O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Contexto e Irmandades da Fala

Presentación sobre O Galego no Primeiro Terzo do Século XX. O Pdf explora a situación da lingua galega no primeiro terzo do século XX, con foco nas Irmandades da Fala e o contexto socioeconómico da Galicia rural. Este material de Historia é axeitado para Bacharelato.

See more

22 Pages

O galego no
primeiro terzo
do século XX
4º ESO
Como era a Galicia do 1º terzo do século XX?
Eminentemente rural
Forte atraso económico
Prevalencia do sistema foral. Sociedade
xerarquizada:
a Igrexa e a fidalguía son os propietarios da terra.
O campesiñado empobrecido non ten dereito á
terra que traballa.
A emigración cara á América segue sendo unha
saída.

Unlock the full PDF for free

Sign up to get full access to the document and start transforming it with AI.

Preview

O galego no primeiro terzo do século XX

Como era a Galicia do 1º terzo do século XX?

O galego no primeiro terzo do século XX 4º ESOComo era a Galicia do 1º terzo do século XX?

  • Eminentemente rural
  • Forte atraso económico
  • Prevalencia do sistema foral. Sociedade xerarquizada:
    • a Igrexa e a fidalguía son os propietarios da terra.
    • O campesiñado empobrecido non ten dereito á terra que traballa.
    • A emigración cara á América segue sendo unha saída.

A lingua en Galicia no 1º terzo do século XX

O galego segue sendo a lingua maioritaria (80- 90% da poboación), mais é a lingua do pobo. O castelán xa é a lingua das clases urbanas, da nobreza e da burguesía. Esta distribución social desigual das linguas reforza os prexuízos lingüísticos cara ao galego. O proceso de castelanización avanza debido ao maior prestixio do castelán, considerada lingua de ascenso social e progreso. O castelán aséntase xa como idioma no ámbito escolar e nos medios de comunicación.

Cambios que se producen no 1º terzo do século XX

Cambios sociais e económicos

Fin do sistema dos foros Decadencia da fidalguía

  • O campesiñado ten por fin acceso a terra que traballa
  • A fidalguía perde poder Consolidación dunha pequena burguesía industrial e financeira
  • Industria conserveira, construción naval, comercio, negocios relacionados coa emigración etc. Trasvase da poboación rural cara ás cidades
  • Abandono da agricultura e a pesca pola industria, o comercio e sector servizos.

Movementos sociais e políticos

O agrarismo A II República (1931-1936) Movemento social que aglutina o campesiñado. Etapa de intensa actividade política e cultural. As Irmandades da Fala

  • Defensa, fomento e normalización da lingua galega.

O nacionalismo O Partido Galeguista As Irmandades da Fala autoproclamanse nacionalistas. O nacionalismo supón unha evolución respecto do Rexionalismo do século XIX.

Institucións culturais e intelectuais

Seminario de Estudos Galegos (1923)

  • Institución cultural.
  • Estudo e investigación da realidade sociocultural galega.
  • Uso do galego no ensaio e en áreas como a filosofía, a etnografía, a arte, a pedagoxía etc.

Grupo Nós (1920)

  • Grupo de intelectuais ourensáns. Comparten características vitais e de formación.
  • Impulso da narrativa galega.

Escola Dramática Galega (1922)

  • Impulso dun teatro galego rupturista, moderno, con obras e autores que foxen do ruralismo e costumismo decimonónico.

O agrarismo

Características do agrarismo

Movemento de masas no que participou activamente o campesinado para lograr a abolición dos foros e acabar co caciquismo. O campesino participa activamente a través de:

  • Sociedades agrarias
  • carácter reivindicativo
  • formación cultural e ideolóxica do campesiñado
  • Sindicatos agrícolas
  • carácter máis práctico . melloras nas condicións de traballo e a modernización do campo: adquisición de maquinaria moderna, mellores fertilizantes etc.

Organizacións e obxectivos do agrarismo

Destacan dúas importantes organizacións:

  • Solidariedade Galega (1907-1915)
  • Organización anticaciquil
  • Loita polo dereito do campesinado á propiedade da terra.
  • Acción Gallega (1910) fundada por Basilio Álvarez Obxectivos principais:
  • a defensa de Galicia
  • a concienciación do campesinado
  • a loita pola desaparición do sistema foral
  • a transformación da agricultura

Dous grandes poetas ligados ao movemento: Ramón Cabanillas e Antonio Noriega Varela.

As Irmandades da Fala

Orixe das Irmandades da Fala

Mais nesta altura xorden proxectos que loitan pola dignificación e consolidación da lingua galega. En 1916, os irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte convocan unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega (RAG) á que acoden varias persoas. Deste encontro xorde a primeira Irmandade da Fala, organización cuxo obxectivo principal será defender, normalizar e fomentar a presenza e uso do galego.Como xorden as Irmandades da Fala? O proxecto ten éxito e rapidamente se constitúen outras irmandades en distintas vilas e cidades galegas e no exterior (Madrid, Bos Aires, A Habana ... ).

OS AMIGOS DA FALA + + + O señor Gerardo Roque NA CRUÑA foi declarado irman dos Amigos da fala, tendo en conta as suas condición de bon O amor pol-a terra è o formento da sua dinifica- cion e progreso. galego, na xunta do Consello do dia + de nadal de 19 17 DE Cada terra seu us cada roca seu fuso. ANDA Rogamos as demais irmandades de licia que no caso de que fose mester, Paarden as consideración de tal irman. Na Coruña, à 14 de nadalde de 197 Pobo que recobra a sua fala, recobra tamen brseu espíritu. IR - O SEGREDARIO, O CONSELLEIRO 1,° O Estado è obra: dos homes ; a nacionalidade, de Deus. A UNA . Villas Touto LIT. E IMP. ROEL - CORUÑA.En 1916, o xornal A Nosa Terra convertese no voceiro oficial das Irmandades, dirixido por A. Vilar Ponte e escrito integramente en galego.

