auditivo ............................................................. 36
5.2.1. Tipoloxías de hipoacusia ............................................................. 37
5.3. Alteracións do olfacto, gusto e tacto ..................................................... 39
5.3.1. Os trastornos do olfacto .............................................................. 39
5.3.2. Os trastornos do gusto ................................................................ 40
5.3.3. Alteracións do tacto ..................................................................... 40
5.4. A intervención na diversidade sensorial ................................................ 40

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

O PROCESO SENSORIAL

Os órganos dos sentidos son capaces de reaccionar ante diversos estímulos do entorno e enviar os datos "capturados" ao cerebro a través do sistema nervioso. Estes datos son relativamente obxectivos, xa que son os mesmos para todos os individuos. Non obstante, a resposta do cerebro ante dito estímulo non ten por que ser a mesma en todos os individuos.

A experiencia ou as necesidades dos individuos poden ser distintas, o que influirá de forma definitiva na maneira de interpretar e reaccionar á información. Un exemplo disto pode ser o seguinte: unha crianza e unha adulta observan ao mesmo tempo como se acende unha luz vermella nun semáforo, os seus ollos transmitirán a mesma información ao cerebro (luz vermella). Pero a interpretación e a resposta poden non coincidir: a crianza pode non coñecer o significado da luz vermella e cruza a rúa; a adulta sabe que esa luz significa perigo e que ten que esperar.

No proceso sensorial, fortemente vinculado ao cognitivo, xogan un papel fundamental os conceptos de "sensación" e de "percepción". Na linguaxe cotiá, non especializada, empréganse como sinónimos, mais no ámbito da psicoloxía son termos diferentes, aínda que complementarios.

A sensación é un estado elemental do coñecemento orixinado pola acción directa dun estímulo sobre os órganos sensoriais (sentidos), que se encargan de transmitir a información recibida a un centro nervioso. A sensibilidade é a capacidade que temos de recibir os estímulos e permítenos captar determinados aspectos da realidade e de nós mesmos (tamaño, cor, temperatura, textura, olor, fame, frío, etc.).

Os órganos sensoriais son os encargados de recoller a estimulación que nos manda o medio e/ou o noso propio corpo e de transmitila ao cerebro, que é onde se rexistra esa información e se converte en sensación.

A sensación é unha impresión que se produce no cerebro pola excitación orixinada nun receptor sensorial a causa dun estímulo proveniente do mundo exterior ou do propio corpo. As sensacións constitúen a fonte principal de información sobre o mundo exterior e sobre o noso corpo.

Un estímulo é calquera enerxía física que poda excitar aos nosos receptores sensoriais. Os estímulos activan os receptores sensoriais, situados nos órganos dos

sentidos, e se produce unha excitación, orixinándose un impulso nervioso que é transmitido polos nervios sensoriais (óptico, auditivo, .. ) até o cerebro. O cerebro recibe esa información e a convirte en sensación. Segundo a súa modalidade, podemos distinguir:

  • Sensacións exteroceptivas: aportan información do mundo exterior. Os seus receptores están situados nos órganos dos sentidos. Fan referencia ás sensacións e percepcións cutáneas, gustativas, olfactivas, visuais e auditivas, que aportan información das calidades externas do propio corpo, do outro e dos obxectos, como tamén das distintas relacións que se establecen entre uns e outros. É importante sinalar que a información do exterior chega sempre ou case sempre por diferentes sentidos á vez.
  • Sensacións propioceptivas: aportan información sobre a posición relativa das partes do corpo, así como da posición (postura) do corpo no espazo. Os receptores atópanse nos músculos, os tendóns, as articulacións, o aparato vestibular (oído) e a pel. Grazas a ela temos conciencia da postura, a situación das partes do corpo, equilibrio ou desequilibrio, etc.
  • Sensacións interoceptivas: aportan información referinte ao medio interno do corpo, dos estados viscerais debido ás necesidades fisiolóxicas ou as emocións. Os receptores atópanse nos órganos internos. Grazas a elas temos sensacións de fame, sede, dor, malestar, etc.

Outra clasificación das sensacións en función do carácter máis ou menos subxectivo ou obxectivo e a súa relación cos estados emocionais:

  • Sensacións protopáticas ou primitivas. Son inseparáveis dos estados emocionais (carácter subxectivo) e non reflicten con suficiente nitidez os obxectos reais do mundo exterior. Son as primeiras sensacións que percibe a crianza, relacionadas cos estados de pracer ou non-pracer.
  • Sensacións epicríticas ou complexas. Son sensacións máis complexas, están separadas dos estados emocionais, e reflicten as cousas do mundo exterior dun modo máis obxectivo. Este tipo de sensacións aparece en etapas mais tardías da evolución.

No funcionamento de case todos os órganos dos sentidos hai elementos de sensibilidade protopática e epicrítica en distintas proporcións. Así, por exemplo, na sensación visual o componente protopático podería ser agrado, calidez, etc .; o componente epicrítico sería vermello, azul, grande, redondo, etc.

