A poesía das Irmandades da Fala: características, autores e obras

Documento da poesía das Irmandades da Fala sobre as súas características, autores e obras representativas. O Pdf, de Literatura para Bacharelato, explora a poesía das Irmandades da Fala, con exercicios de análise textual e un esquema dos temas principais.

See more

8 Pages

B5: EDUCACIÓN LITERARIA | Tema 1
2º BAC
1
TEMA 1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas
Palabras clave: Irmandades da Fala, galeguismo, agrarismo, Noriega Varela, Cabanillas.
Nos primeiros anos do s. XX, a literatura galega continúa as liñas iniciadas no Rexurdimento, con
autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire. Aínda que aumenta o número de obras publicadas
neste período, a súa calidade e orixinalidade diminúe e a poesía segue dominando o panorama
literario, fronte ó escaso cultivo da narrativa e do teatro. Trátase dunha literatura asociada sobre
todo ó costumismo ruralista. Así e todo, no primeiro terzo do século prodúcense en Galicia
importantes cambios políticos, sociais e culturais que favorecen a apertura da literatura ás novas
tendencias do momento, como o modernismo.
O movemento agrario ou agrarismo é o auténtico axitador social da época. Trátase dun movemento
reivindicativo do campesiñado, que se organiza e crea sociedades e sindicatos para loitar pola
propiedade da terra
1
. Entre as asociacións agraristas destacan Solidaridad Gallega e Acción Gallega,
liderada por Basilio Álvarez (“o cura de Beiro”).
O outro fito destacado foi a creación das Irmandades da Fala en 1916, por iniciativa de Antón Villar
Ponte. Estas asociacións galeguistas, que xorden na Coruña e que axiña se espallan por toda Galicia,
centráronse na defensa da lingua e da cultura galegas e na afirmación de Galicia como nación
2
. O
seu voceiro foi o xornal A Nosa Terra. Arredor das Irmandades reúnese a maioría dos escritores e
intelectuais da época
3
e o seu labor marca o inicio dunha nova etapa nas nosas letras: diversifícanse
os xéneros (especialmente na narrativa, no teatro e no ensaio), impúlsase unha renovación formal e
temática, créanse editoriais e coleccións (Céltiga, Lar, Nós…) e revistas e xornais (A Nosa Terra, Nós,
Ronsel…), convócanse concursos… Prodúcese así unha segunda renacenza da literatura galega.
No que se refire á poesía, logo dunha primeira etapa de continuidade coas liñas do Rexurdimento
(antes de 1916), unha serie de autores vinculados ás Irmandades abren a porta ás novas tendencias.
Destacan dous:
1
O foro era un contrato agrario polo cal o propietario da terra lla cedía a unha/un labrega/o para que a traballase
a cambio dunha renda consistente nunha cantidade de diñeiro e unha parte da colleita.
2
A partir de 1918 as Irmandades comezan a promover iniciativas de carácter máis político (nacionalismo). En
decembro de 1931 acórdase disolver as Irmandades e crear o Partido Galeguista, que redacta o Estatuto de
Autonomía aprobado polo pobo en 1936, que non chegou a entrar en vigor por mor da Guerra.
3
Cabanillas, Otero Pedrayo, Risco, Manuel Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao, Losada Diéguez...
A SABER…: Nos inicios do s. XX Galicia era un territorio esencialmente rural e cun forte atraso
económico. As clases altas (Igrexa e fidalguía) tiñan a propiedade da terra e a sociedade rural e
mariñeira (a gran maioría) víase obrigada a emigrar, especialmente a América. Como consecuencia
da abolición do sistema foral, prodúcese a decadencia da fidalguía e o nacemento da burguesía.
B5: EDUCACIÓN LITERARIA | Tema 1
2º BAC
2
ANTONIO NORIEGA VARELA (Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947)
É o primeiro que marca timidamente o comezo dunha nova etapa da poesía galega; pódese
considerar o representante dunha xeración de transcición entre a literatura do s. XIX e a do s. XX.
Escribiu un poemario, que foi ampliando ó longo da súa vida. O título inicial foi Montañesas
(1904) e a partir da edición pasou a chamarse Do ermo (1920). O cambio de título dá conta das
dúas liñas que se distinguen na súa obra:
- Poesía costumista e ruralista (1ª etapa): seguindo a liña dos poetas do s. XIX, describe
paixases, tradicións e costumes da dura vida dos labregos da montaña luguesa, empregando
unha métrica popular.
- Poesía lírica da natureza (2ª etapa): baseado no “franciscanismo”, canta os aspectos máis
humildes da paisaxe montañesa (a flor do toxo, unha pedra, o orballo…). Trátase dunha
poesía máis elaborada, con lingua e estrofas cultas (coma o soneto), na que se percibe a
influencia dos poetas clásicos, do modernismo e do saudosismo portugués (Teixeira de
Pascoaes).
RAMÓN CABANILLAS (Cambados, 1876-1959)
Alcumado o “Poeta da Raza”, participou activamente nas iniciativas políticas e culturais do seu
tempo e é o máximo representante da poesía das Irmandades. Foi un autor moi prolífico que
cultivou poesía, prosa e teatro e que se caracterizou por combinar tradición e modernidade. Na súa
obra conflúen o intimismo de Rosalía, a protesta de Curros e o ton épico de Pondal, adobiados con
elementos renovadores das correntes da época, fundamentalmente do Modernismo
hispanoamericano. A súa obra presenta unha grande evolución. Distínguense nela catro etapas:
1. Etapa pregaleguista ou agrarista (1910-1915): corresponde cos anos que pasou emigrado en
Cuba, onde publica os seus dous primeiros libros: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
Neles atópanse xa as liñas temáticas que vai desenvolver na súa obra: intimista, costumista e
cívica. Esta última, conformada por poemas agraristas e anticaciquís, é a súa poesía máis
representativa, na que demostra o seu compromiso cos labregos que loitan pola redención dos
foros. Cabanillas convértese no poeta do movemento agrarista (en Cuba coñecera a Basilio
Álvarez, que prologou No desterro).
2. Etapa galeguista (1916-1920): está marcada polo compromiso co proxecto nacionalista das
Irmandades. Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia. A oposición xa non é
labrego/cacique ou aldea/vila, senón Galicia/Castela. Destes anos é Da terra asoballada (1917).
3. Etapa mítico-saudosista (1921-1930): seguindo o ideario galeguista, Cabanillas desenvolve unha
reconstrución tica do pasado de Galicia que aventura un futuro esperanzador (finalidade
didáctica). A obra principal é Na noite estrelecida (1926), composta por tres longos poemas
narrativos (“A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Santo Grial” e “O sono do rei Artur”) nos que
recrea a lenda do Rei Artur e dos Cabaleiros da Táboa Redonda (materia de Bretaña) situando a
acción en Galicia Inclúense tamén nesta etapa O bendito San Amaro (1926) e A rosa de cen
follas (1927).

