Arquitectura romana y tipologías constructivas: el clasicismo en Roma

Documento de I.e.s. Campo de San Alberto sobre la visión del clasicismo en Roma: la arquitectura romana y tipologías constructivas. El Pdf, un material de Bachillerato para la materia de Arte, explora el contexto sociocultural, las innovaciones constructivas y el análisis formal del Arco de Tito, ofreciendo una comprensión completa de la herencia artística romana.

Ver más

17 páginas

Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH
ÁMBITO 1: GRECIA E ROMA
A VISIÓN DO CLASICISMO EN ROMA: A ARQUITECTURA ROMANA E TIPOLOXÍAS CONSTRUTIVAS
ROMA. CONTEXTO SOCIOCULTURAL
A civilización romana foi a máis grande e duradeira da Antigüidade. Roma foi fundada por Rómulo e Remo no
ano 753 a.C. e desenvolveuse na Península Itálica. Constiuíuse coma un Estado forte e expandíuse a Oriente e
Occidente, xeneralizando o uso do latín, a planificación urbanística e a construción de obras públicas. A máxima
expansión do Imperio romano foi no século II a.C. Na historia de Roma distinguimos tres períodos: monarquía,
república e imperio. A etapa do imperio será a de maior esplendor (entre os séculos I a.C. e I d.C.) e Roma verase
engrandecida con magníficos monumentos.
Os romanos chegaron a Hispania no século III a.C., como consecuencia das Guerras Púnicas contra os
cartaxineses, e chegan a dominar a península no século I a.C. Un dos mecanismos para levar a cabo o dominio dos
territorios foi a creación de campamentos militares, que logo se convertirán en vilas dotadas ao xeito dos conquistadores.
No século III d. C. comeza a crise que acabará coa fragmentación do Imperio en dúas partes: o Imperio romano de
Occidente e o Imperio romano de Oriente, tamén chamado Bizancio.
Desde o punto de vista artístico a civilización romana é herdeira de Grecia, Oriente e dos etruscos, dos que
toman o gusto polo retrato, o culto aos mortos, ou o uso do arco e a bóveda. É, polo tanto, unha CIVILIZACIÓN
ECLÉCTICA. Abandoaron o idealismo grego e a arte estará ao servizo do Estado e por iso será: PRÁCTICA,
MONUMENTAL E PROPAGANDÍSTICA.
En arquitectura os romanos asimilaron dos gregos as ordes, as formas dos templos, os planos
hipodámicos e algunhas tipoloxías arquitectónicas, como o teatro pero fixeron unha arquitectura civil
preferentemente e eran máis enxeñeiros que arquitectos.
Introduciron as seguintes novidades:
Nos exteriores mesturaron o arco e a liña, empregaron ás ordes csicas gregas con función
decorativa (incluso a superposición de ordes) e crearon as novas: a orde toscana, aportada polos
etruscos (simplificación da orde dórica) e a ORDE COMPOSTA, na que se combinan follas de acanto
corintias e volutas nicas.
Sistema construtivo abovedado, é dicir, empregaron o ARCO, preferentemente o DE MEDIO PUNTO, a
bóveda de canon e de aresta, e a pula.
Introducen un novo concepto arquitectónico: valoran o espazo interno. Os gregos centránbase no
externo, o romano elabora o interno, preocúpase por crear un espazo para ocupar. O carácter práctico do
romano lévao a crear arquitecturas pechadas.
Novos materiais (opus caementicium).
Novas tipoloxías construtivas como construcións para o ocio, como circos, anfiteatros, termas, arcos
conmemorativos... e obras de enxeñería como calzadas, acuedutos, pontes e murallas.
Por último, dicir que a arquitectura romana segue os principios vitrubianos (Tratados de Vitrubio) de venustas
(beleza) , firmitas (firmeza) e utilitas (utilidade) . O Estado será o promotor desta arte e os artistas serán, moitos
deles,de orixe grega
Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH
AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA
2
A cidade romana (PARA LER)
A civilización romana era unha civilización urbana e nas súas cidades todo estaba planificado. Solían ter un
perímetro cadrado ou rectangular. O centro era o Foro onde se desenvolvía a vida política, económica e social,
incluso a relixiosa xa que os templos instalábanse neste centro social. A planificación urbanística era unha
preocupación que os romanos herdaron dos etruscos e normalmente empregaban o plano hipomico, (plano
ortogonal), de orixe grega, no trazado das novas cidades que fundaban. O plano estruturábase a partir de dous
eixos: o eixo N-S chamado cardus, e o eixo E-O chamado decumanus. Na intersección instalábase o Foro. O resto da
trama urbana, das rúas, estruturábase en ángulos rectos. A unidade sica (a mazá de vivendas) era a ínsula
(grupo de vivendas arredor dun patio central).
Os romanos fundaron moitas cidades debido a súa expansión militar de xeito que o que naa como campamento
romano provisional moitas veces acabou derivando en cidade. Alcantarillado, abastecemento de auga, teatro,
bibliotecas, termas, calzadas, beirarrúas... eran pequenos luxos cos que os romanos dotaban ás as cidades. El
pomeriun era a liña sagrada que rodeaba a cidade e que podía ser muralla. En extramuros estaba a necrópole. O
foro era unha gran praza porticada, rectangular e aberta onde se ubicaban os principais edificios: balicas, curia,
templos, mercados. Era un centro político porque estaba a curia, xurídico porque estaba a basílica, relixioso porque
estaba o templo e comercial polo mercado. Alí tamén se realizaban cerimonias.
Materiais
Os materiais básicos usados polos romanos foron: pedra, ladrillo, mármor. Unha das características da arquitectura
romana é a rapidez e resistencia de todo aquilo que construían. Isto explícase en parte polos materiais utilizados. Son os
inventores do opus caementicium ou morteiro: consistía nunha mestura de area, cal e auga e anacos de rocha volcánica
que se convertía nun formigón de gran resistencia e que era preciso disimular con materiais is ricos ou pintura. Este
morteiro permitía traballar con moita rapidez, era lixeiro e ao mesmo tempo moi resistente. Mármores e materiais nobres
deixábanse para obras de moita importancia (pazos, templos..).