Aínda que a sensación asegura o contacto coa realidade, non garante a súa comprensión, achega un material bruto que o pensamento debe organizar para extraer o seu significado; o que chega á nosa sensibilidade é unha serie de "estímulos" que afectan aos diferentes sentidos pero o que nos captamos non son estímulos illados senón un mundo coherente de obxectos. A actividade mental que permite esta configuración dos estímulos en obxectos, este dotar de significado á sensación, é o que denominamos percepción.

Percibir é algo máis que a suma do que se ve, o que se escoita, se sinte, se cheira ou se saborea. É darlle a todo iso un significado, concluír cunha idea (recoñecer un obxecto, unha persoa, diferenciar unha situación doutra, etc.).

A percepción é a capacidade de organizar, interpretar e codificar os datos sensoriais. É o proceso mediante o que se lle dá un significado ás sensacións. A percepción considérase unha función cognitiva básica (de maior complexidade que a sensación) e significa a toma de conciencia de que o mundo existe, de que ten calidades, etc.

As impresións recibidas polos nosos centros nerviosos vense afectadas por factores tales como a nosa experiencia anterior, o contexto, o estado afectivo no que nos atopamos, ... Por exemplo: escoitamos ao lonxe un chirriar dunhas rodas de coche e un bocinazo. Creamos unha percepción formada por unha sensación (ruído), unha idea (posible accidente) e unha emoción (preocupación, alteración).

Deste xeito, podemos entender que as persoas percibamos de diferente modo as sensacións: olores, sabores, temperatura, etc. O que para alguén pode resultar agradable, outra persoa o pode sentir como incómodo ou incluso doloroso. Toda percepción baséase na unión de tres componentes:

  • Componente sensorial: é a información obtida polos órganos sensoriais e enviada ao cerebro.
  • Componente cognitivo: é o concepto, significado ou símbolo que o cerebro asocia á información sensorial recibida.

· Componente emocional: é a sensación de agrado ou desagrado que provoca o estímulo. Normalmente está presente na maioría das percepcións.

A sensación é o resultado da actividade dos órganos receptores e das súas vías asociadas ás áreas corticais correspondentes, mentres que a percepción é o resultado da actividade das células do córtex cerebral que elaboran e estruturan a información recibida na sensación.

É de suma importancia a diferenza entre sensación e percepción dado que, por exemplo, é posíbel ter en perfectas condicións o sentido da vista (sensación) e non ser capaz de discriminar un estímulo visual (percepción).

Como vimos, a sensación e a percepción son procesos diferentes pero complementarios. Esta complementariedade fai que na realidade se fale dun único proceso, denominado proceso sensorial, de sensación-percepción ou perceptivo.

Este proceso consta de 3 fases ou momentos:

a) Momento de estimulación e excitación: tamén chamada de transdución (proceso polo que un tipo de enerxía se transforma noutro diferente). O estímulo chega ao receptor sensorial e excita as distintas células nerviosas (a luz excita á retina, o son ao órgano de Corti, etc.), orixinando un impulso nervioso. Os estímulos son transformados nos órganos receptores en impulsos nerviosos. Non todos os elementos exteriores se consideran estímulos, xa que hai que ter en conta os seguintes factores:

  • A discriminación sensorial: agrande cantidade de estímulos que xera o entorno podería provocar unha sobrecarga sensorial. O individuo diferencia os estímulos que recibe como relevantes ou irrelevantes mediante un proceso cognitivo básico: a atención.
  • Os límites sensoriais: todos os sentidos precisan dunha cantidade mínima de estimulación para iniciar a transmisión da información sensorial. É o que se denomina límite mínimo (intensidade mínima de estímulo necesaria para producir a sensación). Existe tamén un límite máximo ou superior (cantidade máxima de estímulo a partir da cal un aumento en intensidade do estímulo non dá lugar a un aumento na sensación). Entre o límite mínimo e o máximo atópase o abano de sensacións que é posible percibir. Cada persoa ten os

ÍNDICE

  1. O PROCESO SENSORIAL
  2. TEORÍAS EXPLICATIVAS DO DESENVOLVEMENTO SENSORIAL
    1. Métodos de estudo
  3. O DESENVOLVEMENTO DAS CAPACIDADES SENSORIAIS E PERCEPTIVAS
    1. O sistema visual. Desenvolvemento da percepción visual
    2. O desenvolvemento auditivo. Desenvolvemento da percepción auditiva
    3. O tacto. Desenvolvemento da percepción táctil
    4. O olfacto. Desenvolvemento da percepción olfactiva
    5. O gusto. Desenvolvemento da percepción gustativa
    6. O sistema somatosensorial ou cinestésico
    7. Coordinación intersensorial
  4. A INTERVENCIÓN NO DESENVOLVEMENTO SENSORIAL
    1. A estimulación sensorial no currículo
    2. A avaliación do desenvolvemento sensorial
  5. ALTERACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO SENSORIAL
    1. Alteracións no sistema visual
      1. Discapacidade visual
    2. Alteracións no sistema auditivo
      1. Tipoloxías de hipoacusia
    3. Alteracións do olfacto, gusto e tacto
      1. Os trastornos do olfacto
      2. Os trastornos do gusto
      3. Alteracións do tacto
    4. A intervención na diversidade sensorial

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.