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

Introdución á Poesía Galega do Século XX

B5: EDUCACIÓN LITERARIA | Tema 1 2º BAC

TEMA 1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas Palabras clave: Irmandades da Fala, galeguismo, agrarismo, Noriega Varela, Cabanillas.

Contexto Socio-Cultural de Galicia a Principios do Século XX

A SABER ...: Nos inicios do s. XX Galicia era un territorio esencialmente rural e cun forte atraso económico. As clases altas (Igrexa e fidalguía) tiñan a propiedade da terra e a sociedade rural e mariñeira (a gran maioría) víase obrigada a emigrar, especialmente a América. Como consecuencia da abolición do sistema foral, prodúcese a decadencia da fidalguía e o nacemento da burguesía. Nos primeiros anos do s. XX, a literatura galega continúa as liñas iniciadas no Rexurdimento, con autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire. Ainda que aumenta o número de obras publicadas neste período, a súa calidade e orixinalidade diminúe e a poesía segue dominando o panorama literario, fronte ó escaso cultivo da narrativa e do teatro. Tratase dunha literatura asociada sobre todo ó costumismo ruralista. Así e todo, no primeiro terzo do século producense en Galicia importantes cambios políticos, sociais e culturais que favorecen a apertura da literatura ás novas tendencias do momento, como o modernismo.

Movemento Agrarista e Irmandades da Fala

O movemento agrario ou agrarismo é o auténtico axitador social da época. Tratase dun movemento reivindicativo do campesiñado, que se organiza e crea sociedades e sindicatos para loitar pola propiedade da terra1. Entre as asociacións agraristas destacan Solidaridad Gallega e Acción Gallega, liderada por Basilio Álvarez ("o cura de Beiro"). O outro fito destacado foi a creación das Irmandades da Fala en 1916, por iniciativa de Antón Villar Ponte. Estas asociacións galeguistas, que xorden na Coruña e que axiña se espallan por toda Galicia, centráronse na defensa da lingua e da cultura galegas e na afirmación de Galicia como nación2. O seu voceiro foi o xornal A Nosa Terra. Arredor das Irmandades reúnese a maioria dos escritores e intelectuais da época3 e o seu labor marca o inicio dunha nova etapa nas nosas letras: diversificanse os xéneros (especialmente na narrativa, no teatro e no ensaio), impulsase unha renovación formal e temática, créanse editoriais e coleccións (Céltiga, Lar, Nós ... ) e revistas e xornais (A Nosa Terra, Nós, Ronsel ... ), convocanse concursos ... Producese así unha segunda renacenza da literatura galega. No que se refire a poesía, logo dunha primeira etapa de continuidade coas liñas do Rexurdimento (antes de 1916), unha serie de autores vinculados ás Irmandades abren a porta ás novas tendencias. Destacan dous:

1 O foro era un contrato agrario polo cal o propietario da terra lla cedía a unha/un labrega/o para que a traballase a cambio dunha renda consistente nunha cantidade de dineiro e unha parte da colleita. 2 A partir de 1918 as Irmandades comezan a promover iniciativas de carácter máis político (nacionalismo). En decembro de 1931 acórdase disolver as Irmandades e crear o Partido Galeguista, que redacta o Estatuto de Autonomía aprobado polo pobo en 1936, que non chegou a entrar en vigor por mor da Guerra. 3 Cabanillas, Otero Pedrayo, Risco, Manuel Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao, Losada Diéguez ... 1B5: EDUCACIÓN LITERARIA | Tema 1 2º BAC

Antonio Noriega Varela: Traxectoria e Obra Poética

Biografía e Evolución Poética de Noriega Varela

ANTONIO NORIEGA VARELA (Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947) É o primeiro que marca timidamente o comezo dunha nova etapa da poesía galega; pódese considerar o representante dunha xeración de transcición entre a literatura do s. XIX e a do s. XX. Escribiu un só poemario, que foi ampliando ó longo da sua vida. O título inicial foi Montañesas (1904) e a partir da 3ª edición pasou a chamarse Do ermo (1920). O cambio de título dá conta das dúas liñas que se distinguen na súa obra:

  • Poesía costumista e ruralista (1ª etapa): seguindo a liña dos poetas do s. XIX, describe paixases, tradicións e costumes da dura vida dos labregos da montaña luguesa, empregando unha métrica popular.
  • Poesía lírica da natureza (2ª etapa): baseado no "franciscanismo", canta os aspectos mais humildes da paisaxe montañesa (a flor do toxo, unha pedra, o orballo ... ). Tratase dunha poesía máis elaborada, con lingua e estrofas cultas (coma o soneto), na que se percibe a influencia dos poetas clásicos, do modernismo e do saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaes).

Ramón Cabanillas: O Poeta da Raza

Etapas da Obra de Ramón Cabanillas

❏ RAMÓN CABANILLAS (Cambados, 1876-1959) Alcumado o "Poeta da Raza", participou activamente nas iniciativas políticas e culturais do seu tempo e é o máximo representante da poesía das Irmandades. Foi un autor moi prolífico que cultivou poesía, prosa e teatro e que se caracterizou por combinar tradición e modernidade. Na súa obra confluen o intimismo de Rosalía, a protesta de Curros e o ton épico de Pondal, adobiados con elementos renovadores das correntes da epoca, fundamentalmente do Modernismo hispanoamericano. A súa obra presenta unha grande evolución. Distinguense nela catro etapas:

  1. Etapa pregaleguista ou agrarista (1910-1915): corresponde cos anos que pasou emigrado en Cuba, onde publica os seus dous primeiros libros: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). Neles atópanse xa as liñas temáticas que vai desenvolver na súa obra: intimista, costumista e cívica. Esta última, conformada por poemas agraristas e anticaciquís, é a súa poesía máis representativa, na que demostra o seu compromiso cos labregos que loitan pola redención dos foros. Cabanillas convertese no poeta do movemento agrarista (en Cuba coñecera a Basilio Álvarez, que prologou No desterro).
  2. Etapa galeguista (1916-1920): está marcada polo compromiso co proxecto nacionalista das Irmandades. Cabanillas convertese no poeta civil de Galicia. A oposición xa non é labrego/cacique ou aldea/vila, senón Galicia/Castela. Destes anos é Da terra asoballada (1917).
  3. Etapa mítico-saudosista (1921-1930): seguindo o ideario galeguista, Cabanillas desenvolve unha reconstrución mítica do pasado de Galicia que aventura un futuro esperanzador (finalidade didáctica). A obra principal é Na noite estrelecida (1926), composta por tres longos poemas narrativos ("A espada Escalibor", "O cabaleiro do Santo Grial" e "O sono do rei Artur") nos que recrea a lenda do Rei Artur e dos Cabaleiros da Táboa Redonda (materia de Bretaña) situando a acción en Galicia Inclúense tamén nesta etapa O bendito San Amaro (1926) e A rosa de cen follas (1927).

2B5: EDUCACIÓN LITERARIA | Tema 1 2º BAC

  1. Etapa de posguerra (1950-1959): logo dun período sen publicar poesía entre 1930 e 1950, os seus últimos libros son Da miña zanfona (1954) e Samos (1958), obras máis persoais, reflexivas e pesimistas. O último está inspirado no mosteiro no que pasou algunhas tempadas e nel o autor acada gran altura poética.