Visualiza gratis el PDF completo

Regístrate para acceder al documento completo y transformarlo con la IA.

Vista previa

XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

I.E.S. CAMPO DE SAN ALBERTO Rúa Egas Moniz, 6 - 15200 NOIA ies.campo.san.alberto@edu.xunta.es Tel: 881867135 Fax: 881867144

Unión Europea Fondo Social Europeo

Dpto de Xeografía e Historia, Ha DA ARTE 2° BACH

ÁMBITO 1: GRECIA E ROMA

A VISIÓN DO CLASICISMO EN ROMA: A ARQUITECTURA ROMANA E TIPOLOXÍAS CONSTRUTIVAS

ROMA. CONTEXTO SOCIOCULTURAL

A civilización romana foi a máis grande e duradeira da Antiguidade. Roma foi fundada por Rómulo e Remo no ano 753 a.C. e desenvolveuse na Península Itálica. Constiuíuse coma un Estado forte e expandíuse a Oriente e Occidente, xeneralizando o uso do latín, a planificación urbanística e a construción de obras públicas. A máxima expansión do Imperio romano foi no século II a.C. Na historia de Roma distinguimos tres períodos: monarquía, república e imperio. A etapa do imperio será a de maior esplendor (entre os séculos I a.C. e I d.C.) e Roma verase engrandecida con magníficos monumentos.

Os romanos chegaron a Hispania no século III a.C., como consecuencia das Guerras Púnicas contra os cartaxineses, e chegan a dominar a península no século I a.C. Un dos mecanismos para levar a cabo o dominio dos territorios foi a creación de campamentos militares, que logo se convertirán en vilas dotadas ao xeito dos conquistadores. No século III d. C. comeza a crise que acabará coa fragmentación do Imperio en duas partes: o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente, tamén chamado Bizancio.

Desde o punto de vista artistico a civilización romana e herdeira de Grecia, Oriente e dos etruscos, dos que toman o gusto polo retrato, o culto aos mortos, ou o uso do arco e a bóveda. E, polo tanto, unha CIVILIZACIÓN ECLECTICA. Abandoaron o idealismo grego e a arte estará ao servizo do Estado e por iso será: PRÁCTICA, MONUMENTAL E PROPAGANDÍSTICA.

En arquitectura os romanos asimilaron dos gregos as ordes, as formas dos templos, os planos hipodamicos e algunhas tipoloxías arquitectónicas, como o teatro pero_fixeron unha arquitectura civil preferentemente e eran mais enxeñeiros que arquitectos.

