INTRODUCIÓN
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) constituen un chamamento
universal á acción para poñer fin á pobreza , protexer o planeta e mellorar as vidas
e perspectivas das persoas en todo o mundo. No 2015, todos os Estados
Membros das Nacions Unidas aprobaron 17 obxectivos como parte da Axenda 2030
para o desenvolvemento sostible, na cal se establece un plan para acadar os
Obxectivos en 15 años.
Actualmente, se está progresando en moitos lugares, pero , en xeral as medidas
encamiñadas a lograr os obxectivos todavía non avanzan á velocidade nin na
escala necesarias.
Así, o número 11 dos ODS pasa por lograr sociedades e comunidades sostibles.
Para iso, precísase acadar os obxectivos seguintes:
- O obxectivo 10 presta atención na reducción das desigualdades sociais e, por
tanto, da pobreza.
- Os números 3 e 4 céntrase nos servizos de saúde e educación.
- O obxectivo 8 aborda a procura dun traballo digno e de servizos públicos
inclusivos.
- No 13 fálase de reducir o impacto ambiental das cidades, cunha urbanización
sostible e o coidado do patrimonio cultural e natural do mundo.
- O 7 anda na procura de que sean as cidades as que deben liderar a minimización
do cambio climático.
O ser humano habita na Terra convivindo co resto das especies animais e vexetais,
pero polo noso grao de intelixencia, conseguimos interferir nos procesos naturais,
ocupar a maior parte dos hábitats do planeta e modificar os seus diferentes
ecosistemas segundo as nosas necesidades.
A explotación dos recursos naturais para as nosas necesidades, case sempre, xera
en maior ou menor medida un impacto no medio natural, que en moitos casos e moi
negativo e produce diversos problemas, como a contaminación.
OS RECURSOS NATURAIS
Chamámoslles recursos naturais aos elementos que se dan de xeito natural no
medio e que o ser humano pode empregar para o seu beneficio.
Tipos de recursos naturais
Existe unha gran variedade de recursos que se poden clasificar de diversas
maneiras.
Segundo o seu uso, poden ser:
- Materias primas: son aquelas que se sacan da natureza para o seu
aproveitamento. Con elas se elaboran produtos que logo chegan á poboación. Por
exemplo, a madeira, os minerais ou os produtos agrícolas.
- Fontes de enerxía: poden ser empregadas para obter enerxía para os
transportes, a industria ou os fogares. Por exemplo, o petróleo, a luz do Sol, o vento
ou o carbón.
Segundo a súa disponibilidade, os recursos naturais poden clasificarse en dous
tipos:
recursos renovables ou non renovables.
- Os recursos non renovables caracterízanse por non poder ser rexenerados ou
reutilizados ou reproducidos. Isto os converte tamén en limitados. Por exemplo, na
terra hai unha cantidade limitada de petróleo, e non se pode rexenerar. Iso quere
dicir que as reservas se van reducindo paseniño e chegará un día en que se esgote,
se continúa a súa extracción.
Exemplos de recursos non renovables: os metais; os minerais e os
combustibles fósiles como o carbón, o petróleo ou o gas natural; e os
depósitos de auga subterránea.
- Os recursos renovables caracterízanse pois por ser reutilizables e reciclables
pero, nalgún caso, o seu consumo é demasiado alto e o seu nivel de reciclaxe é
baixo. Por exemplo, podemos rexenerar un bosque de árbores tallado e plantando
outras novas. Por iso dicimos que a madeira é un recurso renovable. Agora ben, haique evitar unha explotación excesiva, xa que podería chegar a desaparecer algunha
especie se non se fai de maneira controlada.
Dentro dos recursos renovables, distinguimos os ilimitados, que non se esgotan,
como por exemplo a enerxía solar: non importa canta enerxía do Sol empreguemos,
non a imos gastar de ningunha das maneiras e limitados, como a madeira, que só
se rexenera se volvemos sementar as árbores.
Exemplos de recursos renovables: o vento, a auga, a radiación solar, a
enerxía hidráulica, os bosques ou os produtos agrícolas.
As materias primas e a produción
Como xa comentamos, poderiamos dicir que as materias primas son a base de todo
o que temos ou consumimos, tal como se sacan da natureza e antes de seren
procesadas.
As materias primas divídense con frecuencia nas seguintes categorías:
- Orixe animal, como a carne, a pel, a seda ou as graxas animais.
- Orixe vexetal, como a madeira, o algodón, o liño, as froitas, as verduras ou os
cereais.
- Orixe mineral, como o petróleo, o carbón, o granito, o ferro, o aluminio ou o ouro
(en casos como o petróleo ou o carbón, aínda que derivasen dos fósiles de
vexetais, considéranse materias primas de orixe mineral).
- Orixe líquida ou gasosa: como a auga, o hidróxeno ou o aire (do que, por
exemplo, se extrae o nitróxeno)
A CONTAMINACIÓN E O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
A CONTAMINACIÓN
É a degradación do medio natural pola introdución de certas sustancias nel.
TIPOS DE CONTAMINACIÓN
Tendo en conta o medio ao que afecta:
- Contaminación do aire ou contaminación atmosférica: é a alteración da
composición normal do aire pola liberación de substancias químicas e outras
partículas. A destrución dos bosques tamén incrementa a contaminación do aire,
pois estes axudan a que sexa máis limpo, reducindo o dióxido de carbono. O aire
contaminado pode ter efectos moi negativos sobre os seres vivos e mesmo
ocasionar cambios no clima.