Asemblea Nacionalista e Manifesto Nazonalista

TERREAs Irmandades da Fala En 1918 celebrase en Lugo a 1ª Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala (17 e 18 de novembro), onde se asentan as bases do nacionalismo galego coa elaboración do Manifesto Nazonalista que defende, entre outras causas, as seguintes:

  • Autonomía integral para Galicia, camiño dunha federación de pobos libres da península
  • Oficialización da lingua galega
  • Dignificación das clases populares
  • Rexeitamento da monarquía
  • Reformas socioeconómicas para superar o atraso que experimenta Galicia

Divisións internas e liderado culturalista

As Irmandades da Fala Comezan as primeiras divisions internas no seo da organización entre os que queren a participación política e os que prefiren centrarse exclusivamente no labor cultural. Dúas posturas enfrontadas:

  • bando partidario da participación política, liderado por Lois Peña Novo
  • bando partidario da vía culturalista, liderado polo escritor Vicente Risco e apoiado polas grandes figuras no nacionalismo: os irmans Vilar Ponte e Castelao.

Nas sucesivas asembleas das Irmandades resultará vencedor o bando culturalista. A partir de 1920, o escritor Vicente Risco será o líder indiscutible do movemento nacionalista.

VICENTE RISCO Teoría do Nacionalis- mo Galego Ese mesmo ano publica Teoría do Nacionalismo galego, un ensaio político que senta as bases ideolóxicas do nacionalismo da época.Acabará por impoñerse a liña culturalista que centrará os seus esforzos en:

  • argumentar teoricamente o nacionalismo galego (demostrar a existencia de Galicia como pobo diferenciado)
  • normalizar a presenza do galego en todos os ámbitos.

Impacto cultural das Irmandades

Creación de editoriais, revistas, xornais e coleccións literarias como Céltiga e Lar. Nace o Grupo Nós (1920) e o Seminario de Estudos Galegos (1923), que continuarán co labor de difusión e reivindicación do idioma, así como o estudo e a investigación da realidade galega. Escribense as primeiras obras de ensaio en lingua galega, centradas na historia e a cultura galegas: xeografía, etnografía, historia, filosofía etc. Créase a Escola Dramática Galega que impulsou e modernizou o teatro galego.

O Partido Galeguista

Fundación e Estatuto de Autonomía

En 1931, na derradeira asemblea das Irmandades da Fala, fúndase o Partido Galeguista. Redáctase o Estatuto de Autonomía, que será aprobado nas Cortes españolas en 1936, mais non chega a entrar en vigor polo estalido da Guerra Civil. Nas primeiras décadas do século XX consolidarase o nacionalismo galego e unha maior reivindicación e presenza do idioma.

Evolución do nacionalismo galego

Con todo, cómpre recordar que a defensa de Galicia como pobo diferenciado xa se iniciara no século XVIII co Padre Sarmiento e o seu labor foi continuado no século XIX: primeiro co provincialismo (1840) e, a finais de século, co rexionalismo, ao que se vinculan os autores do Rexurdimento. Este ideario recólleno no século XX as Irmandades da Fala.

Irmandades da Fala Grupo Nós Castelao Provincialismo 1840 +/- Rexionalismo 1880 +/- Nacionalismo 1º terzo séc. XX Autores do Rexurdimento

O Seminario de Estudos Galegos (SEG)

Obxectivos e labor do SEG

Institución cultural que nace en 1923 por iniciativa dun grupo de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, interesado en investigar e divulgar o patrimonio cultural, a historia e a lingua galega. Por primeira vez empregábase o galego en eidos como a Filosofía ou a Pedagoxía. O SEG levou a cabo un intenso labor científico que abrangueu a Historia, a Etnografía, a Xeografía, a Historia da Arte, a Filosofía, a Pedagoxía, A Historia da Literatura, a Filoloxía, as Ciencias Aplicadas, as Ciencias Naturais ou as Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas * ALEGOSA literatura nos comezos do século XX

A literatura nos comezos do século XX

Características e evolución literaria

Notable incremento: aumento da produción literaria. Recollese o herdo dos autores do Rexurdimento, mais incorpóranse novos xéneros e temas. Espírito de modernizar a literatura galega. Creación de editoriais, revistas e xornais que contribúen á dinamización cultural e literaria de Galicia. Cobran maior protagonismo os xéneros narrativo e dramático.

Etapas da literatura galega

Etapas Antes de 1916 (data da Fundación das Irmandades da Fala)

  • Continuación do estilo dos autores do Rexurdimento.
  • A poesía segue sendo o xénero máis cultivado.
  • Temática costumista, intimista, paisaxística, socio-patriótica.

Entre 1916 e o comezo da Guerra Civil (1936)

  • Renovación literaria: actualización e modernización da literatura galega.
  • Novos autores, estilos e temáticas. Déixase atrás o costumismo e folclorismo característicos do século XIX.
  • Autores: Ramón Cabanillas, o Grupo Nós ...

Vídeos

Recursos audiovisuais

  • As Irmandades da Fala https://www.youtube.com/watch?v=kFYLHYyHuak https://vimeo.com/166817289
  • A literatura e o teatro do primeiro terzo do século XX https://www.youtube.com/watch?v=mtz-puQd4RY

Can’t find what you’re looking for?

Explore more topics in the Algor library or create your own materials with AI.