Introduciron as seguintes novidades:

  • Nos exteriores mesturaron o arco e a lina, empregaron as ordes clásicas gregas con función decorativa (incluso a superposición de ordes) e crearon dúas novas: a orde toscana, aportada polos etruscos (simplificación da orde dorica) e a ORDE COMPOSTA, na que se combinan follas de acanto corintias e volutas xónicas.
  • Sistema construtivo abovedado, e dicir, empregaron o ARCO, preferentemente o DE MEDIO PUNTO, a bóveda de canon e de aresta, e a cúpula.
  • Introducen un novo concepto arquitectónico: valoran o espazo interno. Os gregos centránbase no externo, o romano elabora o interno, preocupase por crear un espazo para ocupar. O carácter práctico do romano levao a crear arquitecturas pechadas.
  • Novos materiais (opus caementicium).
  • Novas tipoloxías construtivas como construcions para o ocio, como circos, anfiteatros, termas, arcos conmemorativos ... e obras de enxeñería como calzadas, acuedutos, pontes e murallas.

Por último, dicir que a arquitectura romana segue os principios vitrubianos (Tratados de Vitrubio) de venustas (beleza) , firmitas (firmeza) e utilitas (utilidade) . O Estado será o promotor desta arte e os artistas serán, moitos deles, de orixe gregaXUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA I.E.S. CAMPO DE SAN ALBERTO Rua Egas Moniz, 6 - 15200 NOIA Tel: 881867135 Fax: 881867144 ies.campo.san.alberto@edu.xunta.es

Unión Europea Fondo Social Eurageo

Dpto de Xeografía e Historia, Ha DA ARTE 2° BACH

AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA

A cidade romana (PARA LER)

A civilización romana era unha civilización urbana e nas súas cidades todo estaba planificado. Solían ter un perímetro cadrado ou rectangular. O centro era o Foro onde se desenvolvía a vida política, económica e social, incluso a relixiosa xa que os templos instalábanse neste centro social. A planificación urbanística era unha preocupación que os romanos herdaron dos etruscos e normalmente empregaban o plano hipodámico, (plano ortogonal), de orixe grega, no trazado das novas cidades que fundaban. O plano estruturábase a partir de dous eixos:o eixo N-S chamado cardus, e o eixo E-O chamado decumanus. Na intersección instalábase o Foro. O resto da trama urbana, das rúas, estruturábase en ángulos rectos. A unidade básica (a mazá de vivendas) era aínsula (grupo de vivendas arredor dun patio central).

Os romanos fundaron moitas cidades debido a súa expansión militar de xeito que o que nacía como campamento romano provisional moitas veces acabou derivando en cidade. Alcantarillado, abastecemento de auga, teatro, bibliotecas, termas, calzadas, beirarrúas ... eran pequenos luxos cos que os romanos dotaban ás súas cidades. El pomeriun era a liña sagrada que rodeaba a cidade e que podía ser muralla. En extramuros estaba a necrópole. O foro era unha gran praza porticada, rectangular e aberta onde se ubicaban os principais edificios: basílicas, curia, templos, mercados. Era un centro político porque estaba a curia, xurídico porque estaba a basílica, relixioso porque estaba otemplo e comercial polo mercado. Alí tamén se realizaban cerimonias.

1L NORTE MURALLA PERIMETRAL CARDO (N-S) TORRES BASTIONES MERCADO ET ESTE OESTE 0 DECUMANUS (E-0) ANFITEATRO TEATRO FORO TERMAS Conducción de agua-Acueducto SUR

Materiais

Os materiais básicos usados polos romanos foron: pedra, ladrillo, mármor. Unha das características da arquitectura romana é a rapidez e resistencia de todo aquilo que construían. Isto explícase en parte polos materiais utilizados. Son os inventores do opus caementicium ou morteiro: consistía nunha mestura de area, cal e auga e anacos de rocha volcánica que se convertía nun formigón de gran resistencia e que era preciso disimular con materiais máis ricos ou pintura. Este morteiro permitía traballar con moita rapidez, era lixeiro e ao mesmo tempo moi resistente. Mármores e materiais nobres deixábanse para obras de moita importancia (pazos, templos .. ).

2XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA I.E.S. CAMPO DE SAN ALBERTO Rúa Egas Moniz, 6 - 15200 NOIA Tel: 881867135 Fax: 881867144 ies.campo.san.alberto@edu.xunta.es

Unión Europea Fondo Social Europeo

Dpto de Xeografía e Historia, Ha DA ARTE 2° BACH

AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA

COMENTARIO DAS OBRAS

1. PANTEÓN

OBRA: Panteón de Roma. AUTOR: Desconecido, quizas Apolodoro de Damasco (grego). Arquitecto oficial de Traxano, orixinal e con gran talento. CRONOLOXÍA: S. II d.C. Foi encargado polo xeneral Marco Agripa, en tempos do emperador Augusto. Rematado co emperador Adriano entre os anos 118 e 125 d.C. FUNCIÓN: Relixiosa, adicado a todos aos principais deuses romanos. ALTURA: 43 m. ESTILO: Arquitectura romana da etapa imperial UBICACIÓN: Campo de Marte, Roma.

M'AGRIPPALF COSTERTIVM FECIT

Contexto artístico:

Unha civilización tan evolucionada como a romana deu lugar a creación dunha tipoloxía de edificios que intentaban satisfacer as necesidades da mesma. Dentro da arquitectura pública podemos distinguir entre edificios relixiosos e civis. Dentro dos edificios relixiosos: O templo

  • O templo romano é unha síntese do templo grego e do etrusco.
  • Eran, na súa maioría, pseudoperípteros (columnas no pórtico dianteiro e columnas laterais adosadas nas fachadas) e elevados sobre un pódium.
  • Accedese por unha escalinata ata fachada principal ben definida e isto dalle monumentalidade.
  • Os templos romanos son mais sobrios que os gregos e pensados para facer ritos no interior.

Entre os exemplos mais destacados está o Templo da Fortuna Viril en Roma ou a Maison Carré en Nimes. Un dos templos mellor conservado e grandioso é o Panteón de Agripa en Roma que é o que imos comentar.

COMENTARIO

O Panteón é a obra mestra da enxeñería romana. É un templo adicado aos principais deuses romanos e, aínda que o proxecto é da época de Agripa, a construción actual é da época do emperador Adriano (s.II). A autoría non está clara, xa que existía enemistade entre Apolodoro de Damasco co emperador Adriano. Esta obra é a mostra do grande 3XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA I.E.S. CAMPO DE SAN ALBERTO Rúa Egas Moniz, 6 - 15200 NOIA Tel: 881867135 Fax: 881867144 ies.campo.san.alberto@edu.xunta.es

Unión Europea Fondo Social Europeo

Dpto de Xeografía e Historia, Ha DA ARTE 2° BACH

AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA

avance realizado pola arte romana con respecto a arquitectura grega. Como todas as obras romanas amoldase aos principios vitrubianos de venustas, firmitas e utilitas.

Materiais

  • Formigón e ladrillo
  • Granito exipcio nas columnas.
  • Mármore nos capiteis e bases. Pedra volcánica na cúpula.
  • Bronce nas tellas e portas.
  • Revestimentos de mármores e estucos.

EXTERIOR:

Pórtico

É un pórtico grandioso sobre un basamento de escalóns. Octástilo, con oito columnas de fuste liso, monolíticas (unha soa peza cada unha delas), con basas de mármore blanco e capiteis corintios. Nos laterais catro columnas (en total 16 columnas). As columnas xeran tres naves: a central, máis ancha, lévanos ás enormes portas que dan acceso á cella (cámara interior). As laterais rematan en hornacinas.

Na parte superior vemos o ARQUITRABE con tres bandas, un FRISO con inscrición en letras de bronce, o fronton e o tellado a duas augas.

Corpo intermedio

É un corpo de transición que conecta o pórtico (rectangular) coa cella (circular). Chamase propylon.

Cella (ou camara interior) e CÚPULA

O primeiro corpo aparece coma un cilindro, espido, sen ornamentación. Vense tres andares que teñen arcos de descarga de ladrillo, integrados no muro. Este corpo remata na cúpula, que no pasado estivo recuberta por tellas de bronce dourado.

A sustentación de esta cúpula é o que converte o edificio nunha obra mestra da enxeñería romana. Como se consegue soster esta enorme cúpula?

Mediante oito grandes piares e arcos de descarga que transmiten o peso da cúpula nun sistema perfecto.

  • Muros de seis metros de grosor na base, onde se asenta a cúpula. Materiais lixeiros, de tipo volcánico como a pedra pómez, a medida que acendemos para alixeirar o peso.
  • Adelgazando o grosor do muro a medida que ascendemos. (dende 6 m. ata chegar a 1,5 m., á altura do óculo). Perforando a cúpula no seu interior con casetóns.

eye Traffic | << 4

¿Non has encontrado lo que buscabas?

Explora otros temas en la Algor library o crea directamente tus materiales con la IA.