Clasificación da Obra Poética de Cabanillas

Outra posible clasificación da obra poética de Cabanillas:

A) Poesía lírica, na que predomina a expresión de sentimentos do autor. Nela agrupanse composicións de tres temáticas:

  • Poesía cívica: [continuadora de Curros] poemas de carácter agrarista e anticaciquil no que plasma o ideario das Irmandades da Fala e exalta a aldea e os labregos e poemas patrióticos nos que fai unha defensa de Galicia ante a opresión de Castela. É a súa poesía máis representativa e está presente nos tres primeiros libros: No desterro (1913), Vento mareiro (1915) e Da terra asoballada (1917).
  • Poesía intimista: [continuadora de Rosalía] trata temas referidos ó amor, á natureza e ás lembranzas do pasado. A obra máis representativa é A rosa de cen follas (1927).
  • Poesía costumista: describe paisaxes e costumes rurais dende unha perspectiva crítica ou humorística con novidades formais modernistas. Está presente en moitos dos poemas de No desterro (1913) e Vento mareiro (1915) e en Da miña zanfona (1954).

B) Poesía narrativa [continuadora de Pondal], composta por obras nas que desenvolve a reconstrución dun pasado mítico de Galicia. Incluense aquí Na noite estrelecida (1926), O bendito San Amaro (1926) e Samos (1958).

Outros Poetas das Irmandades

Compre citar outros poetas que publicaron na epoca das Irmandades, como son Gonzalo Lopez Abente (Nemancos), Vitoriano Taibo (Abrente) ou Xosé Crecente Veiga (Codeseira) que, xunto cos anteriores, exerceron de ponte entre a literatura decimonónica e a renovación levada a cabo polas vangardas.

3ACTIVIDADE PRÁCTICA: NORIEGA VARELA

Análise de Poemas de Noriega Varela

Exercicio 1: Do San Juan de Romariz

EXERCICIO 1 Neste poema de Noriega Varela: contextualiza o texto no movemento ou período literario correspondente, indica características presentes no fragmento do/a escritor/a relacionándoo con outros autores/as, movementos ou correntes literarias. TODO CON EXEMPLOS DO TEXTO e en 200 palabras. Analiza tamén a métrica, a rima e os recursos literarios e tema e voz lírica.

Do San Juan de Romariz

E si queda algún gallego que non lle perdese o apego á terra, será feliz si sube conmigo a Infesta pra oír o bombo na festa do San Juán de Romariz. ( ... ) Fresca i alcendida rosa me parece a melindrosa rapaza, que entra na igrexa mirando ó disimulado pró montañés, ben portado, que tras do lume a cortexa. ¡Un foguete i on repique; ¡mozos!, deixade o palique das carpazonas que eu canto, e vamos moito de prisa, que vai comenzar a missa i aínda hai que tomar o santo.

Exercicio 2: Teño amores na montaña

EXERCICIO 2 Neste poema de Noriega Varela: contextualiza o texto no movemento ou período literario correspondente, indica características presentes no fragmento do/a escritor/a relacionándoo con outros autores/as, movementos ou correntes literarias. TODO CON EXEMPLOS DO TEXTO e en 200 palabras. Analiza tamén a métrica, a rima e os recursos literarios e tema e voz lírica.

Teño amores na montaña

Teño amores na montaña teño moza montañesa, que ma deparou un santo no turreiro dunha festa. ( ... ) Teño amores na montaña, teño unha moza brañega, que, si cos ollos feitiza, o corazón me estonteia c'aquelas palabras doces, i aquelas surrisas meigas das nenas repinicadas, argullo das cumes ermas. ( ... )ACTIVIDADE PRÁCTICA: RAMÓN CABANILLAS

Análise de Poemas de Ramón Cabanillas

Exercicio 1: No Desterro (1913)

EXERCICIO 1 Neste poema de Cabanillas: contextualiza o texto no movemento ou período literario correspondente, indica características presentes no fragmento do/a escritor/a relacionándoo con outros autores/as, movementos ou correntes literarias. TODO CON EXEMPLOS DO TEXTO e en 200 palabras. Analiza tamén a métrica, a rima e os recursos literarios e tema, destinatarios e voz lírica.

¡Axiña esperta Galica que xa se escupe ós caciques e fai ruxi-la inxusticia! ¡Xa o novo día alumea! ¡Xa a Socieda dos Labregos ten chouza de seu na aldea! ¡A noite é fría e escura pro, ó fin, o amanecer tráenos co sol a quentura! ¡Patriano, o meu rogo escoita! ¡Eu quero un posto á túa beira o roxo día da loita!

No Desterro (1913)

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.