- Contaminación da auga: a auga é un elemento chave para a vida no planeta
Terra, polo que a súa contaminación altera as condicións en que viven os diferentes
animais e vexetais que dependen dela para a súa subsistencia. Os océanos reciben
a maior parte dos desperdicios humanos, xa sexa polo vertido directo ou polo
arrastre desde a superficie terrestre (a través dos ríos ou das augas subterráneas).
- Contaminación do solo: A composición do solo tamén se ve moi alterada polos
derramamentos químicos e outras filtracións. Isto pode ter un efecto directo en
moitos animais e sobre todo nas plantas, que na sua grande maioria obtenen
nutrientes baixo terra. Ademais, boa parte da contaminación do solo acaba
afectando á auga que se filtra a través del. A acumulación de lixo sobre o solo
tamén é unha forma de contaminalo.
Axentes contaminantes
As orixes da contaminación poden ser moi diversas. (Algúns axentes naturais, como
os volcáns en erupción, tamén poden contaminar).O principal motivo son os
residuos das actividades humanas. Vexamos algúns dos tipos máis comúns,
segundo o lugar en que os ditos residuos se producen.
- Residuos urbanos: os seres humanos xeramos refugallos alá onde vivimos, e
nas grandes cidades a magnitude destes residuos é enorme. Parte deles son
orgánicos, que non son os peores, porque son biodegradables. Outros, levan
axentes químicos, certos metais ou componentes que non se degradan, polo que o
perigo para a natureza é maior. Ademais dos residuos que van á auga ou a
vertedoiros, están os que van ao aire: aerosois ou gases dos automobiles.
- Residuos industriais: nas industrias a miúdo teñen lugar procesos químicos
altamente contaminantes. As veces, os residuos xerados incluen metais pesados,
gases moi tóxicos ou lixo radioactivo.
- Residuos agrícolas: a agricultura tradicional é un proceso natural que apenas
contamina o medio ambiente. Así e todo, nas últimas décadas o emprego de
fertilizantes químicos, pesticidas e herbicidas está a ter un impacto considerable no
devandito medio.
O CRECEMENTO DA POBOACIÓN MUNDIAL E AS SÚAS NECESIDADES
Desde o século XVIII a poboación mundial comezou a acelerar o seu crecemento a
unha velocidade cada vez maior. Este feito ocasionou un aumento das necesidades
de recursos naturais: máis alimentos, máis enerxía, máis materias primas ...
Como consecuencia, a acción humana está alterando moito o planeta, pois á Terra
lle é máis complicado rexenerarse. Ademais, desde a Revolución Industrial a
contaminación é cada vez maior.
Os seres humanos actuamos de xeitos moi diferentes. Mentres uns causamos
importantes problemas ambientais (sobreexplotación, contaminación, destrución ... ),
outros tentamos solventalos identificando o problema e propoñendo solucións. Por
iso e tan importante que os gobernos promovan medidas que axuden a un
desenvolvemento sostible, entre as que podemos citar:
- Acordos internacionais
Están dirixidos a minimizar, retrasar ou deter problemas xerais tales como o cambio
climático, a contaminación atmosférica ou a desertización.
- Protocolo de Quioto, asinado en 1997, co fin de diminuír a emisión de gases con
efecto invernadoiro que contribuen ao quecemento global.
- A política medioambiental da Unión Europea. A Unión Europea trata de intervir
no medio ambiente dos seus países membros con diferentes medidas:
- Procura dun desenvolvemento sostible a través dun uso racional dos recursos.
- Elaboración de políticas preventivas (antes da posta en funcionamento dos
proxectos debe preverse o seu impacto ambiental). Neste senso é moi importante
concienciar a sociedade a través de campañas publicitarias e, sobre todo, da
educación.
Imposición de normas e leis que sancionen a quen as infrinxen danando o medio
e beneficien aquelas persoas adicadas á investigación para a mellora ambiental
(Proxectos LIFE).
- Conservación de espazos naturais da Unión, creando redes de espazos
protexidos como a Rede Natura 2000.
- Políticas nacionais
A través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e da Consellería de Medio
Ambiente da Xunta de Galicia:
- Pretende acadar un desenvolvemento sostible, mellorar a calidade ambiental e
conservar os espazos naturais xa existentes, entre outras cuestións.
- Neste senso tampouco podemos esquecer a labor realizada por organizacións
ecoloxistas, que teñen por obxectivo denunciar os problemas medioambientais á
sociedade e traballar pola súa erradicación. Entre as organizacións máis coñecidas
atópanse Greenpeace ou World Wide Fund for Nature (WWF), entre outras.
Aínda que todas estas medidas son necesarias e relevantes o mais importante é
que todas as persoas sexamos conscientes dos problemas do noso redor e
actuemos en consecuencia, con pequenos xestos como reciclar, reducir ou
reempregar ou evitar produtos contaminantes.
UN DESENVOLVEMENTO NON SOSTIBLE
O continuo crecemento da poboación e da súa produción non se pode soster para
sempre. O noso planeta ten un límite e, se seguimos a explotalo ao ritmo actual,
chegará un momento en que deixe de ser habitable.
Os recursos renovables tamén se poden esgotar e a contaminación das augas ou
da atmosfera xa provoca que en algunhas zonas do planeta a vida sexa complicada
e os perigos para a saúde, considerables.
Estes motivos determinan que o actual ritmo de desenvolvemento non sexa
sostible.